XORNADAS PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

No CEIP ADR Castelao estamos sensibilizados coa problemática do acoso escolar e ciberacoso. Por iso, neste trimestre estamos levando a cabo unha serie de actividades para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria en relación a este tema, a través do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos, para o curso 23/24.