Skip to Content

Informacións

Novas e outras informacións reservadas a pais e nais do alumnado do noso centro

Solicitude de uso extraordinario de transporte escolar 2024-25

Coa fin de tramitar os usuarios de transporte para o curso vindeiro, é imprescindible tramitar as solicitudes de uso excepcional do Servizo de Transporte Escolar para todos os usuarios que, ou teñen o domicilio a menos de 2 km, ou viven fora da zona de influencia do centro.

En caso de ser o caso, poden descargar o formulario aquí e presentalo no centro (tamén poden escanealo e envialo a ceip.carnota@edu.xunta.gal), sen esquecer por o nome da parada solicitada e asinar a solicitude. Tamén poden solicitar o formulario no centro de 10 a 14 horas.

A data límite é o 10 de xullo de 2024

Plan de Comunicación do CEIP Plurilingüe de Carnota

Tras varios cursos intentando darlle forma ao Plan de Comunicación do noso centro, e tras ir pouco a pouco actualizando o xeito de comunicarnos, sacamos no presente curso o documento "Plan de Comunicación" que define os distintos medios para a comunicación do centro, establecendo canles e ferramentas definidas e coa pretensión de garantir a confidencialidade e a protección de datos.

PLAN DE COMUNICACIÓN DO CEIP PLURLINGÜE DE CARNOTA

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material

Desde hoxe 21 de maio de 2021 e ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusive, se poderá presentar a solicitude de axuda para material e libros (1º e 2º de Educación Primaria), Fondo solidario de libros e material (3º e 4º de E. Primaria) e material (5º e 6º de E. Primaria) correspondentes ao curso académico 2024/25.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática (clique aquí para máis información e acceso), ou presentando cumprimentado o Anexo 1 do procedemento ED330B (clique aquí para acceder ao formulario cumprimentable e imprima para asinar)

Tamén terán á súa disposición na conserxería do centro impresos ED330B

De presentarse físicamente deberán facelo na secretaría do centro no que estean admitidos para o curso vindeiro.

En caso de non estaren aínda admitidos no novo centro, deberán presentala no centro onde curse actualmente estudos.

Pregamos que se fixen ben en cumprimentar tódolos apartados e asinar os recadros correspondentes antes de entregala.

Da aula de informática 1.0 á aula multidisciplinar 2.0

O noso centro conta cunha aula de informática dende pouco despois do ano 2000, daquela, con equipos doados por entidades e postos en funcionamento por profesorado do centro, que se encargou tamén de crear unha rede propia.

A medida que foi posible se foi dotando de equipamento, con ordenadores, mesas, dotación de tomas de corrente, cableado de acceso á rede ata chegar a contar con 22 postos para o alumnado, ordenador para o profesor e proxector e pantalla.

Co paso dos anos os equipos foron quedando obsoletos, sendo preciso conseguir doazóns, mercar algúns e reparar moitos, pero a realidade é que poucas veces se empregaba xa que os equipos eran distintos, os sistemas operativos coincidían uns con Linux e outros con Windows e a posta en marcha de moitos equipos colapasaba a rede informática e mesmo sobrecargaba a liña de corrente, cando non fallaban varios equipos á vez.

Ao non poder contar con profesorado con formación e sobre todo con disponibilidade horaria para o mantemento, derivou en que nos últimos cursos case non se empregase.

Por outro lado, ao converternos en centro EDIXGAL, boa parte do alumnado xa dispuxo de ordenadores portátiles, conectados a través da rede abalar, menos colapsada, e foron quedando dispoñibles algúns portátiles que se puxeron a disposición das aulas non EDIXGAL, como recurso en aula.

Era o momento de actualizar esa aula e sacarlle proveito para todos e todas. Mantendo a posibilidade de contar algúns equipos fixos, a posibilidade de conectar equipos abalar portátiles, dispor de monitor interactivo, proxector, e sobre todo mesas e espazo para crear espazos de traballo multidisciplinar nos animou a reconverter este espazo no que demos en chamar Aula Multidisciplinar 2.0

Becas Eurolingua

CONVOCATORIA DE BOLSAS EUROLINGUA

Infórmase da apertura da 11ª Convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade.

Poden consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas Eurolingua

  • O programa está becado ao 100% e inclúe:
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento  do curso expedido polo colegio.
  • Teléfono de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.


Os requisitos para solicitar a bolsa son:

  • Idade mínima 14 anos.
  • Media académica de polo menos 6 puntos.
  • Estar matriculado neste curso nalgún destes estudos: ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou Universidade (masters e doctorados incluídos).
  • Ter nacionalidade de calquera país da UE.


O prazo de solicitude para esta bolsa finaliza o 21 de abril. Se teñen calquera dúbida  pódena consultar no noso apartado de preguntas frecuentes, respondendo a este e-mail ou no noso chat en liña. 

Tamén poden consultar as opinións dos estudiantes bolseiros nas anteriores convocatorias picando aquí: Opiniones Becas Eurolingua.
 

Proceso de admisión e matrícula para o curso 2024-2025

Informamos que, para o novo alumnado (o alumnado que xa está no centro non ten que realizar ningún trámite), en marzo comeza o prazo para a solicitude de admisión:

 

 

PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO:

  

Do 1 ao 20 de marzo

 

Listado provisional: 25 de abril. Reclamación: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación

 

Listaxe definitiva: 15 de maio

 

Tedes toda a información no documento explicativo que se pode descargar clicando aquí

 

Os formularios serán os normalizados, que se poderán cumprimentar por sede electrónica ou descargar e cumprimentar e entregar no centro

 

Acceso a Admisión Alumnado (Xunta de Galicia)

Pode cumprimentarse e imprimir o formulario de admisión, descargar e cumprimentar a man, desde o momento que abra o prazo (1 de marzo). Tamén presentar telemáticamente con certificado dixital ou Chave 365.

Para descargar o anexo II de admisión (galego) clicar aquí

 

VACANTES

 

Curso Vacantes para o curso 2024-2025
4º EI 20
5º EI 12
6º EI 5
1º EP 6
2º EP 0
3º EP 0
4º EP 7
5º EP 9
6º EP 8

 

 Normativa de aplicación (clicar para acceder á normativa e ao manual para as familias)

 

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

MANUAL PARA AS FAMILIAS

 

Formación para todos: as novas tecnoloxías

O IES Plurilingüe Aquis Celenis fixo un traballo de traducion ao galego dunhas guías moi interesantes sobre o emprego das novas tecnoloxías para nenas e nenos dentro do seo da familia realizacos polo INCIBE que consideramos de interese. Tamén o fixo cuns modelos de compromiso que poden ser de interese. Deixamos os enlaces aos documentos, recoñecendo a autoría do IES Plurilingüe Aquis Celenis.

 Ademáis do enlace seguinte, tedes como anexos os modelos de compromiso para uso de aparellos tecnolóxicos na casa (obra tamén do IES Plurilingüe Aquis Celenis)

GUÍA DE MEDIACIÓN PARENTAL

Configurar ABALARMÓBIL

Moitas veces, a pesar de ter instalado a APP de ABALAR MÓBIL non recibimos mensaxes. 

 

Imos intentar dar algunhas suxerencias de posibles erros que poden deberse a os datos que ten o centro, a como temos configurado o teléfono ou aínda así non sabemos como seguir.

 

Recomendamos comunicar ao centro que temos un problema, para que se comprobe que os datos do teléfono están correctamente no XADE, que é a aplicación onde Abalar asocia o teléfono a cada proxenitor.

 

O primeiro que debemos intentar é ir a web de espazo abalar: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/es

Nesta páxina podemos atopar información de utilidade, concretamente, na sección espacios, clicando en máis espacios

Agora escollemos abalarmóbil

Na nova ventana temos á esquerda. Neste menú temos respostas a preguntas sobre problemas habituais e sobre todo o enlace ao formulario onde o servicio técnico da Consellería nos intentará axudar a solucionar o problema

 

Esperamos que sexa de axuda, pero en todo caso, comunicade ao profesorado titor cando teñades problemas.

Revista Escolar As Liñeiras 2022-23

Xa temos a revista deste curso en formato PDF. Pola lei de protección de datos, e atendendo aos permisos dados desde as familias, tentamos protexer a imaxe do alumnado que non conta coa autorización de uso da imaxe para a web e/ou a revista, e esperamos que non se nos colase ningúnha imaxe sen aplicar un filtro para evitar o seu recoñecemento. Pregamos que se nos notifiquen os posibles erros coa fin de corrixilos o antes posible.

Podedes acceder no enlace.

 

REVISTA ESCOLAR "AS LIÑEIRAS" 2022-23

Axudas alumnado NEAE do MEC para o curso 2023-24

Está aberto o prazo parra solicitar axudas NEAE para o vindeiro curso 2023-24 (remata o 20 de setembro de 2023)

 

Estas axudas están destinadas a subvencionar gastos orixinados por atención do alumnado con necesidades en organismos privados así como, de ser o caso, gastos de transporte.

Información sobre as axudas: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Pasos:

As solicitudes cubriranse a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación.: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Unha vez cuberta pola familia, deberán imprimir, asinar a solicitude e presentala no centro educativo xunto ca seguinte documentación:

• Todos os membros da familia maiores de idade deben asinar a solicitude.

• Fotocopia dos DNI ou NIE.

• Certificación bancario do número de conta na que obrigatoriamente debe figurar o alumno.

• Fotocopia do documento que acredite ser familia numerosa (de ser o caso)

• Certificado de discapacidade igual ou superior ó 33% (de ser o caso)

En caso de dúbida, consultar ao DO do centro. Poden envíar un correo electrónico que será reenviado á Orientadora que lle resolverá as dúbidas.

 

Libros de texto curso 2023/24

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO 2023/24

Revisión xuño 2023

IMPORTANTE: Ler atentamente as notas ao final da listaxe de cada curso, xa que algúns non é necesario mercalos.

Clicar aquí para descargar o documento en pdf.

 

LISTADO DE LIBROS – CURSO 2022/23 CEIP DE CARNOTA

 

(Revisado e aprobado en Consello Escolar do 29 de maio de 2023)

 

 

 

No 2º ciclo de E.Infantil, non se empregará libro.

 

 

 

1º Curso

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

Lingua galega

Lingua 1 Comunidade Zoom

Varios

Vicens Vives

9788468283180

2022

Lengua castellana

 

Lengua 1 Comunidad Zoom

Varios

Vicens Vives

9788468283913

2022

Inglés

All About Us Now 1 Class Book with Digital Book

 

Oxford

9780194074223

2022

All About Us Now 1 Activity Book with Digital Book Essential

 

Oxford

9780194079686

2022

Ciencias Naturais

Ciencias da Natureza 1 Comunidade Zoom

 

 

Vicens Vives

9788468264349

2022

Ciencias Sociais

Ciencias Sociais 1  Comunidade Zoom

 

Vicens Vives

9788468285429

2022

Matemáticas

Matemáticas 1  Comunidad Zoom

 

Vicens Vives

9788468280998

2022

Música e Danza

Melodía 1

 

GALINOVA

978-84-9737-222-0

 

Relixión

Relixión  CATÓLICA 1 COMUNIDAD LANIKAI

 

Vicens Vives

9788468256887

2022

Educación Plástica e Visual

ARTS & CRAFTS 1, caderno

 

ANAYA

978-84-143-1315-2

 

 

 

 

Libro Relixión Católica: non se vai empregar, non mercar.

 

Os libros e cadernos de música e danza e Ed. plástica e visual, non mercar ata a incorporación da persoa especialista

 

 

 

2º Curso

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

Lingua galega

Lingua 2 Comunidade Zoom

Varios

Vicens Vives

9788468292878

 

Lengua castellana

 

Lengua 2 Comunidad Zoom

Varios

Vicens Vives

9788468291932

 

Inglés

Big Surprise 2CB+MROM

ALL ABOUT US 2 CB PK

 

All About Us Now 2 Class Book with Digital Book

 

 

Oxford

 

9780194074438

 

All About Us Now 2 Activity Book with Digital Book Essential

 

Oxford

9780194079730

 

Ciencias Naturais

Ciencias da Natureza 2 Comunidade Zoom

C. Flo Esteve

Vicens Vives

9788468292496

 

Ciencias Sociais

Ciencias Sociais 2 Comunidade Zoom

C. Flo Esteve

Vicens Vives

9788468292526

 

Matemáticas

Matemáticas 2 Comunidad Zoom

J. Fraile Matín

Vicens Vives

9788468291840

 

Música e Danza

Melodía 2

 

GALINOVA

 

978-84-9737-238-1

 

Relixión

Relixión  CATÓLICA 2 COMUNIDAD LANIKAI

 

Vicens Vives

9788468292090

 

Educación Plástica e Visual

ARTS & CRAFTS 2, caderno

 

ANAYA

9788414313190

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Libro Relixión Católica: non se vai empregar, non mercar.

 

Os libros e cadernos de música e danza e Ed. plástica e visual, non mercar ata a incorporación da persoa especialista

 

 

 

 

 

3º Curso

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano

Lingua galega

Operación Mundo

 

Anaya

978 84 698 9948-9

 

Lengua castellana

Operación Mundo

 

Anaya

978 84 698 9915-1

 

Inglés

All About Us Now 3 Class Book with Digital Book

VV.AA

Oxford

9780194074650

 

All About Us Now 3 Activity Book+ ALK with Digital Book Essential

VV.AA

Oxford

9780194079792

 

Ciencias da Natureza

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

978-84-9185-410-4

 

Ciencias Sociais

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

978-84-9185-416-6

 

Matemáticas

Matemáticas 3  Comunidad Zoom

 

Vicens vives

9788468282831

 

Música e Danza

Melodía 3

 

GALINOVA

978-84-9737-223-7

 

Música Caderno

Caderno Música 3

 

Galinova

978-84-9737-225-1

 

Plástica e Visual

ARTS&CRAFTS PRIMARY 3, caderno

 

ANAYA

978-84-143-1323-7

 

Relixión

Relixión  CATÓLICA 3 COMUNIDAD LANIKAI

 

Vicens Vives

9788468283166

 

 

Libro Relixión Católica: non se vai empregar, non mercar.

 

Os libros e cadernos de música e danza e Ed. plástica e visual, non mercar ata a incorporación da persoa especialista

 

 

 

 

 

4º Curso

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano

Lingua galega

Operación Mundo

 

Anaya

9788414319635

 

Lengua castellana

Operación Mundo

 

Anaya

9788414319291

 

Inglés

All About Us Now 4 Class Book with Digital Book

 

Oxford

 

 

All About Us Now 4 Activity Book+ ALK with Digital Book Essential

 

Oxford

9780194079792

 

Ciencias da Natureza

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

978-84-9185-692-4

 

Ciencias Sociais

Construíndo mundos

Obradoiro

Santillana

978-84-9185-698-6

 

Matemáticas

Matemáticas 4 Comunidad Zoom

 

Vicens vives

9788468291857

 

Música e Danza

Melodía 4

 

GALINOVA

 

978-84-9737-239-8

 

Música Caderno

Caderno Música 4

 

Galinova

 

978-84-9737-241-1

 

Relixión

Relixión  CATÓLICA 4 COMUNIDAD LANIKAI

 

Vicens Vives

9788468292106

 

Educación Plástica e Visual

ARTS & CRAFTS 4,

caderno

 

ANAYA

9788414330821

 

 

 

 

Libro Relixión Católica: non se vai empregar, non mercar.

 

Os libros e cadernos de música e danza e Ed. plástica e visual, non mercar ata a incorporación da persoa especialista

 

 

 

 

5º Curso

 

Implantación EDIXGAL. Non hai que mercar libros.

 

Material: Sinalamos o Activity Book de Inglés, que ten a consideración de material.

 

 

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

Activity (material)

All About Us Now 5 Activity Book+ ALK with Digital Book Essential

VV.AA

Oxford

9780194079822

 

 

 

 

 

 

 

 

6º Curso

 

Implantación EDIXGAL. Non hai que mercar libros.

 

Material do alumnado

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

Inglés material

All About Us Now 6 Activity Book+ ALK with Digital Book Essential

Sue Mohamed

Oxford

9780194079853

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Matrícula 2023-24

O prazo de matrícula ordinaria do alumnado con reserva ou que solicitou admisión no mes de marzo comeza o 20 de xuño e remata o 30 de xuño.

Deberán presentar o ANEXO III (clicar para acceder) debidamente cumprimentado, xunto coa documentación que se relaciona (agás que xa fixesen entrega dela no momento da solicitude de admisión ou reserva):

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • Certificado médico (pediatria para escolarización)
  • 2 fotos tipo carné (non serán necesarias si se vai autorizar o uso da imaxe)

Informamos que a solicitude de admisión presentada fora de praza, obtivo praza no procedemento de adxudicación subsidiaria. Deberá formalizar a matrícula no prazo sinalado.

 

No caso de alumnado que non realizara solicitude de admisión ou de reserva no prazo indicado, o procedemento é o de matrícula extraordinaria, e debe ser xustificada (cambio de domicilio, violencia de xénero ou acoso escolar) co modelo de solicitude extraordinaria.

Transporte escolar ordinario e Transporte excepcional 2023-24 (Pedrafigueira-Vilar de Carnota)

Coa fin de axustarse aos prazos para a xestión do transporte escolar para o curso 2023-24, abrimos o prazo para solicitar o uso do transporte para o alumnado de paradas a menos de 2 km do centro, Pedrafigueira e Vilar de Carnota, que teñen a consideración de paradas de uso extraordinario e polo tanto necesitan ser solicitadas tódolos anos, dado que se conceden por curso académico.

Poden descargar o formulario ou solicitalo ao centro, e deberán entregalo antes do 20 de xuño, coa finalidade de poder ter resolto a comezos de xullo a asignación de ditas paradas de uso extraordinario.

Clicar para descargar o formulario SOLICITUDE DE USO EXTRAORDINARIO

Deberán presentar as solicitudes, para o alumnado usuario das paradas de Pedrafigueira ou de Vilar de Carnota.

No caso do alumnado de uso lexítimo (parada a máis de 2 km con domicilio dentro da área de influencia do centro) que por motivos de cambio de domicilio ou necesidades de conciliación, e só si necesitaran modificar a parada que empregan no presente curso para o curso vindeiro, pregamos que realicen a solicitude, de ser posible, no mesmo prazo, coa fin de realizar o trámite no prazo que o Servizo de Transporte ten aberta a aplicación transporteescolar para realizar as modificacións.

Clicar para descargar o formulario: CAMBIO DE PARADA

Fondo solidario libros de texto e axudas para material.

Informamos da apertura do prazo para presentar as solicitudes de axudas para libros e material para  curso 2023/24, tendo a información no enlace seguinte: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Poderase tramitar online ou achegando os anexos I e II á secretaía do centro dentro do prazo,  do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 ambos incluídos. ACCESO AOS ANEXOS

Na conserxería terase tamén o modelo impreso para cumprimentar. O alumnado de 5º e 6º pode solicitar si estima que reune os requisitos económicos xa que podería ter a axuda para material. So se presentará unha solicitude no caso de varios irmáns.

 

 

 

Publicación resolución de admisión no CEIP Plurilingüe de Carnota para o curso 2023/24

Publicadas a listaxe de admitidos e admitidas para o curso 2023/24 no noso centro.

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión en prazo foi admitido, obtendo praza no noso centro para o curso sinalado.

Lembramos que deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

 

A listaxe está dispoñible no taboleiro do corredor do centro para información das familias interesadas ou a través do aplicativo admisionalumnado.

A direción

Distribuir contido


by Dr. Radut