Skip to Content

Educación Infantil

Xogamos coa abella Bee Bot!

Neste segundo trimestre, en colaboración coa ANPA, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria recibiu unha nova compañeira na clase: A ABELLA BEE BOT!

 

 

Grazas a este robot estamos a traballar nas aulas aspectos tan importantes como a lateralidade, o razoamento lóxico, a orientación espacial e o traballo cooperativo, entre moitos outros.

Para conseguilo, creamos diferentes paneis adaptados aos diversos niveis e áreas de traballo, enfocándonos neste mes de marzo na lectoescritura en Infantil e nas matemáticas e na música en Primaria.

Esta nova ferramenta tecnolóxica conquistou ao alumnado, que pouco a pouco vai descubrindo o seu funcionamento, sumerxíndose de cheo no mundo das TIC

Invitámosvos a darlle ao play para comprobalo!

Recibimos de novo a visita de Anxo Moure!

No día de hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza de Anxo Moure. Anxo Moure Mosquera é un escritor, contacontos e ecopacifista galego. Moi coñecido polas súas actividades cómicas e educativas con nenos e nenas.

Puidemos gozar dunha xornada moi didáctica e divertida na compaña de Anxo, onde todos xuntos aprendemos sobre o coidado da natureza e o respecto ao medio ambiente.

Ademais puidemos dar unhas voltas na súa ciclobiblioteca.

NOTA: tedes máis imaxes do día de hoxe na galería de imaxes. Podedes acceder premendo aquí.

 

8 de marzo: Día Internacional da Muller

A Educación Infantil e Primaria é unha etapa clave na formación dos nenos e nenas, e é fundamental que se lles ensine desde temperá idade valores de igualdade de xénero.

Neste sentido, o Día Internacional da Muller é unha excelente oportunidade para resaltar a importancia do papel da muller na sociedade e promover a igualdade de xénero.

Hoxe estivemos a destacar o papel das mulleres que temos máis preto de nós, enfatizando en valores como o respecto, a tolerancia e a diversidade.

Cada día, debemos inculcar estes valores dende a infancia; isto é clave para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria no futuro.

 

PD: recordade que sempre podedes ver máis imaxes na galería. 

 

Brincamos con Paco Nogueiras

A música estimula a zona dereita do cerebro que está especializada en sentimentos e habilidades especiais visuais e sonoras, como a música ou a arte.

A música fai que a imaxinación do neno/a viaxe por diversidade de mundos diferentes, que viva experiencias e emocións que fan que enriqueza a súa mente.

Grazas á colaboración da ANPA e do Concello de Aranga, hoxe estivemos a gozar da música co Concerto de Paco Nogueiras, chamado "c@nto contigo".

CREAMOS NEVE ARTIFICIAL!

O mércores pola mañá ao chegar ao colexio, atopamos neve no noso patio!

Como non puidemos saír xogar con ela, decidimos crear neve artificial dentro das nosas aulas!

Coa recente incorporación do auxiliar de conversa Noah, aproveitamos desde a materia de lingua inglesa para desenvolver este experimento tan incrible.

Para iso precisamos só dous materiais: cueiros e auga.

Unha vez que conseguimos crear neve decidimos pintala con témperas de diferentes cores para ver cal podería ser o resultado. Ademais, os compañeiros de 3º e 4º anotaron no carderno os pasos a seguir para non esquecerse.

 

Foi unha experiencia novidosa para o alumnado que lles permitiu vivenciar o inverno desde dentro da propia aula, axudándose da observación e o traballo en equipo.

Ademais, con esta actividade continuamos avanzando no proceso de lectoescritura, indagando nas artes plásticas e desenvolvendo o razonamento lóxico-matemático.

Grazas pola participación na recollida de xoguetes

Estimadas familias:

Gustaríanos agradecervos a vosa inmensa colaboración na recollida de xoguetes que levamos a cabo no centro a pasada semana.

Grazas a vós, os recreos do alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria tornaron moi divertidos! Xuntamos as probas!

Recollida de xoguetes

Estimadas familias!

Informarmos de que imos levar a cabo, en colaboración coa ANPA, unha RECOLLIDA DE XOGUETES para que poidan ser empregados durante os recreos, polo alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria.

Así, de xeito totalmente VOLUNTARIO, aquelas familias que así o desexen, poderán deixar no centro PEQUENOS xoguetes usados, para darlles unha nova vida e poidan gozar deles outros nenos/as.

Esta recollida terá lugar o luns 12 de decembro en horario de 11:00 h a 13:00 h da mañá, no colexio.

As familias que queiran participar e non se poidan desprazar ata o centro en dito horario, poderán, o luns 12,  facer chegar as súas aportacións a través dos propios nenos/as, encargándonos os mestres/as da recollida dos mesmos.

Moitas grazas de antemán! 

Canto bailamos con Cé Orquestra Pantasma!

Hoxe veunos a visitar o vigués César da Cé Orquesta Pantasma, un músico autodidacta con moita paixón pola música.

Grazas a él puidemos bailar, saltar e cantar todos xuntos, nunha fermosa xornada.

Agradecer a colaboración da ANPA e o Concello. 

Compartimos con todos vos un pequeno fragmento da actuación. 

Comezamos co Samaín en Educación Infantil!

Hoxe comezamos a preparar o Samaín en Educación Infantil. Aprendemos a escribir palabras como: MEIGA, MONSTRO, MORCEGO ou MOMIA.

Ademáis vimos un video da canción "Chumbala Cachumbala". ENCANTANOS  E SABEMOLA ENTEIRIÑA. Para iso, empregamos a pizarra dixital co fin de fomentar as novas tecnoloxías nos máis pequenos. 

 

Corre corre, cabaciña!

O alumnado de Educación Infantil superou con moito éxito o primeiro mes de cole! Neste tempo coñeceron novos compañeiros/as, reencontráronse cos seus amigos/as e, sobre todo, xogaron, gozaron e axudáronse moito.

Froito desta colaboración e traballo en equipo, e co obxectivo de darlle a benvida ao outono e achegarse pouco a pouco ao Samaín, elaboraron o audioconto de "Corre corre, cabaciña"... ilustrado cos seus propios debuxos! Están feitos uns/unhas artistas!

Por aquí vos deixamos a proba! Agardamos que vos guste!

Distribuir contido


by Dr. Radut