Dende o Departamento de Deportes do Concello de Carnota informamos das actividades deportivas que ofertamos para o curso escolar 2020/2021, para as que é preciso realizar unha inscrición previa no teléfono 647459445, en deportes@carnota.gal ou no Departamento de Deportes do Concello.
Debido a situación actual, o aforo é limitado con os grupos reducidos, polo que as inscricións irán por orden de presentación de solicitudes.
As actividades comezarán o 1 de decembro.
Bule a inscribirte!!!!
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA NENOS E NENAS
- Baile activo (aeróbic para nenos/as):
-
- Para a rapazada de 4 a 10 anos: os venres de 17:45 a 18:30
- Para a rapazada de 11 a 14 anos: os venres de 19:00 a 19:45
No Pavillón de Carnota. 10 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.
Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.
· Dance Sport (TikTok, técnica de baile): para a rapazada de 5 a 12 anos. Os mércores de 18:00 a 19:00 no Pavillón de Carnota. 20 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.
Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente ao monitor.
· Fútbol:
o Biberóns: para a rapazada nacida no 2015, 2016 e 2017. Os xoves de 16:30 a 17:30 no Pavillón de Lamas de Castelo. 5 €/mes. Sen contacto.
o Prebenxamíns: para a rapazada nacida no 2013 e 2014. Os martes e venres de 16:30 a 17:30 no Campo de Fútbol de Lombáns. 10 €/mes. Sen contacto.
o Benxamíns: para a rapazada nacida no 2011 e 2012. Os mércores de 16:30 a 17:30 e os sábados de 11:00 a 12:00 no Campo de fútbol de Lombáns. 10 €/mes. Sen contacto.
o Alevíns: para a rapazada nacida no 2009 e 2010. Os martes e venres de 18:00 a 19:00 no Campo de Fútbol de Lombáns. 10 €/mes. Sen contacto.
o Infantil: para a rapazada nacida no 2007 e 2008. Os mércores de 18:00 a 19:00 e sábados de 12:30 a 13:30 no Campo de fútbol de Lombáns. 10 €/mes. Sen contacto.
- Single (coreografía de baile individual, técnica de baile, estilo, sen parar e facendo moito exercicio): para a rapazada de 12 a 16 anos: os mércores de 19:15 a 20:00 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.
Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.
· Taekwondo (técnica, motricidade e acrobacias): para a rapazada a partir de 3 anos. Os mércores de 16:30 a 17:30 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.
Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente ao monitor.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADOLESCENTES E PERSOAS ADULTAS
- Baile activo (ponte en forma bailando): a partir de 15 anos. Os martes e venres de 20:15 a 21:00 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes.
Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.
- Dance Sport (tik tok, técnica de baile, estilo, sen parar e facendo moito exercicio): para a rapazada entre 5 e 12 anos. Os mércores de 18:00 a 19:00 no Pavillón de Carnota. 20 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.
Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente ao monitor.
- Estiramentos: a partir de 16 anos. Os martes de 19:15 a 20:00 ou de 21:30 a 22:15 no Pavillón de Carnota. 10 €/mes.
Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.
- GAP (glúteos, abdominais e pernas): a partir de 16 anos. Os luns e xoves de 19:00 a 19:45 ou de 21:30 a 22:15 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes.
Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.
- Queimagraxas: a partir de 16 anos. Os luns e xoves de 20:15 a 21:00 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes.
Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.
- Single (coreografía de baile individual, técnica de baile, estilo, sen parar e facendo moito exercicio): para a rapazada a partires de 16 anos: os mércores de 20:15 a 21:00 no Pavillón de Carnota. 15 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.
Esta actividade será impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.
- Ximnasia en Lariño (grupo suave): para persoas adultas. Os luns e xoves de 17:00 a 17:45 no Centro Social Xosé de Torea. 15 €/mes para os socios da asociación de veciños e 18 €/mes para as que non o son. 10 persoas/grupo. Sen contacto.
Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.
- Ximnasia de mantemento sénior (> 65 anos): a partir dos 65 anos. Os martes e venres de 16:30 a 17:30, ou de 18:00 a 19:00 no Pavillón de Lamas de Castelo. 15 €/mes. 12 persoas/grupo. Sen contacto.
Esta actividade será impartida polo Club Sofán Fitness, polo que a cota de inscrición aboarase directamente á monitora.