conmemoracións

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA  DE  CASTRO

23  de  febreiro  de  1837 nacía en  Santiago

de  Compostela. O día de Rosalía convertiuse 

nos últimos anos  nunha  das  datas máis 

sinaladas do calendario  cultural galego. Unha 

data  que  ata  agora,  e  ante o  descoñecento 

do día exacto  do seu nacemeto, celebrábase o

24 de febreiro. 

Rosalía publicou a  primeira  grande  obra 

impresa  en  galego, "Cantares Gallegos" o  17 

de maio  de  1863.  Por  iso, o  Día das Letras

Galegas celébrase todos  os  anos  nesa  data.

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

Brais,de 6⁰A de Educación Infantil,e a súa nai

Ana comparten con nós este fermoso poema de

Rosalía de Castro. 

Premede aquí para poder escoitalos.

ENCANTOUNOS!!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS

POR COMPARTILO CON  NÓS!!

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

Hoxe, na voz de  Ángela, nai de Flavia de 4⁰B de

Educación Infantil, imos escoitar un fragmento

do artigo "Álbum del Miño" (Vigo,1858)

considerado como o primeiro manifesto

feminista publicado en Galicia e probablemente

en España.

Premede aquí para poder escoitala.

 

ENCANTOUNOS!!!

 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DíA

 Novo poema recitado por Erianeth de 5⁰C de

Primaria: "Cando a luniña aparece"

Premede aquí para poder escoitala.

 

MARABILLOSO!!!!

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DíA

 Sofía, alumna de 6⁰C, e a mestra Lorraine

alégrannos a tarde recitando o poema "No

ceo, azul crarísimo" pertencente a obra de

Follas Novas.

Premede aquí para escoitalas.

           

            MOITÍSIMAS GRAZAS!!! 

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

ROSALÍA UN POEMA CADA DÍA

 Comezan a chegar os primeiros poemas. 

Ángela, de 4⁰C, e a súa nai Mónica comparten 

con todos nós " Adiós ríos, Adiós fontes"

Para poder escoitalas premede AQUÍ

 

ENCANTOUNOS!!!!

 

Moitísimas  gracias  pola vosa implicación.

ROSALÍA DE CASTRO - 23 DE FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

 

    Estimadas Familias!!

Dende o equipo de Biblioteca animámosvos a

participar na actividade "Rosalía un poema cada

día" para celebrar o día de Rosalía de Castro.

 

Para isto, pedímosvos que, ao longo do mes de

febreiro, escollades un poema de Rosalía de

Castro para recitar co/a voso/a fillo/a, vos

sós, o voso  fillo só...

Cando o teñades preparado para recitar

buscades unha paisaxe, un obxecto que  garde

relación co poema ou  a  mesma  imaxe  da

poesía  e  grabades  o  audio coa imaxe de

fondo, de menos dun  minuto. Estas

colaboracións imos poñelas no  blog da

bilioteca.

As grabacións podedes envialas ao  correo:

biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Moitísimas  grazas  de  antemán  pola  vosa

colaboración.

Un  saúdo

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL


TODOS  DIFERENTES, TODOS IMPORTANTES

Na maleta viaxeira, que temos emprestada pola

Asesoría de Bibliotecas, descubrimos o

conto "Todos menos uno"

Con este conto queremos recordar que o

3 de decembro  é  o Día da Diversidade

Funcional. Un día para lembrar a

igualdade real, sea cal sexa  a  nosa

 condición persoal, porque todos e  todas somos

 diferentes pero todos temos moito que

 ensinarlles aos demais.

Cada pluma pintada  polo noso alumnado

 responde  ao gusto e a destreza de  cada un/

unha  deles/delas.Todas válidas  e  feitas  con 

moito  esforzo  e  mimo.

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

 

Se ensínamos  aos nenos /as a  aceptar  a 

diversidade  como  algo normal, non será preciso

 falar  de inclusión, senón de convivencia.

 

 

 

 

 

 

LECTURAS POLA PAZ

 

LECTURAS  POLA  PAZ

 

Como  cada 30  de  xaneiro, celebramos  o

Día  Escolar  da  Non  Violencia Paz.

Tedes dispoñible na biblioteca numerosos 

exemplares  relacionados  co Día  da  Paz.

 

ANIMÁDEVOS  A  BOTARLLE  UNHA  OLLADA!!!!

 

 

 

DIA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

                   

DÍA   INTERNACIONAL  DA   DISCAPACIDADE

 

Lembrades que celebramos  hoxe 3 de decembro?

Pois sí... O  DÍA  INTERNACIONAL  da 

 DISCAPACIDADE aínda  que  nos  gusta  máis 

chamalo  DÍA  da  DIVERSIDADE  FUNCIONAL.

 

Como sabedes, propúxenvos un reto. Fixestédelo moi ben. Queredes ver como quedou? Se premedes  na   imaxe podédelo comprobar.