Recomendacións para o alumnado de 5º
RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO DE 5º
Estimadas familias:
Debido á situación extraordinaria na que estamos, queremos indicarvos unhas sinxelas pautas e recomendacións para o bo uso da tecnoloxía e a titorización e regulamento do traballo dos vosos fillos.
- Imos traballar empregando a plataforma Eva. Procuraremos manter o horario das materias de clase (por exemplo se o voso fillo ten o luns matemáticas e sociais serán sobre esas materias nas que deba traballar).
- As tarefas colgaranse en CLASSROOM (plataforma de GOOGLE que xa coñecedes) cada día e marcando ademais os tempos de execución e entrega.
- Solicitamos a vosa colaboración para supervisar as tarefas que entregan e se cumpren os tempos de execución, sobre todo para evitar o abuso no uso de Internet (non para corrixilas que o faremos as titoras, só asegurádevos que as fan).
- Só usaremos classroom, ningunha outra aplicación, nin videoconferencias grupais. Somentes os profesores empregaremos videotitoriais, se fose necesario, para dar explicacións teóricas aos nenos.