3º de Educación Primaria

O PROXECTO SOBRE A LITERATURA ORAL. 3º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Os alumnos e as alumnas de 3º B de Educación Primaria realizaron un proxecto sobre a literatura oral. Este forma parte das prácticas de Jéssica, unha alumna do 4º curso do Grao de Educación Primaria que estivo facendo as prácticas no noso cole.

A literatura oral forma parte da nosa cultura e das nosas vidas, por iso é tan importante acercar aos/ás estudantes a ela. Ademais, ao integrar ás familias neste proxecto, o alumnado comprende todo o coñecemento que posúen elas acerca deste tema.

Premede AQUÍ para visitar o blog no que a mestra Jéssica foi subindo todo o que se fixo.

ANIMÁDEVOS A VISITALO!!!