Skip to Content

Secretaría

TRANSPORTE ESCOLAR

 

INSTRUCCIÓN 3/2016 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSTARIA, DO 30 DE MAIO, SOBRE XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO CURSO ESCOLAR 2016-2017

 

- USUARIO LEXÍTIMO: será usuario lexítimo do transporte escolar gratuito o alumnado cuxo domicilio se encontre fora do núcleo urbano no que radique o centro escolar, e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km. Calculada utilizando o itinerario máis directo.

- Para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso.

- USO DO SERVIZO POR PERSOAS DISTINTAS DOS SEUS USUARIOS LEXÍTIMOS

- O alumando de ensino obrigatorio e segundo ciclo de E. Infantil, cuxo domicilio esta situado a unha distancia calculada utilizando o itinerario máis directo, do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.

- Autorización excepcional:

 

  • Existencia de prazas vacantes

  • Non signifique modificación de rutas, creación de novas paradas, non incremente a duración do traxecto.

 

Serán expedidas pola Xefatura Territorial.

 

Circunstancias a ter en conta:

 

  • Discapacidades.

  • Curta idade dos alumnos

  • Distancia que exista entre o domicilio do solicitante e o centro escolar.

  • Condicións das estradas

  • Situación económica

 

Deberán renovarse cada curso e concédense en precario, podendo revagar se cambian as circunstancias que se xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado con dereito preferente.

PÓDESE DESCARGAR AQUÍ O DOCUMENTO COMPLETO DAS INSTRUCCIÓNS

Procedemento de matrícula

O prazo de matrícula ordinario é do 20 de xuño ao 30 de xuño, ambos inclusive.

Deberá presentarse debidamente cumprimentado e asinado o anexo III- (Clica aquí para acceder ao anexo), xunto coa seguinte documentación (agás a que se presentase no proceso de admisión):

  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI do alumno en caso de telo.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • Certificado do pediatra para a escolarización.
  • 2 fotos tamaño carné.

Non esquezan sinalar si solicita uso do transporte escolar.

Reserva, Admisión e matrícula do alumnado curso 2019-20

Segundo a orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para ensinanzas do 2º ciclo de Educación Infantil, Eduación Primaria, ESO e Bachelerato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, informamos do calendario previsto para a reserva de praza, solicitude de admisión e matrícula do alumnado para o curso 2019/2020.

 

Do 1 ao 15 de febreiro

Reserva de praza : para o alumnado procente dos centros adscritos (alumnado procedente das escolas unitarias para cursar 1º - entregarase nas escolas de O Viso e Portocubelo, e alumnado de 6º  para cursar 1º da ESO farao no CEIP de Carnota). A reserva pode facerse polas familias na aplicación <<admisionalumnado>>, ou cubrindo o anexo I (clicar aquí para anexo en galego) (clicar aquí para anexo en castelán) imprimilo e presentalo no centro ou cubrindo o anexo que se lle facilita e entregandoo no centro.

En caso de non autorizar a consulta de datos deberá achegar os documentos relativos á identidade, domicilio fiscal, renda anual per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa, diascapacidade do proxenitor, irmáns ou alumno/a.

Documentación a achegar co anexoI: Documento acreditativo da idade do alumno (DNI ou fotocopia do libro de familia onde aparezan os proxenitores e onde apareza o alumno),

 

21 de febreiro

Sorteo público desempate, en caso de superar a demanda á oferta.

25 de febreiro

Publicación dos postos escolares  vacantes (clicar para máis información)

Do 1 ao 20 de marzo (días lectivos)

Presentación solicitude admisión: para alumnado procedente de centros non adscritos (alumnado que desexa cambiar de centro) e alumnado novo (alumnado para E. Infantil de 3 anos).Teñen toda a información no documento adxunto ao pé da páxina ou clicando aquí. Poderá facerse na aplicación <<admisionalumnado>> dentro do prazo, ou a través do formulario Anexo II en galego ou Anexo II en castelán

 

Presentación documentación xustificativa(no caso de haber máis demanda que oferta)

 

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 

Publicación das listaxes definitivas

 Do 20 ao 30 de xuño

Formalización dematrícula en EI e EP: todos os que teñan feita a reserva e a solicitude de admisión. Anexo III-1

 Do 25 de xuño ao 10 de xullo

Formalización de matrícula en ESO e BA. Anexo III-2

 

 

O alumnado xa matriculado no centro non necesita realizar de novo o proceso de admisión nin reservar praza.  (artigo 9.1).

A reserva de praza adquire carácter vinculante e é incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (artigo 11.2), salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar.

A lexislación citada está a disposición dos interesados na web da consellería. Para consultar premer aquí

Poden descargar clicando aquí un resumo da lexislación coa información máis relevante

Orde do 12 de marzo de 2013 sobre o proceso de reserva, admisión e matrícula en centros docentes (versión completa)

Validación do CELGA

 REGULACIÓN:

As validacións das materias de língua galega de Educación Xeral Básica (EXB) veñen reguladas pola Orde de 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a  Orde de 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA) e a corrección de erros da orde do 16 de xullo de 2007 - DOG do 13 de setembro de 2007.Ademais

As validacións de CELGA 2 serán expedidas nos centros onde se cursaron as ensinanzas de EXB, ou nos centros onde se cursou FP, bachelerato ou ESO, sempre que o título se obteña no centro e non en probas libres.

Validación do CELGA 2 no CEIP de Carnota: Para a súa validación o/a interesado/a, ex-alumno/a deste centro, deberá ter acadado o título de Graduado Escolar neste centro, e ter cursada de maneira oficial a materia de lingua galega en tódolos cursos da EXB en centros de ensino de Galicia. Para axilitar o trámite prégase que para a solicitude se aporte o libro de escolaridade.

Neste centro non se validarán CELGAs 2 cando o/a interesado non reuna os requisitos anteriores, como pode ser non ter acadado o título de Graduado Escolar, non ter cursada a materia de lingua galega en todos os cursos da EXB ou que  o Graduado Escolar o obtivese por libre, xa que de ser así deberá solicitar a validación no Servizo de Inspección Educativa de Santiago.

Como novidade a nova orde establece a validación do CELGA 1 para aquelas persoas que cursasen e superasen en Galicia de maneira oficial a materia de Lingua Galega en todos os cursos de Educación Primaria ou en seis cursos de EXB

Lembramos que os/as interesados/as que teñan estudos de Bachelerato ou FP deberán facer a solicitude no centro onde os cursaron.

Pódese ampliar información na páxina de Política Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística

SOLICITUDE

Pode solicitar información a través do noso email: ceip.carnota@edu.xunta.es. Se considera que reune os requisitos tamén pode enviarnos a solicitude por e-mail (aportando entre outros datos, nome completo, dni, celga que solicita e número de teléfono de contacto) e porémonos en contacto dende o centro.

Tamén se pode solicitar persoalmente no centro. Facilitarase un formulario de solicitude de documentación ou pode descargalo ao pé desta páxina. Unha vez rexistrada a solicitude a entrega do certificado CELGA farase na maior brevidade posible. Lembramos que o centro non conta con persoal administrativo polo que as solicitudes atenderanse cando a persoa que obstente o cargo de Secretario/a teña disponibilidade.

ACCESO AO FORMULARIO DE SOLICITUDE DE DOCUMENTACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut