Skip to Content

Educación Infantil

Nacemento dos pitiños!

Ao longo do mes de maio, o alumnado de Educación Infantil puido gozar, en directo, do nacemento duns pitiños no colexio.

Tras 21 días de incubación, con moita ilusión e excitación atopámonos con que un ovo comezou a moverse como por encantamento.

Aos poucos, un pequeno pitiño foi abríndose paso a través do cascarón e, tras moito esforzo, o ovo acabou por eclosionar, dando saída ao pitiño que, pequeno, canso e mollado, durante un par de horas deleitáranos coa súa  piar desde o interior.

Os alumnos/as puideron ver, con tenrura e emoción, como os pitiños ían saíndo do seu cascarón e como, en tan só un par de días, ían crecendo e poñíanse moi bonitos.  

Continuamos agardando polos pitiños!

Nas aulas de educación infantil, seguimos traballando o ciclo da vida dun ovíparo de forma interdisciplinar.

Grazas á incubadora que temos instalada nas aulas de infantil, estamos aprendendo que o proceso de incubación dura 21 días.

Para iso, cada día da semana coloreamos un ovo, así como tamén levamos a conta atrás nun diagrama visual no que se detalla a través de debuxos o proceso embrionario dos pitiños.

Ademais, aproveitamos para traballar estes contidos en inglés, repasando os números, as cores e aprendendo novo léxico.

Seguimos agardando polo nacemento dos nosos pitiños, que con sorte, será na vindeira semana!

 

 

Aprendemos o ciclo da vida dun ovíparo en Educación Infantil

En educación infantil do CEIP A Castellana estivemos estudando de forma práctica o ciclo de vida dun ovíparo.

As mestras de Educación Infantil coa axuda da mestra de Inglés, estiveron a instalar unha incubadora para poder ver o proceso de nacemento dun pitiño.

A finalidade é que os alumnos coñezan o nacemento dun pitiño e os procesos polos que pasa ata chegar a rachar o cascarón.

Esta actividade facilita unha aprendizaxe significativa e fomenta unha experiencia de tratar cun ser vivo para adquirir habilidades e sensibilidade cara os animais e seres vivos.

Os alumnos e alumnas aprenderán nas vindeiras semanas, como nacen e se crían os pitiños. 

 

O Pingüino Filipino chega ata A Castellana

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil estiveron a traballar a importancia do coidado do medio ambiente coa inclusión dunha nova mascota: o pingüino Filipino. 

Desde fai un tempo, os alumnos e alumnas puideron apadriñar un pingüino real da Antártida, grazas a colaboración e á implicación de David e das mestras de Educación Infantil. 

 

 

Do mesmo xeito queremos agradecer enormemente a todas as familias por colaborar, elaborando un fermoso lugar en donde todos e todas nos acordamos do noso pingüino Filipino. 

 

 

Dende este proxecto, traballouse de forma transversal a educación en valores, as emocións e a importancia do coidado do medio ambiente. 

Compartimos con vos algunhas das imaxes do pingüino, que nos puido pasar David dende o Polo Sur.

 

Irémosvos informando das novas que acontenzan sobre o noso bo amigo Filipino.

 

 

Preparamos unhos gorriños moi bonitos para escorrer o frío!

Os alumnos/as de Educación Infantil, estiveron a preparar unhos fermosos gorros para dar a benvida a este inverno!

Compartimos con todos vos estes fermosos debuxos. Esperamos que vos gusten!

 

 

Os máis pequenos de Educación Infantil, prepararon un fermoso mural para dar a benvida ao Inverno. 

Nel podemos ver unhos bonecos de neve moi graciosos rodeados de copos de neve.

 

Fermosos árbores de Nadal!

A continuación compartimos con todos vos os fermosos árbores de Nadal que elaboraron os nenos e nenas do CEIP A Castellana nos seus fogares.

Unhas decoracións que sen dúbida denotan unha gran imaxinación.

Estamos moi contentos pola gran participación de todos e todas.

O CEIP A Castellana coa illa da Palma

Dende o CEIP A Castellana estivemos a facer debuxos para remitir aos nenos e nenas da illa da Palma polos feitos acontecidos co Volcán Cumbre Vieja.

Dende este centro enviamos todos os nosos ánimos e mellores desexos aos nenos e nenas da Palma. 

Esperamos que vos gusten estos fermosos debuxos que fixemos con tanto agarimo!

Os esquíos do Outono!

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil, fixeron este fermoso mural para dar a benvida ó Outono.

Aínda que mantemos un tempo case de verán, estas fermosos esquíos xa nos recordan que estamos no Outono. 

Enriba podedes ver unhas árbores moi ben decoradas polos nenos de 4º de Educación Infantil.

 

Esperamos que vos gusten!

 

 

 

     

   

Aprendemos as partes do corpo en Inglés

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil estiveron aprendendo distintas partes do corpo en Inglés. 

A continuación compartimos con todos vos, este fermoso vídeo, onde podemos ver o ben que se lles da o baile ao mesmo tempo que adquiren vocabulario en Inglés.

Esperamos que vos guste!

Celebramos o Día da Muller

Nos últimos anos intensificáronse os movementos sociais a favor da igualdade de xénero, tomando un rumbo imparable cara á consolidación dunha igualdade real.

Neste escenario, é primordial introducir cambios na educación dos nenos e nenas nas primeiras etapas educativas que conleven a unha interiorización desde a infancia de valores fundamentados na paridade.

Por este motivo, dende o CEIP A Castellana estivemos a fomentar o papel da Muller e a importancia das mesmas na sociedade.

Distribuir contido


by Dr. Radut