Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Onde estamos
Axudas Libros de Texto e Material
Espazo Pendeloque
O Espazo Pendeloque comeza a crearse no ano 2019 grazas a unha colaboración entre o CEIP do Camiño Inglés e o Concello de Oroso. No curso 19_20, o centro educativo realizou diversas iniciativas relacionadas co estudo do pasado entre as que se atopaba a creación deste espazo. Formado case na súa totalidade co material aportado polo historiador Manuel Pazos, que pretendía un achegamento á cultura tradicional galega para alumnado e visitantes. O seu nome deriva do achado arqueolóxico máis importante da zona: o tesouro de Recouso, no que son pezas destacadas as arracadas, chamadas popularmente pendeloques.
Durante o presente curso contamos con dúas mostras: unha relacionada coas festas e outra que dá conta dos dez anos que cumpre o noso centro.
Pódese visitar mediante inscrición previa a través desta web.
As visitas serán os luns de 16 a 18 h.
Para poder visitar o Espazo Pendeloque hai que anotarse neste formulario. Poñerémonos en contacto con vostede para marcar a cita definitiva. Moitas grazas.
Lectura e Familias_Pablo Otero
One Day Camp Letras Galegas 20 de maio
Excursión de Primavera
Menú comedor maio 2024
Way Cup 24
Carreira pedestre Concello de Oroso
VII Certame de Entrevistas Radiofónicas
Admisión 24_25
24/04/2024_Publicada listaxe provisional de admitidos/as e excluidos/as. Pódese consultar no taboleiro de anuncios interior do centro. Ábrese un prazo de cinco días para reclamacións.
RESERVA DE PRAZA. 16 de xaneiro ao 6 de febreiro. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES de Oroso. Reserva de praza on line.
Impreso en papel. Cumprimentar e entregar no noso centro.
VACANTES
4EI_20 |
5EI_0 |
6EI_0 |
1EP_0 |
2EP_0 |
3EP_0 |
4EP_0 |
5EP_14 |
6EP_10 |
PERÍODO DE ADMISIÓN. Solicitudes do 1 ao 20 de marzo. Prensentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo).
A solicitude será única segundo o modelo Anexo II. Coas seguintes posiblidades:
- Cumprimentarse na aplicación.
- Descargarse e cumprimentar de forma manual: Anexo II.
- Recollerse no centro.
Nestes casos a instancia sempre deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 días hábiles a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
Obterán un punto no proceso de admisión aquelas solicitudes que acrediten residir ou traballar no núcleo urbano de Sigüeiro.
LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes).
MATRÍCULA. 20 A 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula do alumnado admitido.
LEXISLACIÓN E INFORMACIÓN XERAL DO CENTRO.
- Decreto de admisión de alumnado.
- Orde de admisión do 12 de marzo de 2013.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017. Modificación da Orde de admisión.
Escola de Familias_Primeiros Auxilios
VII Campionato de baloncesto 3x3 CEIP do Camiño Inglés
Introduce o nome e apelidos de cada un dos compoñentes do equipo:
Menú comedor abril 2024
VIII Semana Solidaria de Teatro
Número agraciado coa camiseta: 650
Campamento de Conciliación
Charla miopía
Menú comedor marzo 2024
Pegadas no Camiño
Especial Entrevista Dawn Thomas
Menú comedor febreiro 2024