Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Protexe os animais
Visita dos axentes do III Distrito Forestal
Can de asistencia
Repercusión na prensa da inclusión dun can de asistencia no colexio.
https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/un-perro-asistenci...
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/10/02/marshall-mejor...
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-3921985?t=2581?t=2583
Semana Verde de Silleda
Como o noso conto para Pi gustou, tivemos a oportunidade de asistir a unhas actividades organizadas pola Consellería de Medio Ambiente sobre Parques Naturais na Semana Verde en Silleda. As fotos dan boa fe do ben que o pasamos.
É moi importante coidar do noso patrimonio natural, é onde vivimos pero tamén o habitat dos animais que nos rodean.
Adoptada!
Oxalá puidesen ser moit@s máis pero algo é algo... Ylai xa non ten que vivir no Refuxio porque atopou unha familia. Recordades o cuestionario de preadopción? Pois cubrímolo para adoptar a Trece, despois pensamos en Larsi e ao final veu Ylai. En realidade non importa a cal lle damos unha segunda oportunidade, o caso é darlla.
E recordamos que cando se adopta un can, neste caso unha cadela, hai que tomalo con calma xa que é lóxico que lle leve tempo adaptarse ao seu novo fogar. Imaxes
"La razón de estar contigo"
Tocou película sobre a temática dos cans, unha longametraxe de Lasse Hallström baseada na novela de Bruce Cameron. Conta a historia dun can con moitas vidas e de todo o que lle vai pasando, pero tamén é a narración das relacións dos humanos vistas dende os seus ollos. Nela aprécianse os lazos que existen entre eles. Con esta peli, rimos, choramos, emocionámonos,.... Iso sí, fixemos o experimento de poñela nunha clase que estivo no proxecto todo o curso e noutra que non o estivo...e podemos asegurar que o público non reaccionou igual, sacade conclusións... Imaxes
Se queredes saber de que vai aquí tendes o trailer.
Poemas Dixitais
Como tiñamos tanto que dicir e tanto no corazón, decidimos escribir máis poemas pero desta vez aproveitando os nosos coñecementos dixitais e dándolles outro aire, aquí están para que os poidades ler.
Os nosos poemas
A visita ao Refuxio cargounos de emocións e vivenzas, decidimos darlle liberdade a todos eses sentimentos escribindo uns poemas. Esperamos que vos gusten. Imaxes
Somos noticia!
A nosa visita de onte ao Refuxio foi recollida hoxe na prensa. Botádelle unha ollada aquí!
Chegou o día!
Por fin o tempo acompañou e puidemos ir a Cambados a facerlles unha visita a Pitín, Guismo, Trece, Espe, Perraca, Raya, Ylai e tant@s máis. A verdade é que unha cousa e ler as súas historias nunha páxina web e outra ben distinta é telos diante de ti.
Paseámolos, bañámolos, démoslles de comer, ata asistimos como lle deron a medicación a Pitín e todo. Foi incrible. Só foron unhas horas pero xa nos encariñamos un montón con eles. O duro foi ter que deixalos alí. Hoxe aprendimos moitísimo, hoxe sentimos moitísimo, hoxe vivimos moitísimo. Grazas Olga e tod@s @s voluntari@s por darnos a oportunidade de participar desta experiencia! Imaxes
Menuda sorpresa!
A que non sabedes que chegou hoxe ao cole? Pois un exemplar para tod@s do conto que lle léramos a Pi, "Sultán non ten microchip" Menuda ilusión que nos fixo!
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
