Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Novas
Reunións de comezo de curso
A reunión inicial do curso será telemática e común para todos os grupos. Venres 4 ás 12 h. O datos da reunión foron enviados a través da aplicación AbalarMóbil. Perdón polas molestias. Os vales de material e libros poderanse recoller no centro o luns e martes, de 10 a 13 horas.
O vindeiro venres 4 de setembro terán lugar as reunións de inicio de curso e a recollida no centro dos cheques de libros e material.
10:00 Educación Infantil
11:00 1º, 3ºA e 3ºB de EP.
12:00 2º, 4ºA e 4ºB de EP.
13:00 5º, 6ºA e 6ºB de EP.
Tamén se poden consultar as propostas de protocolos para o comezo de curso. Esperamos as achegas de toda a comunidade educativa ao mail: ceip.caminho.ingles@edu.xunta.gal
información básica da adaptación das programacións didácticas
Unha vez publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, informamos do seguinte:
- As actividades lectivas do curso escolar seguirán ata a data prevista para o seu final.
- O profesorado revisará as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberá desenvolver o alum nado. Estas actividades poderán ser de recuperación, repaso, reforzo ou ampliación. Tamén adaptará os criterios de av aliación e cualificación, que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación do terceiro trimestre sempre e cando beneficie ao alumnado. A adaptación de cada programación estará á súa disposición a partir do día 13 de maio.
- A avaliación final ordinaria terá lugar unha vez finalizadas as actividades lectivas. O centro estableceu un procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria. Decidimos que:
A avaliación ordinaria sería a media da 1ª e da 2ª avaliación. A isto habería que sumarlle o resultado da 3ª, no caso de ser positivo.
A avaliación do 3º trimestre será:
- Realización con avaliación positiva de máis do 70% das actividades propostas _Sería susceptible de subir a nota media.
- Realización de entre o 50 ao 70% das propostas con distintas valoracións_Seguiría igual a nota pero non tería programa de reforzo.
- Realización de menos do 50% das propostas_Programa de reforzo para xuño, o verán ou o vindeiro curso.
- A promoción de curso será a norma xeral, considerándose a repetición de curso una medida moi excepcional, que non poderá estar baseada unicamente no número de materias non superadas, e deberá estar solidamente argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación para cada alumno ou alumna.
Suspensión das actividades lectivas e extraescolares
Dende a Xunta, en comparecencia de prensa, anunciouse a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partires do vindeiro luns e durante 14 días -a partires do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-. Máis información.
Reunión inicio de curso 2019-2020
Pago da lotaría
Xenial! Tocaron 24€ por participación. Poderanse cobrar a partires do día 8 de xaneiro, no colexio, en horario de oficina. Algo é algo. Felices festas!!!!!
Día non lectivo
Lémbrase que o vindeiro venres 13 non é lectivo.
Suspendidas actividades no exterior
En previsión de neve, a Consellería suspende as actividades no exterior dende as 12 de mañá día 22 ata a mesma hora do 23.
Xornada de portas abertas
Resultados da enquisa de convivencia
Pódense consultar no documento adxunto. Moitas grazas por participar. A opinión de todos/as é moi útil para elaborar o Plan de Convivencia.
Aviso de precaución nas entradas e saídas
Segundo informe da Policia Local, solicítasenos que extrememos as precaucións nas entradas e saídas posto que deixamos o coche aberto e as pertenzas á vista e xa houbo algún incidente.
Constitución da Comisión de Avaliación Individualizada de 3º
Ligazón: RESOLUCiÓN do 24 de abril de 2015