Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Muller tiña que ser 2x02_María José Alonso
Clases de teatro
Menú comedor outubro 2022
Muller tiña que ser 2x01_Ángeles Ruíz Robles
Programación Xeral Anual 22_23
Menú comedor setembro 2022
Libros de texto 2022-2023
Preinscrición 2022_23 Escola de baloncesto Camiño Inglés Obradoiro Oroso
Cronograma Proxecto Schola
Proxecto Schola
Escola (do grego: scholé; e latín: schola) ou colexio é o nome xenérico de calquera centro de ensino, especificamente os do ensino primario. O significado orixinal en grego era tranquilidade, tempo libre, que despois derivou en aquilo que se fai durante o tempo libre e, máis concretamente, o que paga a pena facerse.
Durante o vindeiro curso queremos reflexionar sobre o papel da escola na nosa sociedade, que importancia ten no mundo no que vivimos, quen son as persoas que traballamos nesta institución, cal é a súa historia na nosa contorna, comprobar se na maioría de lugares a escola é coma a nosa, que futuro ten coas novas tecnoloxías.
A partires desa reflexión queremos deseñar fisicamente a escola dos nosos soños, imos transformar os seus espazos para convertela nun lugar adaptado ao concepto de escola que queremos.
Por iso, invitamos a toda a comunidade a formar parte desa transformación para que ao final do curso 22/23 inauguremos de novo a nosa escola, a escola na que fagamos o que paga a pena facerse, a escola dos nosos soños.
Vémonos o día 6 de setembro ás 11 da mañá con todos os detalles.
E para despedirnos, que mellor que coñecer algo máis dunha docente e investigadora, Ángeles Alvariño.
Bo verán.
Muller tiña que ser 1x03_Olimpia Valencia
Resultados da Enquisa de satisfacción 21_22
Radio Ü_Ver para crecer (Entrevistas)
No programa Erasmus+ KA101 tivemos a oportunidade de visitar centros educativos en Portugal, Italia e a República Checa. A partires destas entrevistas pódese coñecer algo mellor como son os sistemas educativos deses países, cales son as boas prácticas que realizan nos seus centros, e en definitiva, reflexionar sobre o papel da escola. Eso sí, en varios idiomas.
Reunión Inicio de Curso
Plan Proxecta_Vexo Veo Xacobeo
CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés - VEXO VEO XACOBEO 21·22 from Xunta de Galicia on Vimeo.
Carboeiro Escolar nº8 2022
Exposición final Erasmus+ KA122 SCH_James Rice
Proxecto Cardume Completado
Actividades extraescolares 22-23
Novo Programa Radio Ü - MuLLeR TiÑa QuE SeR
Novo programa en Radio Ü, “Muller tiña que ser”, un espazo pensado para poñer en valor as vidas, traballos, obras e logros de moitas mulleres esquecidas ou pouco coñecidas ao longo da historia. Un micro aberto, tamén, para todas aquelas mulleres que hoxe queren alzar as súas voces en prol da igualdade de xénero e de oportunidades.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »