Secretaría

Libros de texto curso -2020-2021

Estimadas familias. Para o curso vindeiro prodúcese un cambio de libros para os cursos de 3º e 5º de Educación Primaria (algúns estaban vixentes dende o curso 2010). Nestes cursos o listado terá unha vixencia de 6 cursos máis.

Cambia tamén o libro de Inglés en 1º e 2º por estar descatalogado o que figuraba no listado. En 4º e 6º, non cambian.

Compre salientar que se fixa en Plástica un libro dado que é a área na que o noso centro escolleu para o Plurilingüismo, pero non é necesario mercalo, así como o de música, mentres continúe o mesmo mestre. Figura en cursos nos que aínda non hai Plurilingüismo en funcionamento (se irá implementando sucesivamente, este curso será 1º e 2º, e despois irán de un en un), xa que os listados deben manter a vixencia de 6 anos.

 

 

 

 

 

 

LISTADO DE LIBROS – CURSO 2020/21 CEIP DE CARNOTA

 

(Revisado en maio 2020)

 

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

RECOMENDAMOS ESPERAR A SETEMBRO

 

EDUCACIÓN INFANTIL: 3 ANOS

Materia

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

 

 

Grafomoticidad 2

VV.AA

EDELVIVIES

9878426380166

 

Proxecto

Canto sabemos

A abella

VV.AA

Santillana

9788499720937

 

 

Taller matemáticas

VV.AA

Santillana

9788468027807

 

Inglés

Hello Jack

Sandie Mourao

McMillan

978-0-2304-0450-2

2011

Relixión

R. Católica – Tobín 3

E. Rodeira

Edebé

978-84-8349-266-6

2011

 

 

 

 

 

 

 

O libro de Relixión e o de Inglés recomendamos non mercalos ata comezo do curso cando o determinen n os mestres especialistas.

 

 

 

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL: 4 ANOS

Materia

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

 

 

O país das letras

Caderno escritura Pauta Montesori-galego

VV.AA

EDELVIVIES

9788415165859

 

Proxecto

Canto sabemos

A abella

VV.AA

Santillana

9788499720937

 

 

Taller matemáticas

VV.AA

Santillana

9788468027814

 

Inglés

Cptain Jack 1

Jill Leighton

McMillan

978-0-2304-0454-0

2011

Relixión

R. Católica – Tobín 4

E. Rodeira

Edebé

978-84-8349-293-2

2011

 

O libro de Relixión e o de Inglés recomendamos non mercalos ata comezo do curso cando o determinen os mestres especialistas.

 

 

 

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL: 5 ANOS

Materia

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

Proyectos

 

O País das letras. Caderno de escritura

Pauta Montessori 2 Galego

 

Tambre -Edelvives

9788415165873

 

2013

Proxecto

 

Canto sabemos

A abella

VV.AA

Santillana

9788499720937

 

Proxecto

Taller matemáticas

VV.AA

Santillana

9788468027784

 

Inglés

Cptain Jack 2

Jill Leighton

McMillan

978-0-2304-0458-8

2011

Relixión

R. Católica – Tobín 5

E. Rodeira

Edebé

978-84-8349-295-6

2011

 

 

 

O libro de Relixión e o de Inglés recomendamos non mercalos ata comezo do curso cando o determinen os mestres especialistas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os libros de texto para 1º e 2º de EP non varían con respecto do curso pasado por non estar permitido, agás o de Inglés por estar descatalogado

 

1º Curso

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

Lingua galega

Lingua 1

M. Dávila Fuertes

M. C. Martínez Nuñez

Vicens Vives

978-84-682-2106-9

2015

Lengua castellana

 

Lengua 1

M. C. Rodríguez Jordana

D. Moreno Roig

Vicens Vives

978-84-682-2030-7

2015

InglésALL ABOUT US 1 AB

ALL ABOUT US 1 CB PK

Vanessa Railly

Oxford

9780194562348

2018

(Activity Book) ABALL ABOUT US 1 AB

Vanessa Railly

Oxford

9780194562188

2018

Ciencias Naturais

Naturais 1

C. Flo Esteve

Vicens Vives

978-84-682-3457-1

2015

Ciencias Sociais

Sociais 1

C. Flo Esteve

Vicens Vives

978-84-682-2195-3

2014

Matemáticas

Matemáticas 1

J. Fraile Matín

Vicens Vives

978-84-682-2028-4

2014

Música

Andante

F. Pérez Mas

M.. Pérez Calafell

Vicens Vives

978-84-316-7084-9

2015

Relixión

Zain 1º

E.Rodeira

Rodeira

978848349397-7

2016

Valores sociais e cívicos

Valores 1

VV.AA

Vicens Vives

978-84-682-2046-8

2014

 

 

 

Libro de Valores e Relixión Católica: non mercar ata saber si se vai empregar.

 

O libro de música non se vai empregar. Non é necesario mercalo

 

 

 

2º Curso

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

Lingua galega

Lingua 2

M. Dávila Fuertes

M. C. Martínez Nuñez

Vicens Vives

978-84-682-2866-2

2015

Lengua castellana

 

Lengua 2

M. C. Rodríguez Jordana

D. Moreno Roig

Vicens Vives

978-84-682-2823-5

2015

Inglés

ALL ABOUT US 2 CB PK

Vanessa Railly

Oxford

9780194562362

2018

ALL ABOUT US 2 AB

Vanessa Railly

Oxford

9780194562195

2018

Ciencias Naturais

Naturais 2

C. Flo Esteve

Vicens Vives

978-84-682-2830-3

2015

Ciencias Sociais

Sociais 2

C. Flo Esteve

Vicens Vives

978-84-682-2897-6

2015

Matemáticas

Matemáticas 2

J. Fraile Matín

Vicens Vives

978-84-682-2834-1

2015

Música

Andante

F. Pérez Mas

M.. Pérez Calafell

Vicens Vives

978-84-316-9679-5

2015

Relixión

Zain 2º

E.Rodeira

Rodeira

978848349398-4

2016

Valores sociais e cívicos

Valores 2

VV.AA

Vicens Vives

978-84-682-2862-4

2015

 

 

 

Libro de Valores e Relixión Católica: non mercar ata saber si se vai empregar.

 

O libro de música non se vai empregar. Non é necesario mercalo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3º Curso

 

LIBROS NOVOS

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano

Lingua galega

Peza a peza

 

Anaya

978-84-698-6693-1

 

Lengua castellana

Pieza a pieza

 

Anaya

978-84-698-4164-8

 

Inglés

ALL ABOUT US 3 CB

VV.AA

Oxford

9780194562386

2018

ALL ABOUT US 3 AB PK

VV.AA

Oxford

9780194562249

2018

Ciencias Naturais

Saber Facer Contigo 3

VVAA

Santillana

978-84-9185-232-2

2020

Ciencias Sociais

Saber Facer Contigo 3

VVAA

Santillana

978-84-9185-229-2

2020

Matemáticas

Matemáticas 3 (Zoom)

J. Fraile, A. Pineda

Vicens vives

9788468258874

 

Música Libro

MELODÍA 3

 

Galinova

978-84-9737-223-7

 

Música Caderno

MELODÍA 3

 

Galinova

978-84-9737-225-1

 

Plástica

ARTS&CRAFTS PRIMARY 3

 

 

978-84-15867-01-2

 

 

 

 

 

 

 

Relixión

Relixión Católica 3

 

Rodeira

 978-84-8349-399-1

2016

 

 

 

O libro e caderno de música. Non se vai empregar, non mercar. En plástica fíxase para cando o plurilingüismo chegue a este curso.

 

 

 

 

 

4º Curso

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano

Lingua galega

Lingua 4

VVAA

Anaya

978-84-678-8013-7

2015

Lengua castellana

Lengua 4

VVAA

Anaya

978-84-698-0650-0

2015

Inglés

Big Surprise 4 CB

Sue Mohamed

Oxford

9780194516396

2013

Big Surprise 4

AB+MROM PK

Sue Mohamed

Oxford

9780194516235

2013

Ciencias Naturais

Saber Facer

 

Santillana

978-84-9972-600-7

2015

Ciencias Sociais

Saber Facer

 

Santillana

978-84-9972-714-1

2015

Matemáticas

Saber hacer 4

Teresa Grence Ruíz y otros

Santillana

978-84-8305-609-7

2015

Música

Andante

F. Pérez Mas

M.. Pérez Calafell

Vicens Vives

978-84-316-9850-8

2015

Relixión

Relixión Católica

Antonio Garrido

Rodeira

978-84-8349-334-2

2012

Valores sociais e cívicos

Con razón

VVAA

Anaya

978-84-678-8031-1

2015

 

 

IMPORTANTE: O CENTRO CONTA CON LIBROS SUFICIENTES PARA O PRÉSTAMO, AGÁS O ACTIVITY BOOK DE INGLÉS QUE SERÁ PRECISO MERCALO (PÓDESE CO VALE DE MATERIAL) ESPERAR A SETEMBRO

 

 

 

O libro de música non é necesario mercalo. Non se vai usar.

 

Libro de Valores e Relixión Católica: non mercar ata saber si se vai empregar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

5º Curso

 

LIBROS NOVOS

 

 

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

Lingua galega

Peza a peza

 

Anaya

978-84-698-6699-3

 

Lengua castellana

Pieza a pieza

 

Anaya

978-84-698-4311-6

 

Inglés

ALL ABOUT US 5 CB

VV.AA

Oxford

9780194562409

2018

ALL ABOUT US 5 AB PK

VV.AA

Oxford

9780194562263

2018

Ciencias Naturais

 Saber Facer Contigo 5

 

Santillana

978-84-9185-235-3

 

Ciencias Sociais

 Saber Facer Contigo 5

 

Santillana

978-84-9185-233-9

 

Matemáticas

Matemáticas (Zoom)

J. Fraile, A. Pineda

Vicens vives

9788468261331

 

 

Música

Música 5

 

Galinova

978-84-9737-224-4

 

Música- caderno

Música 5

 

 

978-84-9737-226-8

 

Plástica

ARTS&CRAFTS PRIMARY 5

 

 

978-84-15867-04-3

 

Relixión

Relixión 5

VV.AA

Rodeira

978-84-8349-401-1

2016

Valores sociais e cívicos

Con Razón

VV.AA

Anaya

9788467850598

2014

 

Libros de música e plástica non mercar, nin cadernos de actividades. Os de plástica fíxanse para cando estea activo o plurilingüismo neste curso

 

Libro de Valores: non mercar ata saber si se vai empregar.

 

 

 

6º Curso

 

Área

Título

Autor/a

Editorial

ISBN

Ano de publicación

Lingua galega

Saber facer

Teresa Grence Ruíz y otros

Santillana

978-84-9972-497-3

2015

Lengua castellana

Saber hacer

Teresa Grence Ruíz y otros

Santillana

978-84-680-3171-2

2015

Inglés

Big Surprise 6 CB

Sue Mohamed

Oxford

9780194516419

2013

Big Surprise 6

AB+MROM PK

Sue Mohamed

Oxford

9780194516259

2013

Ciencias Naturais

Saber Facer

 

Santillana

978-84-9972-587-1

2015

Ciencias Sociais

Saber Facer

 

Santillana

978-84-9972-440-9

2015

Matemáticas

Saber hacer

Teresa Grence Ruíz y otros

Santillana

978-84-680-3033-3

2015

Música

Andante

F. Pérez Mas

M.. Pérez Calafell

Vicens Vives

978-84-316-8127-2

2015

Valores sociais e cívicos

Con razón

VVAA

Anaya

978-84-678-83220

2015

Relixión

Relixión

VV.AA

Rodeira

978-84-834-9026-6

2009

 

 

 

Libro de Valores e Relixión Católica: non mercar ata saber si se vai empregar. O libro de música non se vai empregar.

 

RECOMENDAMOS ESPERAR A COÑECER O REPARTO DEFINITIVO DE FONDOLIBROS E DO BANCO DA ANPA

 

 

 

Resolución do proceso de admisión 2020/2021 e prazo de formalización de matrícula

Rematado o proceso de admisión, o centro terá para o curso vindeiro unha aula habilitada máis en Educación Infantil, o que garante praza para todo o alumnado solicitante. Coa fin de protexer os datos, dado que todos están en situación de admitidos, non se fará pública por esta canle. Estará dispoñible para a súa consulta no taboleiro do interior do centro, para consulta só dos interesados.

Asi mesmo comunicamos que o solicitante de praza para 5º de EP está tamén admitido ao contar con prazas suficientes.

Lembramos que segundo se establece nas instruccións ao respecto dos novos prazos deribados da situación de suspensión e posterior reapertura de prazos, o prazo para formalización da matrícula, tanto en Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, será do 1 ao 10 de xullo ambos inclusives. Este proceso é obrigatorio para o novo alumnado (Solicitantes de admisión no noso centro e o alumnado de 6º no IES Lamas de Castelo os que fixeron reserva, ou no centro no que presentasen solicitude de admisión).

Será necesario presentar no centro o anexo III-1 debidamente cumprimentado e achegar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia (non é preciso si xa se achegou cando a solicitude de admisión).
  • De ser o caso DNI do neno ou nena (non é preciso si xa se achegou cando a solicitude de admisión).
  • De ser o caso, copia da sentenza de separación ou divorcio.(non é preciso si xa se achegou cando a solicitude de admisión).
  • Fotocopia do libro de vacinas.
  • Certificado ou informe médico conforme o alumno ou alumna non ten impedimento para á matrícula (pola pediatra, non ten que ser documento oficial).
  • En caso de non autorizar a toma de imaxes, dúas fotos tipo carné.
  • De ser o caso, informes sobre minusvalía do alumno ou alumna.

Lembren cumprimentar todos os apartados, en especial a opción entre Relixión Católica ou Valores, e se solicitan o servizo de Transporte Escolar.O centro xa non oferta o servizo de comedor escolar.

As solicitudes deberán vir asinadas, sendo obrigatorio a sinatura dos dous proxenitores en caso de separación ou divorcio.

 O alumnado de sexto deberá presentar no IES o AnexoIII-2(clicar para acceder)

Transporte escolar extraordinario 2020/21

Estimadas familias:

Informamos de que veñen de ser publicadas a  INSTRUCIÓN 1/2020DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 8 DE XUÑO, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO CURSO ESCOLAR 2020-2021

Como novidade, no presente curso temos que resaltar a inclusión nas mesmas dunha  cláusula adicional de salvagarda, que en resumo deixa condicionado que a prestación do servizo poida ser modificado a través dos oportunos protocolos que sexa preciso elaborar. Entedemos que isto repercutirá principalmente nos usuarios non lexítmos do transporte, é dicir, nos solicitantes de uso excepcional do transporte escolar.

Seguindo as instrucións, e coa fin de organizar as rutas para o curso vindeiro e a asignación de autorizacións de uso excepcional, achegamos adxunto o modelo de solicitude de uso excepcional, lembrando que, estas autorizacións poderán ser rebogadas en calqueira momento se fose necesario asignar algunha praza a algún novo alumno coa condición de usuario lexítimo. A resolución de solicitudes atenderase ás instruccións de dita orde e que veñen resumidas na solicitude, determinándose os beneficiarios das prazas vacantes en cada ruta no seo do Consello Escolar.

Clica para descargar a solicitude aquí

Coa fin de resolver o antes posible as solicitudes, fíxase como prazo límite o 10 de xullo de 2020 para entregar as solicitudes no centro.

Escrito situación actual e envio de tarefas

Estimadas familias.

 

Está a chegar o mes de xuño e por tanto o remate deste curso, que dende mediados de marzo se volveu tan anómalo.

Xa na segunda avaliación as cualificacións foron deducidas do traballo anterior ao decreto do estado de alarma.

Dende o centro entendemos perfectamente que cada familia é unha realidade propia, que esta situación que nos pillou a todos por sorpresa é moi difícil de solventar e que en moitos casos está a sobrecargar á rapazada de traballo extra, ás familias de problemas organizativos e de guerra continua coas novas tecnoloxías para ver ou enviar as tarefas.

Por outro lado, as autoridades xa dan por feito que este curso non se volta ás aulas en Infantil e Primaria nin na ESO.

Dende o centro buscamos pequenas solucións como foi facervos chegar os libros e parte do material, buscar canles de comunicación con vós e a dinamización da páxina web e creación de blogues por parte do profesorado, sendo conscientes de que non todos dispoñedes dos mesmos recursos. Lamentablemente non está na nosa man solventar a falta de conectitividade dos fogares e os poucos equipos informáticos portátiles dispoñibles son moi anticuados, van moi lentos, a maioría con sistema operativo linux, e non solventan a falta de conexión a internet.

Por outra banda, as directrices en canto ao traballo para este terceiro trimestre veunos fixado dende a Consellería, con instrucións sobre a adaptación das programacións, procedemento para as avaliacións, cualificacións e promoción do alumnado, así como a obrigatoriedade de elaborar informes individualizados do traballo do alumnado para servir como referentes para as programacións do curso vindeiro.

Por iso enviamos información das adaptacións das programacións e son públicas na web do centro.

Sen embargo, estamos a constatar que parte do alumnado non está a enviar información do traballo que está a facer. Iso supón que no momento de elaborar o informe individualizado, deberá figurarlle como non acadado o traballo sobre os mínimos fixados e que estamos a enviar a través das propostas de tarefas que os distintos profesores enviamos.

Cremos importante que animedes aos nenos e nenas a facer as propostas de traballo e tamén a comunicarse co profesorado. Coas titorías estades a traballar ben por email, teléfono, whassapp, … e o profesorado especialista enviou unha conta de correo electrónico para poder comunicarse. Tedes así varias vías de envío de tarefas, de comentarios. Podedes envialas ás titoras para que lle fagan chegar aos especialistas si o queredes facer por teléfono ou whassapp, pero o profesorado necesita constatar que se avanza no traballo de cara a ese informe final.

Para rematar, agradecer o esforzo que estades a facer as familias, e dicirvos, que desde a incerteza de como se organizará o curso vindeiro, estamos desexando o regreso ás aulas do alumnado, pois tamén para o profesorado esta situación é moi difícil de afrontar.

Atentamente.

Fondo solidario de libros de texto 2020/21

Acaba de saír publicada a  Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.

Para a tramitación das axudas será preciso cumprimentar a solicitude, que se poderá facer a man descargando aquí o formulario (link), no mesmo ordenador para presentar presencialmente no centro (non esquecer asinar) descargando este formulario e cumprimentando as catro primeiras páxinas que son as que hai que presentar (- clicla para acceder ao formulario editable), ou ven a través da aplicación Fondolibros (link), que permite o acceso ao formulario ou mesmo a presentación telemática si se dispón de medio de identificación (Chave 365 ou DNI/certificado dixital). (A Chave 365 pódese solicitar a través do Centro Médico, aínda que de momento, dada a actual situación non se está a tramitar. Consultar dita posibilidade por teléfono ao Centro Médico).

 

Tamén será posible recoller o formulario no propio Centro educativo, para o que se prega, de ser posible, se contacte antes coa fin de evitar esperas na atención. 

Para a entrega presencial, informamos que será preciso avisar previamente, xa que se revisarán ao ser entregadas para evitar na medida do posible viaxes innecesarias

Cumprimentación e documentación: Pregamos lean detenidamente a solicitude e procuren ter cumprimentados os distintos apartados e coas sinaturas que se solicitan. Deberán aportar copia do libro de familia, e en caso de non coincidir cos datos que figuren na solicitude documentación que xustifique dita circunstancia (certificado de padrón, sentenza de separación ou divorcio, xustificante de minusvalía,...). 

IMPORTANTE: os datos que figuren na solicitude deberán coincidir cos DNI das persoas que se relacionen, pois o sistema de comprobación rexeitará as solicitudes (por exemplo, cando o nome da solicitude está incompleto e non coincide co do DNI)

 

Lembramos que o alumnado que adquiriu libros co vale da axuda de libros no curso 2019/2020 e os beneficiarios do fondo solidario de libros, asinou ao facer a solicitude o compromiso de entregalos en bo estado ao remate de curso (data límite 21 de xuño). Non se entregarán os de 1º e 2º de EP, por consideralos como material non reutilizable. O prazo de devolución será como máximo o 19 de xuño de 2020, dado que para validar as novas solicitudes será preciso constatar e marcar a correspondente devolución na aplicación por parte do centro

O alumnado que no curso 2020/2021 vaia cursar 1º da ESO deberá entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros no Instituto onde fosen admitidos no mesmo prazo que en primaria , e previamente deberá ter entregado, de ser o caso, os libros prestados do fondo solidario e do banco de libros no CEIP de Carnota o máis tardar o 21 de xuño, para proceder a cargar a entrega dos mesmos na aplicación do Fondo Solidario de Libros, requisito para solicitar a axuda no curso 2019/2020.

Asignación de libros e contía das axudas

1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e a todos os cursos de ESO que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda. Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto. c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros, con independencia da renda. 

Ademais, poderán solicitar axudas para libros o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, cos mesmos requisitos en canto á renda per cápita.

Na mesma convocatoria se tramita a axuda para material escolar, segundo o mesmo criterio de renda (A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.)

 

 

procesos administrativos: Solicitude de admisión e formalización de matrícula curso 2020/2021

Estado do proceso de admisión: pendentes de que se resolva a solicitude de habilitación dunha unidade máis para Educación Infantil, o alumnado que presentou solicitude de admisión no centro está admitido. Coa fin de garantir a confidencialidade dos datos non faremos pública a relación de admitidos dado que non é preciso contrastar a información por non darse a situación de solicitudes excluidas.

Lembramos que neste mes de xuño se abrirá o prazo para a formalización da matrícula, procederemento do que daremos información.

 

Segundo se publica no DOG de hoxe (clicar para acceder ao documento) establécense instruccións para os procesos de SOLICITUDE DE ADMISIÓN e FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA para o curso vindeiro 2020/2021.

Os puntos relevantes son:

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

4. Publicación.

Sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución tamén se publicará na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e procurarase a súa máxima difusión entre todos os centros educativos afectados polo proceso.

Segundo as mesmas instruccións, a partir do 11 de maio un membro do equipo directivo permanecerá no centro no horario lectivo para atender a estes procedementos, mentres non se publiquen novas instruccións. Lembramos que o horario lectivo do noso centro é de 9:45 a 14:45.

Como medidas atendendo á actual situación do estado de alarma e desecalada, a atención presencial realizarase con cita previa e para as cuestións antes citadas. De tódolos xeitos, dende o centro lembramos que estes procedementos se poden facer online si se conta con sistema de acreditación (chave 365, certificado dixital, DNI electrónico).

A cita previa pode facerse a través da conta de correo ou a través do teléfono, preferentemente ao 881866795.

Pregamos que se entregue a máxima documentación posible no momento de ser recibidos e que esta veña fotocopiada e co orixinal para cotexala.

Deberán extremarse as medidas hixienico-sanitarias establecidas, como son o emprego de mascarilla. O centro non conta aínda con xel hidroalcohólico nin dispensadores do mesmo.

Serán atendidos no local da conserxería a través da xanela do mesmo.

A dirección

 

 

 

Novo comunicado da Consellería: 13 de abril de 2020

Comunicado do 13 de abril de 2020, dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre

Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

Cuestionario accesibilidade a internet e medios tecnolóxicos

Dende a Consellería estase a pedir aos centros que recabemos información relativa ás posibilidades das familias en canto ao acceso a internet e as posibilidades de emprego de novas tecnoloxías nas casas. Entendemos que é por asegurar de certa maneira con que medios se dispón nos fogares para a máis que probable prórroga do estado de confinamento nas casas e o retraso conseguinte no retorno das actividades lectivas. Así mesmo, estas preguntas axudarán ao profesorado do centro a buscar e xestionar mellor as canles para facilitar a continuidade do traballo nas casas baixo a supervisión do docente. Por iso, detallamos deseguido algúns items ou preguntas que nos gustaría coñecer e que agradeceriamos que contestaran na mensaxe que se enviará por ABALAR en mensaxería con opción de resposta. Somentes terían que respostar na mesma orde das preguntas, e sen deixar ningunha sen resposta.

En caso de atopar dificultades, poden pedir que llelo enviemos por correo electrónico ou que nos poñamos en contacto por teléfono dende as titorías.  Agradecendo a súa colaboración, hai van as preguntas:

  1. Curso do neno:
  2. Nome
  3. Teñen acceso a internet?
  4. Tipo de acceso a internet (tarifa ilimitada, tarifa tipo 4G, só cos datos do móbil)
  5. En caso de ter internet, considera factible manter comunicación por videochamada.videoconferencia? (teña en conta a limitación de datos e cobertura)
  6. De que dispositvios dispón na casa (ordenadores, tablet, móbil,  especifique si máis de un ordenador ou si este é compartido)
  7. Dispón de impresora?
  8. Considerase con destreza suficiente para axudar coas tarefas online?

 

 

CUALIFICACIÓNS SEGUNDO TRIMESTRE 2020

Ao longo do día de mañá mércores poderán consultar en ABALAR MÓBIL as cualificacións do segundo trimestre. Neste trimestre, segundo as instruccións recibidas da Consellería e das que xa informamos, tense en conta para as cualificacións o traballado mentres durou o periodo lectivo. 

Informamos que na maioría das titorías non se cargaron as faltas dado que eses datos estaban no centro. 

Lembramos que si se dispón de Chave 365 ou certificado dixital se pode acceder ao ESPAZO ABALAR, onde tamén se poden ver as cualificacións.

Por razóns obvias, non se enviará o Boletín de cualificacións aos domicilios. Se algunha familia non pode acceder ás cualificacións pode porse en contacto coa titora ou ben enviar un email ao enderezo do centro: ceip.carnota@edu.xunta.es. De non ter esta posibilidade poden intentar coa titora se teñen o seu número ou ben co director no 881866795 de 9:45 a 14 horas ou das 16:30 ás 18 horas, e tentarase buscar un xeito de facerlles chegar a información relativa ás cualificacións.

 

Ánimo 

Un saúdo.

 

Novidades no desprazamento de vehículos polas estradas

En espera de que se publique algo máis concreto, convén que coñezamos as novas restriccións á circulación de vehículos polas estradas. (Clica para acceder ao BOE)

Non sabemos aínda como nos afecta aos centros, pero cremos que o máis prudente é evitar saires á estrada co coche. 

Somos conscientes de que non está a ser doado, pero dende Educación ( Clica para ler a noticia ) as normas sobre a segunda avaliación son que as cualificacións se publiquen como moi tarde o 3 de abril, tendo en conta só o avaliado ata antes de comezar o estado de alarma e conseguinte suspensión das actividades lectivas. Faremos públicas as mesmas a través de ABALAR e aquelas familias que non dispoñan da aplicación poden chamar por teléfono ou mandar un email para tentar buscar unha canle coa que facerlles chegar as cualificacións tentando garantir sempre a debida confidencialidade dos datos.

De cara ao terceiro trimestre, queda establecido que os centros teremos que organizar e reprogramar a materia a dar e avaliar tendo en conta o momento de retomar as actividades lectivas e a data de remate das mesmas que non varía con respecto do fixado a comezos de curso no calendario escolar.

Con todo o exposto, cremos que non é moi aconsellable organizar recollida de libros e material no centro, en especial naqueles casos que teñan posibilidade de acceso a internet e ordenador na casa. 

En todo caso, o consello ás familias e que fomenten unha rutina nesta semana que quedaría como lectiva, que implique lectura comprensiva (ben en libros que teñan na casa ou a través das propostas que atoparán nos blogues do profesorado e nesta mesma páxina (clica para visitar a páxina dos blogues e enlaces),  actividade manipulativa (debuxar, recortar, ...) e algo de movemento. En todo caso, evitemos estresalos e tamén estresarnos a uns mesmos.

Reiteramos que o 881866795 está desviado ao móbil do director e que o email ceip.carnota@edu.xunta.es están á súa disposición. Ademais, a maioría das titoras xa teñen establecido canles de contacto. 

A dirección

 

 

Contidos para o confinamento: páxina web e blogues do profesorado

Imos poñer link aos distintos blogues que está a crear o profesorado para organizar o traballo durante estes días de confinamento. Tamén iremos tentando actualizar a información.

Clicade no título.

4º EInfantil  5º-6º E Infantil   
1ºEP (novo)  2º EP (NOVO) 3º EP
4º EP 5ºA EP 5ºB EP
6º EP E Artística E. Física     
Orientación Inglés

 Relixión C

(novas actividades)

Taller Creativo 6º

   

 Para acceder a contidos na páxina web do cole, empregar os menús laterais, ben na esquerda en departamentos (especialidades) ou na dereita en actividades onde tedes a relación dos cursos (traballo por titorías). Pode darse o caso de que haxa traballo en blogue e na páxina.

 Titorial: como compartir videos e outros documentos "pesados" por Drive

 

Día do libro: Coronavideos, Amar en tempos de coronavirus, Orella Pendella , Video "Día do Libro"

       Canción para as Letras Galegas Novo

Biblioteca: revista O Papagaio, maio 2020 

Biblioteca: revista O Papagaio de abril

Recomendacións do Departamento de Orientación

Recomendacións para seguir coa rutina

Actividades para 6º EP

Actividades para 5º A EP

Actividades para 4º EP

Actividades para 3º EP

Actividades para 2º EP

Actividades para 1º EP

Actividades Inglés

Actividades Educación Física (Novas)

Actividades de Música

E Infantil 5º-6º

Actividades para 4º de EI

Proposta de contos para EI

Proposta para moverse. Fai Aerobic

 

 

Link:ABALAR MÓBIL nos pide contrasinal, que fago...

 

 

 

Novas: informacións do centro

De seguido, e segundo vaian producíndose, poremos información ou links a a páxinas informativoas, ordeados do máis recente ao menos actual.

Biblioteca: Concurso Mareando Historias.

Transporte Escolar- Solicitude uso extraordinario 2020/21

Revista Escolar As Liñeiras

Biblioteca: Guía de lectura para o verán 2020

Escrito situación actual e tarefas escolares

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Manual envio de fotos dende o móbil

2 de abril. Día do Autismo

Novo comunicado da Consellería

 

PUBLICACIÓN DE CUALIFICACIÓNS DA SEGUNDA AVALIACIÓN, EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 

NOVIDADES RESCTRICTIVAS SOBRE CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS. ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

 Novidades sobre permanencia no centro

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS DO 16 DE MARZO AO 27 DE MARZO, DE MOMENTO - Atendemos no 881866795(desviado ao tfno do director) ou no email ceip.carnota@edu.xunta.es

As portas do centro permanecerán pechadas. En caso de necesitar algo contactar previamente por teléfono. Evitemos os desprazamentos e cumpramos o confinamento na casa.

A dirección

RECOMENDACIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS (LINK)

(LINK)SOLICITUDES DE ADMISIÓN Amplíase o prazo ata unha semana despois do retorno das actividades lectivas. Recoméndase a presentación telemática (require certificado dixital ou chave 365). Tamén se pode enviar escaneada por e-mail e entregar orixinal unha vez se permitan as actividades lectivas.

 

(LINK)Proceso de Admisión 2020-2021- Relación de Vacantes (clik para consulta de vacantes)

 

Info: Problemas co Abalar Móbil: Convén revisar que se teñen permitidas todas as notificacións de Abalar na aplicación. Outro problema pode ser coa versión do sistema operativo, nese caso deberán porse en contacto coa UAC no 881997701, onde tentarán darlles unha solución.

(LINK)ESPAZO ABALAR

(LINK)Dispoñible un novo manual para as familas de  ESPAZO ABALAR 

 

 

(LINK)Gardarroupa: prendas extraviadas no centro

 

(LINK) 

 Horario do Equipo Directivo 2019/20

 

 DOCUMENTOS E FORMULARIOS DO CENTRO

(LINK)

Guía de apoio ao estudio

Igualdade - Día da Muller

 Semana por el Clima

 

EDUCACIÓN FÍSICA E ASMA

 

 

ABALAR MÓBIL

 

NOVIDADES- 2020

 

Guía de

lectura

 

 Obradoiros Infancia Adolescencia

 

 

 (LINK)

Libros de texto para o curso 2019/2020

Mantéñense os vellos, agás en EI xa que non autorizan cambios dende a Consellería

(LINK) 

Validación CELGA

 

(CONSULTE AQUÍ COMO FACELO)

Novas durante o confinamento polo coronavirus

De seguido, e segundo vaian producíndose, poremos información ou links a a páxinas informativoas, ordeados do máis recente ao menos actual.

 Novidades sobre permanencia no centro

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS DO 16 DE MARZO AO 27 DE MARZO, DE MOMENTO - Atendemos no 881866795(desviado ao tfno do director) ou no email ceip.carnota@edu.xunta.es

As portas do centro permanecerán pechadas. En caso de necesitar algo contactar previamente por teléfono. Evitemos os desprazamentos e cumpramos o confinamento na casa.

A dirección

RECOMENDACIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS (LINK)

(LINK)SOLICITUDES DE ADMISIÓN Amplíase o prazo ata unha semana despois do retorno das actividades lectivas. Recoméndase a presentación telemática (require certificado dixital ou chave 365). Tamén se pode enviar escaneada por e-mail e entregar orixinal unha vez se permitan as actividades lectivas.

 

(LINK)Proceso de Admisión 2020-2021- Relación de Vacantes (clik para consulta de vacantes)

 

Info: Problemas co Abalar Móbil: Convén revisar que se teñen permitidas todas as notificacións de Abalar na aplicación. Outro problema pode ser coa versión do sistema operativo, nese caso deberán porse en contacto coa UAC no 881997701, onde tentarán darlles unha solución.

(LINK)ESPAZO ABALAR

(LINK)Dispoñible un novo manual para as familas de  ESPAZO ABALAR 

 

 

(LINK)Gardarroupa: prendas extraviadas no centro

 

(LINK) 

 Horario do Equipo Directivo 2019/20

 

 DOCUMENTOS E FORMULARIOS DO CENTRO

(LINK)

Guía de apoio ao estudio

Igualdade - Día da Muller

 Semana por el Clima

 

EDUCACIÓN FÍSICA E ASMA

 

 

ABALAR MÓBIL

 

NOVIDADES- 2020

 

Guía de

lectura

 

 Obradoiros Infancia Adolescencia

 

 

 (LINK)

Libros de texto para o curso 2019/2020

Mantéñense os vellos, agás en EI xa que non autorizan cambios dende a Consellería

(LINK) 

Validación CELGA

 

(CONSULTE AQUÍ COMO FACELO)

Novas instruccións permanencia nos centros

Estimadas familias. 

Sairon publicadas novas instruccións sobre a permanencia dos membros do equipo directivo nos centros. (clica para ver completa)

A partires do luns permanecerá polo tempo imprescindible un membro do equipò directivo, polo que fixaremos como tempo de comezo as 10 horas. O ideal sería poder coordinarse e que no centro non tivera que estar por estar ninguén, xa que non se está a facer limpeza dos espazos nin dos puntos onde estamos a tocar como son chaves da luz, pomos das portas, ...

Por elo facemos fincapé en que se chame previamente ao 881866795, e saber quen vai vir ao centro, tentando que non coincidamos máis dos imprescindibles no centro.

Parece que o confinamento vai para longo, polo que, en especial aquelas familias que non dispoñen de internet e impresora na casa, sería boa idea que entre o luns e martes organizásemos a recollida dos libros de texto para tentar poder facer algo o alumnado nas casas.

Salientar que non sabemos ata que punto está xustificado o desprazamento a un centro educativo no caso de que nos paren os corpos de seguridade do estado, polo que estaría ben aproveitar o desprazamento ao super ou á farmacia para acercarse a recoller o material.

Evitemos en todo caso os desprazamentos innecesarios. Non sabemos aínda como artellará a Consellería esta crise a nivel de traballo, pois entendemos que algo tan xenérico como o traballo a través das TICs non chega a todos vós, pero para iso estaremos á vosa disposición. Cada familia pode mandar un mail de contacto e enviarémosllo a cada titoría.

Ánimo

RECOMENDACIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS

Estimadas familias.

Ante a situación de suspensión das actividades lectivas, queremos lembrar algunhas das recomendacións para tratar de evitar a expansión do corona virus. Nos gustaría telo feito dende o centro co alumnado pero a comunicación da suspensión das actividades lectivas pillounos por sorpresa e sen tempo de reacción.

A medida da supresión das actividades lectivas ten como finalidade evitar que o alumnado faga de transmisor do coronavirus. polo que é de sentido común evitar que os nenos e nenas esteán en contacto entre eles e  sobre todo con persoas de fora do ámbito familiar. Sería polo tanto aconsellable evitar as viaxes fora, acudir a centros comerciais, bares, cines,... e parques infantís. Pensade que está a retornar moita xente de fora, moitos deles procedentes de Madrid, por exemplo. Para ires facer a compra podemos evitar ir todos/as.

Recomendamos tamén o lavado das mans con frecuencia, con xabrón, durante 40 segundos alomenos e repasando ben toda a man.

Evitar tocarse a boca, os ollos e o nariz.

Ao tusir cubrirse a boca cun pano desbotable ou facelo contra o cóbado flexionado.

Evitar centros de saúde e hospitais na medida do posible.

En caso de ter contacto con persoas procedentes de zonas con alta incidencia da afección extremar as precaucións e estar atentos á sintomatoloxía.

En caso de síntomas (febre, tos seca, dificultades para respirar) dalgún membro da familia, contacta con número habilitado para elo: 900400016 ou 061 e seguir as indicacións. É importante sempre avisar da posible infección para que as autoridades sanitarias poidan tomar medidas contra a expansión na nosa contorna.

Lembramos que os expertos inciden na importancia no control da expansión do coronavirus, non só pola infección a que estamos expostos, pois o problema está tamén na saturación dos servizos sanitarios que pode levar ao colapso, polo que é responsabilidade de todos tomar medidas de precaución.

Lembramos que o centro permanecerá aberto para cuestións administrativas.

Calquera dúbida poden chamar directamente ao 881866795, número da dirección que estará desviado ao teléfono do director.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet