« Septembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

blogue deA Galiña Azul

Circular de Nadal

Xuntamos a circular de fin de trimestre con informacións que son do voso interese.

Felices festas do equipo de profesorado do CEIP Carlos Casares. Ata o ano que vén!

Mercado de Nadal na escola

Bo día familias:

O alumnado de 6º ten o pracer de convidarvos ao primeiro mercado de Nadal do Carlos Casares, que se celebrará o domingo 17 pola mañá no patio da escola. Haberá bebidas quentes, doces e fermosos agasallos elaborados polo alumnado e as súas familias. Teremos música en directo con Prosi e moita diversión. Achégate e desfruta con nós!!

Bicifestación

Dende o CEIP de Mallón, convídannos a unha xornada de sensibilización polo 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero. A saída será dende o campo de fútbol de Lourido e todo o percorrido será supervisado pola Policia Local de Nigrán. Animádevos  a participar!!

 

 

RISCOS NAS REDES

O pasado mércores da man da Garda Civil,tivemos a oportunidade de coñecer os riscos aos que se enfrontan os nosos/as fillos e fillas no acceso ás redes. Agradecemos á ANPA a organización e ás familias a súa participación!