Normalización lingüística
Día de Rosalía 2023
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro gravando un vídeo xunto ao mural da escritora. O alumnado de cada aula recitou un fragmento do poema Has de cantar. Este é o resultado.
DÍA DO NÚMERO PI_2022
Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.
Despois de dous anos sen celebración, había moitas ganas de recuperar a xincana. A experiencia foi tan positiva como en anos pasados e todo o alumnado está a desexar que chegue o 3/14 do 2023 para xogar outra volta co número pi.
Día Internacional da Lingua Materna 2022
O 21 de febreiro celebramos o Día Internacional da Lingua Materna para promover a consciencia sobre a pluralidade lingüística. Na Solaina presentamos durante todo o día de hoxe unha serie de vídeos de música infantil en diversas linguas do mundo: portugués, asturiano, éuscaro, catalán, italiano, neerlándés, galés, sueco, árabe, xaponés, nahuatl ou... galego.
Na imaxe podes acceder á proposta do Portal da Lingua Galega.
Bases Concurso "PASÁMOLO BEN" 2021
BASES DO IX CONCURSO DE DEBUXO ESTARRECEDOR “PASÁMOLO BEN “ E DO XII CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO BEN “: enlace.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »