Skip to Content

Informacións

Novas e outras informacións reservadas a pais e nais do alumnado do noso centro

Modificacións criterios de Promoción en Educación Primaria-Novidade 2022

Atendendo á Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, foi modificado o Proxecto Educativo do Centro, nos aspectos regulados en dita orde.

Deste xeito, somentes se contempla a non promoción ao remate dun dos tres ciclos de Educación Primaria establecidos na LOMLOE. Dada a súa entrada en vigor xa no presente curso, a decisión de non promoción (repetición de curso) somentes se tomará unha vez en toda a Primaria, e esta decisión tomarase ao remate do 1º, 2º ou 3º ciclo, atendendo aos criterios fixados no PEC e a valoración do equipo de avaliación, atendendo sempre a tomar dita medida no momento no que sexa máis idóneo para o/a alumno/a en cuestión.

Pódese acceder ao PEC completo clicando aquí. Os puntos relevantes (apartado 5) están resaltados para a súa mellor localización.

 

Campañas de Solidaridade

Ante a situación do conflito en Ucrania, e sendo conscientes de que todos temos interese en axudar, achegamos un comunicado que puxo  a disposición a Consellería sobre como poder axudar.

Prema para abrír o comunicado

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

Unha vez máis se publican modificacións na actuación ante a COVID.

Establécese a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral. Considéranse ámbitos vulnerables a efectos deste documento: centros sanitarios asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios).

Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral serán opropios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

A definición de contacto estreito e o prazo para identificar contactos estreitos mantense, polo que comeza 2 días antes da data de inicio de síntomas (ou da toma de mostra nos casos asintomáticos) e remata no momento que comeza o illamento do caso positivo.

En relación ao uso da plataforma EduCovid:

  • Os casos confirmados seguirán rexistrándose en EduCovid
  • Os contactos estreitos do ámbito educativo NON se identificarán, polo que non se rexistrarán no EduCovid

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022. 

No caso de darse un caso de contacto estreito, dado que non se identificaran, deberán seguirse as indicacións de Sanidade para esta situación que tedes no enlace seguinte.

 

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19

Admisión 2022-2023

PROCESO DE ADMISIÓN 2022-2023

O prazo de solicitude de admisión para novo alumnado (4º de EI, alumnado procedente doutros centros para o curso 2022-2023) comeza o vindeiro 1 de marzo e estará aberto ata o 21 de marzo incluído.

Deberá presentarse no centro solicitado como primeira opción o impreso ED550B debidamente cumprimentado e asinado, preferentemente polos dous proxenitores, xunto con copia do libro de familia, DNI do/a alumno/a de telo. O resto da documentación solicitarase en xuño no momento da matrícula.

Poderase cumprimentar o impreso no enderezo https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e descargalo para asinar e entregar ou identificarse e presentalo telemáticamente, entregando copia e documentación no centro.

Pode descargarse o impreso clicando aquí

Comandas LEOCADIA

Comandas LEOCADIA:

Como ven sendo habitual nestes anos, a nosa mascota da biblioteca, LEOCADIA, envía os "mandados":

Luns 21: guantes

Martes 22: algo na cabeza

Mércores 23: colgante

Xoves 24: zapatillas de casa

 

(CADA ELEMENTO SERÁ SUMATIVO, O ÚLTIMO DÍA HAI QUE TRAER TODOS)

 

 

Comandas LEOCADIA

Comandas LEOCADIA:

Como ven sendo habitual nestes anos, a nosa mascota da biblioteca, LEOCADIA, envía os "mandados":

Luns 21: guantes

Martes 22: algo na cabeza

Mércores 23: colgante

Xoves 24: zapatillas de casa

 

(CADA ELEMENTO SERÁ SUMATIVO, O ÚLTIMO DÍA HAI QUE TRAER TODOS)

Emprego da máscara

 

 

Consideración previa: os centros educativos, no totalidade das súas instalacións se consideran espazo único, no sentido de que as normas que rixen son as propias do centro, polo que o que se determina no Protocolo COVID do centro, entendendo axustado a lei, debe ser de cumprimento por toda persoa que acceda a ditas instalacións.

O luns 21 de marzo entra en vigor a "Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022" O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. (Clicar para acceder ao documento)

Organizativamente, o centro seguirá co criterio de que o alumnado deberá ter onde gardar debidamente a máscara para poder quitala no exterior. Estes acordos non están a abordar outros aspectos recollidos nos protocolos, o que xeran confusión, polo que nas agrupacións de alumnado de distintos grupos o centro recomenda o emprego da máscara.

En resumo, o alumnado non estará obrigado ao emprego da máscara en espazos abertos cando estea co seu grupo, situación que se dá nos seguintes casos:

- Recreo (unha vez está o grupo na zona asignada)

- Clases no exterior (clases que se programan e realizan no exterior do edificio, unha vez está o grupo na zona onde se vai impartir)

Nas seguintes situacións como son traslados dunhas dependencias a outras, entradas e saídas ao centro do alumnado transportado ou non transportado, o emprego da máscara segue a ser obrigatorio dada a coincidencia neses espazos de alumnado doutros grupos e persoas alleas.

O alumnado deberá traer un estoxo portamáscaras ou bolsa para  gardala co seu nome, ou en todo caso un sistema que permita ter colgada a máscara do pescozo.

De seguido, reproducimos o texto que fai referencia a nivel xeral do emprego da máscara no protocolo.

 

Apartado 17 do protocolo COVID: Emprego da máscara en espazos abertos:

Adaptación ao RD 115/2022, de 8 de febreiro

 

O profesorado e persoal non docente empregará máscara mentres permaneza no centro, en espazos cerrados e o seu emprego é recomendado nos espazos exteriores.

 

O alumnado e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos pechados do centro educativo, aínda que se cumpra coa distancia de seguridade. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario. O alumnado de menos de 6 anos poderá non empregala na aula sempre que so estea o alumnado dese grupo.

 

Nos espazos exteriores o emprego da máscara é recomendado cando o alumnado permaneza co seu grupo-clase pero non obrigatorio. Levarán un estoxo ou sistema (colgante, bolsa,...) para gardala. A manipulación farase polas gomas evitando tocar o resto coas mans. Facilitarase a desinfección das mans antes e despois da manipulación da máscara.

 

Nos espazos de tránsito dentro do centro, e onde se poida coincidir con outros grupos, o alumnado e persoal do centro deberá levar posta a máscara (poderá sacarse a máscara nos espazos exteriores onde se vai traballar ou desfrutar do recreo pero non nos desprazamentos ata a zona).

 

Nos accesos ao centro, o alumnado transportado irá dende o bus ao centro e do centro ao bus coa máscara posta para evitar manipulala neste percorrido tan curto. O alumnado non transportado deberá entrar no recinto coa máscara posta dado que coincidirán con alumnado doutros grupos-clase e con persoal alleo ao centro. Os adultos acompañantes deberán tamén empregar a máscara neste espazo. Esta norma aplicarase tanto na entrada como na saída.

 

A obrigación contida no apartado anterior non será esixible para as persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización. A imposibilidade do uso da máscara deberá ser acreditada polo pediatra ou facultativo do alumno/a ou da persoa obrigada

 

 

 

 

Aclaración contactos estreitos - esporádicos

A situación dos protocolos ante a COVID é un pouco caótica, dado os cambios que cada pouco están a incluír e dos que moitas veces xurden máis dúbidas que certezas. Tal é así que os "Contactos Estreitos" poden non ser aqueles que estean preto dun caso confirrmado como positivo máis dunha hora con ou sen medidas de protección. Na última modificación en xaneiro de 2022 inclúen o concepto de "contacto esporádico", para incluír aqueles casos nos que a porcentaxe de positivos nun grupo non supera o 20% ou 5 casos nun grupo. Tamén se amplía o concepto de grupo estable ao incluír transporte, comedor e extraescolares.

É complicado por tanto, definir claramente cando procede sinalar contactos estreitos e cando non, pero, despois do acontecido estes días, parece ser que a interpretación que se debe dar dende o centro é a seguinte, segundo o documento que empregamos como referencia a partir de agora no trámite dos expedientes notificados ao centro desde Sanidade, https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/545/ESCOLAS_Protocolo_COVID19.pdf:

- Menos de catro casos ou inferior ao 20% do grupo de referencia, considérase contacto esporádico e non se sinalarán contactos estreitos co positivo no expediente aberto desde Sanidade. Informaremos ás familias afectadas de dita situación. Neste caso non se procederá desde o CSC a indicar confinamentos e o alumnado sen sintomatoloxía pode asistir ao centro.

- 5 ou máis casos ou máis do 20%, considerarase contacto estreito aos que forman parte do grupo, marcando no expediente aos considerados casos estreitos por proximidade. Neste caso o CSC procederá a confinar aos contactos. Notificarase ás familias dita a consideración de contactos estreitos.

En tódolos casos manteremos informadas ás familias desde o Centro. Pregamos a colaboración a través da vixilancia da aparición de sintomatoloxía e precaución ao enviar ao alumnado ao centro.

En caso de dúbida poden contactar co centro por teléfono, ou enviar un correo a ceip.carnota@edu.xunta.gal e tentaremos axudar na medida das nosas posibilidades.

 

O Equipo COVID

Preguntas e respostas sobre a COVID

Achegamos documento sobre preguntas e respostas ante a COVID atendendo aos novos criterios.

CLICA PARA ACCEDER

Test de antíxeno por saliva e novo protocolo COVID

Hoxe temos novas sobre as medidas anunciadas na prensa, aínda que non foron explicadas na reunión telemática do pasado venres aos responsables dos Equipos Covid do centro. Atopamos o seguinte documento, despois de recibir xa os Test de antíxenos no centro.

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Dirección Xeral de Saúde Pública

                                                 Facemos un pequeno resumo:

 

A proba rápida de antíxeno de COVID-19 en saliva é un test que, ao igual que o test de   antíxeno   con   mostra   nasofarínxea,   permite   obter   un   resultado   positivo   ou negativo en 10-15 minutos. Este test, baseado en inmunocomatografía de fluxo lateral,   analiza   a   posible   presenza   da   proteína   do   virus   na   mostra   de   saliva depositada previamente no tubo de recollida da mostra e teñen unha sensibilidade maior do 90% e unha especificidade mínima do 97%.

 Ámbito de aplicaciónAlumnado   do   ámbito   da   educación   primaria   pública   e   privada   da   Comunidade Autónoma de Galicia que voluntariamente desexe realizar a proba diagnóstica da COVID-19 tras a detección dun caso esporádico de COVID-19 entre a súa rede de contactos máis próximos (aula, comedor, etc) e que cumpra os seguintes requisitos:

Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.

Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.

Non ter padecido COVID-19 nos 3 meses previos.

 

 Procedemento para a despistaxe de infección con test rápido de antíxeno en saliva no ámbito da educación primaria:

Todos os centros de educación primaria de Galicia disporán dun stock inicial de test de antíxeno en saliva equivalente ao 25% do alumnado de educación primaria.

 

 Procedemento de toma e análise da mostra biolóxica:.

 Unha vez enviados os test ao centro educativo, o responsable do equipo COVID do centro proporcionará aos/ás alumnos/as que formen parte da rede de contactos máis próximos ao caso un kit para a realización da proba no domicilio.

• O procedemento para a toma da mostra de saliva realizarase segundo as especificacións recollidas no manual de instrucións do test. 

A toma da mostra e a técnica diagnóstica será realizada no domicilio do/a alumno/a. 

• Antes de realizar a proba, debe permitirse que o kit  e a mostra se equilibren a temperatura ambiente (15-30 °C).

As instrucións de uso son as seguintes:

Preparación para a recollida da mostra de saliva 

• Antes   de   comezar,   asegurarse   de   que   o/a   neno/a   cumpra   as   seguintes condicións:   non   comer,  beber,  cepillar   os   dentes   nin   mascar   chicle   polo menos 30 minutos antes da recolección de saliva.

• Non  deixar  caer  o  hisopo  nin  depositalo  sobre  ningunha  superficie. Isto contaminaría o hisopo e podería causar un mal resultado da proba. 

• O/a neno/a deberá respirar profundamente e logo tusir de 3 a 5 veces nun pano desbotable ou no oco do brazo se non dispón de pano.

Recollida da mostra de saliva (premer para ver un video explicativo)

 

• A recollida dunha mostra de saliva pode tomar de 2 a 5 minutos. 

• Antes de cuspir, pechar a boca, relaxarse e fregar intensamente as fazulas durante 40 segundos para xerar saliva. 

• Colocar a parte superior do embude preto da parte inferior dos beizos e comezar a depositar a mostra de saliva cuspindo no tubo. 

• Recoller 0,5 ml da súa saliva no tubo. Trate de evitar as burbullas. Pre-tratamento da mostra

• Sobre a saliva do/a neno/a, agregar o líquido tampón no tubo de recolección de saliva (2/3 do vial do tampón) de líquido tampón no tubo de recolección de saliva. Empregue o contagotas se é necesario.

• Tapar o tubo de recollida de saliva de forma segura.

• Despois de tapar o tubo de recolección de saliva, darlle a volta tres veces para mesturar a mostra co líquido do tubo.

• Esperar 3 minutos.

Carga da mostra no casete de proba 

• Rachar a bolsa de papel de aluminio para abrir, sacar o casete de proba e colocalo en horizontal nunha superficie plana. 

• Retirar a tapa superior do tubo de recolección de saliva. Premer suavemente para poñer 3-4 pingas da mestura da mostra na rexión de mostra (S) do casete de proba. 

Lectura dos resultados 

Esperar 10-15 minutos, ler o resultado despois de 15 minutos. Non ler os resultados despois de 30 minutos. 

Interpretación dos resultados

Negativo: Aparece unha liña de cor na rexión da liña de control (C). Non aparece ningunha liña na rexión da liña de detección (T). Indica   que non se detecta o antíxeno do SARS- CoV-2 e o resultado é negativo.

Positivo: Aparecen dúas liñas de cor. Sempre debe aparecer unha liña de cor na rexión da liña de control (C) e outra liña na rexión da liña de detección (T). Significa que se detecta o  antíxeno do SARS-CoV-2 e o resultado da proba é positivo.

NOTA: A intensidade da cor das liñas de proba pode variar segundo a concentración de  antíxeno do SARS-CoV-2 presente na mostra. Polo tanto, calquera ton de cor na rexión da liña de proba debe  considerarse como un resultado positivo. 

Inválido: A liña de control non aparece. As razóns máis probables de falta da liña de control son un insuficiente volume de mostra ou unha técnica de procedemento incorrecta. Revise o procedemento e repita a proba cun novo kit.

Comunicación e rexistro do resultado da proba:

Todos/as os/as nenos/as que obteñan un resultado positivo na proba de antíxenos de autodiagnóstico serán consideradas directamente como caso confirmado de infección activa polo SARS-CoV-2. Polo tanto, estes/as nenos/as deberán seguir as medidas de illamento dispoñibles na páxina web do coronavirus (ligazón). En todo caso, o caso confirmado sempre deberá seguir as indicacións  dos profesionais sanitarios que se encarguen do seu seguimento clínico. 

Co fin de realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, a persoa responsable do/a neno/a deberá notificar o positivo a Saúde Pública  a través do formulario de declaración   responsable   de   autotest   positivo  dispoñible   na   páxina   web   do coronavirus (ligazón) ou chamar ao 881 540 045.

En ningún caso notificaranse resultados negativos.

Como indica o protocolo de educación, calquera persoa cun resultado positivo deberá informar ao centro educativo desta circunstancia.

 

Resumo novidades COVID nos colexios

Do Facebook da Xunta, facemos chegar os seguintes carteis sobre as novidades sobre a COVID e as corentenas. No momento de ter máis polo miudo indicacións farémolas públicas.

 

Os Bolechas: Merenda cos Bolechas en Nadal

 

 

 

Desde este luns 20 de decembro e ata o día 7 de xaneiro conectaremos en streaming a través da
 
 
para xogar, divertirnos, aprender e celebrar estas festas de Nadal na vosa compaña. E, sempre, en directo.

 

Braulio, Pili, Loli, Carlos, Sonia, Tatá e Chispa e o resto da parentela Bolechas (a nai, o pai, avós e avoas… e ata Lusco e Fusco) celebrarán este Nadal con todas as familias de Galicia xunto a outras persoas convidadas en cada capítulo que porán música, baile, diversión, maxia e unha chea de sorpresas nesta aventura audiovisual.
 
“Merenda cos Bolechas” emitirase todos os días de luns a venres ás 17.00 horas, agás o día de Noiteboa (24 de decembro) e o de Fin de Ano (31 de decembro) en que a conexión en directo será ás 12.00 h. Durante o programa poderedes falar cos Bolechas, contarlles como estades a pasar o Nadal ou enviar saúdos aos vosos personaxes favoritos a través da canle de Youtube.

 

Esperámosvos a partir deste luns en www.youtube.com/televisiondegalicia
 

 

Os Bolechas

Programación de actividades en torno ao 25N, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller

Como cada curso en torno ao 25 de Novembro, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller, o centro levará a cabo en tódolos niveis educativos actuacións de prevención e sensibilización en torno a esta temática. Deixámosvos un pequeno resumen da programación para o curso 21-22:

Educación infantil:

- Rompendo estereotipos. Actividades de reflexión e ruptura dos roles e estereotipos de xénero vixentes, empregando como núcleo temático o conto Iriña Bailarina. O colofón porao a representación para todo o alumnado da etapa da versión teatralizada da historia de Iriña por parte de Teatro Ghazafelhos. Unha experiencia única, cun elenco teatral de excepción, que chega da man da Federación Provicinal de Anpas, co inestimable apoio económico e de xestión da ANPA do colexio.

 

Portada Iriña Bailarina Ghazafelhos

Educación primaria:

- Talleres pola igualdade. Talleres de deconstrución de roles de xénero e modelos de relación tradicionais e de promoción de de novos roles de identidade e modelos de relación igualitarios. Os talleres son deseñados e impartidos a través dunha colaboración entre o Departamento de Orientación e a entidade Aquelar Psicoloxía e Educación, promovidos e financiados polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota.

- Slogans pola igualdade. Durante a realización dos talleres, iranse recollendo aportacións do alumnado que conviden á reflexión con perspectiva de xénero. Co financiamento do concello, imprimiranse en vinilos e colocaranse no frontal dos chanzos das escaleiras de acceso ás aulas e no rodapé da rampa de acceso á biblioteca.

- Scape Room para traballar en igualdade de xeito cooperativo. As aulas do 2º e 3º ciclo participarán nun Scape Room de prevención da violencia de xénero, organizado polo Departamento de Orientación a partir dos materiais fornecidos pola campaña De Fronte da Deputación, á que o centro está adherido.

Logo De Fronte

Intervencións de centro:

- Canción contra a violencia de xénero, composta e ensaiada dende a área de Educación Musical a partir do lema oficial do 25N.

- Exposición temática da biblioteca no corredor do centro.

- Reparto de materiais de sensibilización da campaña De Fronte da Deputación entre o alumnado.

Presentación de candidaturas ao Consello Escolar

Segundo o calendario fixado pola Xunta Electoral, está aberto o prazo de presentación de Candidaturas ata o 11 de novembro (12:30 horas).

As/os responsables do alumnado poden presentar a súa candidatura na Secretaría do Centro, no horario de 9:30 a 10:30 ou concertando cita noutro horario ata ás 14:45 ata dito día.

Deberán facelo a través do modelo de presentación de candidatura ante a Xunta Electoral, descargable desde esta páxina ou que poden solicitar no centro.

Queremos animar ás nais e pais a formar parte do Consello Escolar como xeito de colaborar a facer o noso centro mellor.

A dirección

Eleccións ao Consello Escolar-Curso 2021-2022

No presente curso convócanse eleccións dos representantes dos distintos sectores da Comunidade Educativa ao Consello Escolar do Centro, procedemento adiado no curso pasado por mor da situación excepcional pola COVID-19.

 

O Consello Escolar é un organismo de participación na vida do centro dos distintos sectores da Comunidade Educativa. A participación das nais e pais é moi importante e facilita a avaliación do funcionamento do centro.

No presente curso toca a renovación de 2 representantes dos pais e nais, así como do representante proposto pola ANPA e a renovación de 3 representantes do profesorado.

É importante que haxa máis candidaturas que postos a renovar para que se poidan cubrir de ser necesario as baixas que se produzan dos membros electos durante a vixencia do mandato (catro cursos).

 

 

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS

Segundo a Resolución do 29-09-2021

 

 

DATAS

ACTUACIÓNS

25-outubro

Luns

- Publicación no taboleiro de anuncios do Centro da data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto)

- Envío de circular aos pais e nais anunciando dito sorteo.

28 - outubro

Xoves

- Sorteo público, ás 9:45 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).

- Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral

 

2- novembro

(martes)

Primeira reunión da Xunta Electoral:

-Acto da súa constitución

- Aprobación do calendario de actuacións

- Publicación nos taboleiros de anuncios:

a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.

b) Dos correspondentes censos electorais.

- Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

 

03- novembro

(mércores)

- Publicación e envío das distintas convocatorias (profesores, pais/nais e persoal de administración e servizos

- Circular explicativa do calendario de eleccións

 

4 - novembro

(xoves)

- Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores (o prazo de admisión de candidatos non deberá ser inferior a sete días naturais) e das posibles reclamacións ao censo

9- novembro

(martes)

 

- Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral.

- Envío de convocatoria de Claustro informativo (Artigo 35 do Decreto 92/1988).

11 de novembro

(xoves)

-Remata o prazo de presentación de candidaturas

15 - novembro

(luns)

Segunda reunión da Xunta Electoral:

- Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

- Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...

- Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 19, luns.

17- novembro

(mércores)

- Comezo das distintas campañas electorais.

Envío de:

- Circular ás nais e pais do alumnado anunciando as candidaturas do seu sector.

- Convocatoria de Claustro extraordinario.

- Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.

 

18 – novembro

(xoves)

- Envío aos pais e nais do alumnado dunha circular recordatoria do día das votacións do seu sector

- Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

22 de novembro

(luns )

VOTACIÓNS:

- Persoal de administración e servizos, de ser o caso. (Ás 12.00h)

- Profesorado (Claustro extraordinario) (Ás 16:15h)

- Pais, nais e titores legais do alumnado. (De 16:30 a 19:00 horas).

23 - novembro

(martes)

Terceira e última reunión da Xunta Electoral:

- Proclamación e publicación de candidatos electos.

- Traslado das actas das mesas electorais ao titular da Xefatura Territorial e Anexo I

- Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar. (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril)

24 - novembro

(mércores)

-Convocatoria para a constitución do Consello Escolar (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril: “Convocar antes de 10 días”. Son días hábiles non se computan domingos nin festivos, polo que a Constitución do Consello podería trasladarse incluso a despois dos festivos de decembro.

29 - novembro

(luns)

Celebración de reunión do novo Consello Escolar:

- Constitución do Consello…

- Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.

- Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. (Art. 126.2 da LOE).

- Constitución da Comisión de Convivencia. (Art 6º do Decreto 8/2015, do 30 de xuño).

1 decembro

(mércores)

Envío á Xefatura Territorial do formulario que se publica como anexo II Segundo a Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG do 08 de outubro)

Distribuir contido


by Dr. Radut