Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Mirando polo Camiño
Colabora con nós
Mirando polo Camiño_Visita de Marcial Rodríguez
No día de hoxe, 25 de abril de 2019, recibimos a visita do arquitecto Marcial Rodríguez. Nunha interesante charla descubrimos como se desenvolve o traballo para definir e delimitar os tramos do Camiño de Santiago. En concreto, como foi o proceso de delimitación do Camiño Inglés ao seu paso por Oroso. Moitas grazas.
Entroido 2019
Imaxes da visita da Embaixadora de Hungría a Radio Ü
Entrevista a Erikö Györi. Embaixadora de Hungría en España.
Saída polo Camiño Inglés co CEIP Sigüeiro
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha saída para completar o tramo do Camiño Inglés que transcurre polo Concello de Oroso. Moitas grazas a Manolo Pazos polas suás precisas explicacións.
Día de Europa 2018
O alumnado de 6º de EP con motivo do Día de Europa explica ao resto do centro a súa viaxe polo Reino Unido. Imaxes.
Participación en diversos certames
O alumnado do centro participa en varios certames do Concello de Oroso acaparando os distintos premios.
III Certame de investigación sobre o Camiño Inglés
1º Premio_Álex e Manolo
2º Premio_Carla e Erika
3º Premio_Antonio, Alberto e Aarón.
Carta a János Zádori
1º Claudia González
2º Alba Arosa
Parabéns
Viaxe a Edimburgo/Durham
Xa de volta da viaxe a Edimburgo/Durham. Todo foi estupendo como se pode ver nas fotografías. Moitas grazas a todos/as os que colaboraron a facer este camiño posible.
https://photos.app.goo.gl/gCqABv2KWiCWetiu1
Plan de desenvolvemento europeo
Apróbase por unanimidade do Claustro do profesorado e o Consello escolar, o Plan de desenvolvemento europeo que se achega.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
