Skip to Content

Campamentos de verán - Xunta de Galicia

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA

 

No DOGA do Mércores 26 de marzo de 2014, sae publicada a Orde onde se regulan a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2014.

 

Trátase de diferentes campamentos xuvenís para mozos e mozas galegos de entre 9 e 18 anos; ofertando varias quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

 

As persoas interesadas en presentar solicitude deben facelo na Xunta de Galicia (vía electrónica ou ben por correo postal ou por Portelo Único) antes do 10 de abril.

 

As bases, as quendas, os albergues e toda a información podédela atopar na web de Xuventude da Xunta de Galicia (www.xuventude.net) ou no enlace da súa publicación no DOGA http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.html.

 

 

 



page | by Dr. Radut