Skip to Content

alumnado

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Para conmemorar este ano o Día da Paz lanzamos as nosas mensaxes ao ár cun diseño de aspas!

Foi moi bonito e divertido!

Logo, aproveitando que conmemorábamos os 250 anos do estreno da Novena Sinfonía de Beethoven

Interpretamos o Himno á alegría coa letra de Miguel Ríos!

Por un mundo sen guerras! Por un mundo con PAZ!

 

SAÍDA A SOGAMA

Para coidar e protexer a nosa contorna non podiamos deixar de aprender como tratamos os residuos na planta de SOGAMA.

Por iso fixemos unha saída o pasado 24 de xaneiro

Foi unha moi boa experiencia coa que aprendemos moito e ademais dirvertídonos grazas a recursos tan xeniais coma as gafas de RV (Realidade virtual)

Unha pasada! Axudádesnos a coidar o medio ambiente?

 

 

 

OBRADOIROS DE ED. AMBIENTAL

18 de xaneiro tivemos uns obradoiros de Ed.ambiental a cargo dos educadores da empresa NATURGY.

Estiveron dirixidos a Educación Infantil e a Primaria. 

Desenvolvemos actividades moi "chulas": Robótica, pintura fluorescente,... e todas enfocadas a protexer o medioambiente e ao aforro enerxético.

Pasámolo PIPA! 

 

 

SAÍDA A SANTIAGO: REPRESENTACIÓN NO AUDITORIO E NOVA JUMP

O 30 de novembro de 2023 tivemos a nosa primeira excursión do curso á capital de Galicia, para asistir, no auditorio a unha función a cargo da orquestra sinfónica: "Pucinella"

E a continuación pasámolo fenomenal nas camas elásticas de "Nova Jump". Outro gran día no que disfrutamos un montón!

 

 

 

SAMAÍN 2023

O pasado martes 31 de outubro celebramos o Samaín con actividades variadas: Exposicións de lecturas, contos e relatos compartidos, obradoiros de cociña, disfraces, cabazas e ambientación a tope do Colexio e da Biblioteca escolar.

Pasámolo de MEDO!!

       

SEMANA DAS BIBLIOTECAS

Na derradeira semana de outubro, como ven sendo habitual celebramos a semana das bibliotecas escolares visitando a casa da cultura cunha actuación de maxia, facendo exposición das novidades da nosa biblioteca, lecturas compartidas e apadriñamentos lectores a cargo do alumnado de sexto curso ao alumnado de Ed. Infantil. Tamén presentamos o noso PDI de biblioteca ás familias e ao alumnado.

 

OBRADOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE

O pasado día 16 de outubro de 2023 tivemos co alumnado uns obradoiros para fomentar o consumo responsable e o coidado do medio ambiente a cargo da Escola Galega de Consumo. Unha das actividades que levamos a realizar con frecuencia nestes últimos cursos.

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO DO CEIP BAÍÑAS CURSO 2023-24

Presentamos a listaxe de libros de texto do CEIP Baíñas para o curso 2023-24. Preman na imaxe ou no documento adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut