Skip to Content

BLOG DE INGLÉS

A FRAGA DOS SOÑOS

        

MÚSICA NO COLE

SÉGUENOS NAS REDES SOCIAIS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

O alumnado de sexto que marcha ao instituto tramitará as axudas no centro no que vaia cursar 1º da ESO.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

APLICACIÓN FONDO LIBROS

 

 

RESERVA E ADMISIÓN DE ALUMNADO

TODO O ALUMNADO QUE FIXO A RESRVA DE PLAZA NO NOSO CENTRO ESTÁ ADMITIDO. PODEDES CONSULTAR O LISTADO NO CENTRO OU BEN A TRAVÉS  DE  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/#

 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

 

CLICA NA IMAXE PARA VER A INFORMACIÓN

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

 

ESPERÁMOSTE NO CEIP FERMÍN BOUZA BREY!!!

 

PICA NO ADXUNTO SE QUERES DESCARGAR O IMPRESO DE SOLICITUDE PARA PRESENTAR NO CENTRO.

 

 

PILABOT, RECILAMOS CON RESPONSABILIDADE

HOXE CONTAMOS NO CENTRO CO OBRADOIRO "PILABOT". SOMOS AFORTUNADOS XA QUE SOAMENTE 50 CENTROS ESCOLARES DE TODA GALICIA RECIBEN ESTA FORMACIÓN PARA O ALUMNADO. ANIMÁMOSVOS A SEGUR TRAENDO PILAS E BATERÍAS AO COLE, TEMOS GANAS DUN PREMIO!!!

 

 

 

      

BENVIDOS E BENVIDAS, ALUMNADO DO CRA PICARAÑA

DAMOS A BENVIDA AO ALUMNADO DO "CRA PICARAÑA" QUE ELEXIU O NOSO CENTRO PARA CURSAR 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA O PRÓXIMO CURSO XA QUE TODOS TEÑEN XA A SÚA PRAZA ASIGNADA POR SER CENTRO ADSCRITO. ESPERÁMOSVOS CON MOITA ILUSIÓN!!!

NOVA DATA DE PORTAS ABERTAS NO CENTRO

ANTE AS CHAMADAS DE VARIAS FAMILIAS QUE NON PUIDERON VIR NAS DATAS FIXADAS, AMPLIAMOS UNHA VISITA MÁIS O DÍA 8 DE MARZO, MARTES, ÁS 16.30 PARA TODAS AQUELAS PERSOAS QUE QUEIRAN VISITAR O CENTRO E NON PUIDERON FACELO.

MOITAS GRAZAS POLO VOSO INTERESE

 

ENTROIDO: ORDES DO MECO

ADMISIÓN DE ALUMNADO

A PARTIRES DO 1 DE MARZO E ATA O DÍA 20 DO MESMO MES PODEDES FACER A PREINSCRIPCIÓN PARA ALUMNOS E ALUMNAS DE NOVA MATRICULACIÓN NO CENTRO ESCOLAR. EN BREVE, COLGAREMOS NA WEB A INFORMACIÓN COA DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA DITO TRÁMITE.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

QUE DEBEMOS FACER ANTE O COVID NO CENTRO EDUCATIVO?

                                   

FELICES FESTAS

A FAMILIA EDUCATIVA DO CEIP FERMÍN BOUZA BREY DESEXÁMOSVOS UN FELIZ NADAL E UN PRÓSPERO ANO NOVO 2022 CHEO DE SAÚDE E FELICIDADE!

 

                             

                                 

POSTAL REALIZADA POR NOA VAQUEIRO PEREIRA DE 6º C DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CANDIDATAS SELECIONADAS PARA FORMAR PARTE DO CONSELLO ESCOLAR POLO COLECTIVO DE PAIS/NAIS DO CENTRO

As candidatas elixidas son:

Lucía Álvarez Carballo

Patricia Vázquez

Mª Lucía Martínez Lago

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Segundo a Orde do 28 de outubro do 2021 pola que se regulan os criterio e o procedemento de distribución de máscaras  entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes dependentes da Consellería no curso 21/22:

 

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

 

b) Ten que presentar solicitude:

CANDIDATURAS DO COLECTIVO PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Reunida a Xunta Electoral, considera admitir como válidas as seguintes candidaturas para o colectivo de pais/nais do Consello Escolar:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut