Skip to Content

BLOG DE INGLÉS

A FRAGA DOS SOÑOS

        

MÚSICA NO COLE

SÉGUENOS NAS REDES SOCIAIS

           

RESERVA DE PRAZA

RESERVA DE PRAZA - CURSO 2023-24

             O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Fermín Bouza Brey que desexe continuar os seus estudos no centro adscrito IES VAL DO TEA, deberá realizar a reserva de praza.

            O prazo para a presentación das solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 febreiro.

            A normativa que o regula é a seguinte:

            Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión e alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 , do 3 de maio, de educación.

            ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

- a través da aplicación informática admisión alumnado.

a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

ou ben cubrindo o impreso de solicitude  presentándoo asinado e en prazo na Secretaría do CEIP Fermín Bouza Brey.

 

 A listaxe do alumnado con posto reservado deberá ser publicada o 22 de febreiro no IES VAL DO TEA



blog | by Dr. Radut