Web do CEIPP do Camiño Inglés
Novas
Entroido 2021
Plan de Consumo de Froita
Durante estas semanas participamos neste programa polo que o alumnado recibirá unha peza de froita na hora da merenda. Está financiado polo FOGGA e a Unión Europea.
Día da Paz 2021_Recollida de alimentos
Proceso de admisión 2021-2022
1. Calendario do proceso e prazos
- RESERVA DE PRAZA. 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES de Oroso:
Reserva de praza on line.
Impreso en papel. Cumprimentar e entregar no noso centro.
- Desempate. Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado. Antes do 1 de marzo.
- Vacantes. Antes do 1 de marzo. Publicación das vacantes que hai no centro.
- Portas abertas. En función da situación sanitaria optarase por unha modalidade presencial ou telemática.
- Solicitudes do 1 ao 20 de marzo. Prensentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo).
- A solicitude será única segundo o modelo Anexo II. Coas seguintes posiblidades:
- Cumprimentarse na aplicación.
- Descargarse e cumprimentar de forma manual: Anexo II.
- Recollerse no centro.
Nestes casos a instancia sempre deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
- DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 días hábiles a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
- LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes).
- MATRÍCULA. 20 A 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula do alumnado admitido.
2.Lexislación e información xeral do centro.
Información sobre admisión no centro.
- Decreto de admisión de alumnado.
- Orde de admisión do 12 de marzo de 2013.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017. Modificación da Orde de admisión.
- Anexo II. Formulario de solicitude de admisión. Do 1 ao 20 de marzo.
Ligazón para cumprimentar na aplicación.
Información xeral do centro.
Visita virtual.
Información sobre o punto do baremo propio.
Reunión informativa virtual: 22 de febreiro.
3. Oferta de prazas para o curso 2021-2021
4. Publicación de listaxes.
5. Horario de matrícula.
Horario de oficina durante o proceso:
9:15 a 10:00
13:25 a 14:15
Nadal 2020
Bo Nadal e un Feliz 2021
Premio Camiño de Santiago 2019
Boletín de nadal da biblioteca
VI Concurso de relatos de medo
Fagamos que o Nadal 2020 sexa a época máis marabillosa deste ano
Este Nadal estamos a participar nun proxecto etwinning con centros doutros países europeos.
Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado
01/12_Publicouse listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as. Pódese consultar no tabaoleiro do centro. Ábrese un prazo de dous días para reclamacións. O xoves publicarase a listaxe definitiva e o venres procederase ao reparto das máscaras.
Publicouse a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.
O prazo finaliza o 26 de novembro.
