O mércores 24 de maio o alumnado do Centro tivo unhas charlas relacionadas coa campaña de saúde bucodentala cargo do colexio de odontólogos e estomatólogos de Galicia.
Cando remataron obsequiáronlles con unha mostra de colutorio e pasta dental. Por outra banda o alumnado de Ed. Infantil , 1º e 2º cursos de ED. Primaria visitaron a farmacia de Baíñas onde tamén os obsequiaron con mostras e crema solar.
Rapaces e rapazas mirade pola vósa saúde: Coidade os vósos dentes!! eprotexédevos do sol!!
O programa "Navega con Rumbo", a cargo da rede de enxeñeiros informáticosde Galicia que ofrecen aos Centros a posibilidade de informar ao alumnado e ás familias sobre os perigos de internet e das redes sociais.
Algo moi útil e que procuramos facer todos os anos co alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.
O mécores 15 de maio visitamos a localidade de Camelle, onde en colaboración con distintas asociacións da zona, procedemos á colaborar co medio ambiente coa limpeza da praia.
Foi unha actividade que nos quedara pendente de facer. Ademáis tamén aprobeitamos para visitar algúns museos da localidade coma o "Mar de Fábula", onde había pezas de arte feitas con materiais de refugallo, que aparecían na praia.
Tamén visitamos o museo do Naufraxio onde coñecemos historias de naufraxios que ocorreron na nosas costas.
A segunda actividade de animación á lectura o luns 15 de maio. foi a cargo dunha contacontos en galego pola semana das Letras Galegas. Ademáis traballamos ao autor homenaxeado: Francico Fernández del Riego, a nivel aula, onde realizamos actividades propostas na web do Seminario Galán.
Entre finais de Abril e primeiros de Maio, xuntámonos con dúas actividades de animación á Lectura.
A primeira tivo lugar o venres día 12, Miguel López, "O Hematocrítico", un escritor e mestre coruñés que visitou o noso Centro. Previamente lemos algúns dos seus libros. Fixemos un encontro literario, onde nos asinou os seus libros, e nós agasallámolo con algúns "Booktrailers" sobre algúnhas das súas obras. Foi moi amable e simpático.
O venres 5 de maio fixemos unha saída á Coruña para participar no "CORRELINGUA", logo de facer unha andaina dende o Estadio de Riazor á Torre de Hércules, alí xuntamonos varios Centros de ensino de A Coruña e da provincia; onde reivindicamos falar e defender a nosa lingua, lemos varios manifestos, escoitamos tamén á alcaldesa da cidade, que facía entrega dos premios á mellor animación e á mellor "pancarta". Ao final rematamos cun concerto dunha agrupación que cantaba en galego.
Despois de facer unha pausa para xantar nun dos parques ao pé da Torre, fomos visitar a casa do peixes ao Aquario Finisterrae.
O pasado venres 10 de marzo, fixemos unha excursión a Santiago de Compostela onde visitamos unha exposición na Cidade da Cultura, saltamos nas camas elásticas do MEGA JUMP nas Fontiñas e para rematar o día visitamos o Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago.
O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller con un mural conxunto e unha andaina, que por mor do mal tempo quedou pendente de celebrar de cara ao final de curso.