1º Ciclo

Saída Alvarella

Xa están dispoñibles as fotos do alumnado de 1º e 2º ás instalacións de Alvarella.

Saída a Ferrol

No enlace pódense ver as fotos das saídas a Ferrol do alumnado de 1º e 2º efectuadas os día 7 e 9 de febreiro.

Obradoiro sobre a linguaxe de signos

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, durante o mes de decembro, está a realizar unha Campaña de sensibilización dirixida principalmente ao alumnado de 1º de primaria dos colexios de Narón.

Esta Campaña achega ao alumnado máis pequeno a linguaxe de signos a través do visionado de vídeos, xogos... dun xeito lúdico e participativo. 

Profundizando nas profesións

No marco do "Programa de charlas acerca das diferentes profesións" que se está a celebrar co alumnado de 2º de Educación Primaria, programa co que se pretende profundizar nas profesións dos seus pais, esta mañá tivo lugar a ponencia "A Policía Local" a cargo de Jaime Alberto Domínguez, policía local de Ferrol.

Durante a súa intervención, ademais de presentar o día a día do seu traballo, mantivo un coloquio co alumnado e deu resposta ás principais curiosidades deles acerca da súa profesión.

O entusiasmo de todos os presentes, nas imágenes da galería.

Os instrumentos tradicionais na educación primaria


O inicio do curso o alumnado de 1º e 2º de educación primaria festexouno participando nun obradoiro sobre a "Música e os instrumentos musicais tradicionais". 

As actividades promovidas polo Padroado de Cultura permitiron que o noso centro recibira á Xove Banda de Música de Narón e así, achegar a música e os instrumentos tradicionais da nosa cultura aos máis noveis da educación primaria. 

 

Imaxes da galeríafermoso vídeo da Asociación Cultural Musical Sementeira

 

 

Imos de compras

 Os cursos de 1º de primaria no segundo trimestre levaron a cabo un proxecto a partires do libro: "Gústame o chocolate"

Decidimos probar unha receita de chocolate. E, despois de prepararnos na aula, saímos a mercar os ingredientes ao supermercado Alcampo coa nosa lista da compra e a carteira chea de cartos!

                     

Máis imaxes na galería

O proxecto culminou cunha deliciosa fondue de froita con chocolate que preparamos e degustamos na aula.

                            

Máis imaxes na galeria

MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN!!! 

Saída ao Muíño de Pedroso-1ºEP

O xoves, día 23 de abril, os cursos de 1º de primaria participaron en tres obradoiros

no Muíño de Pedroso:

Obradoiro de elaboración de queixo, obradoiro de perfumaría natural onde preparamos unhas relaxantes sales para o baño e obradoiro da horta onde plantamos sementes.

Imaxes das actividades da galería.

                                       

 

 

Betanzos - Chelo-1º ciclo

Visita a Betanzos, Chelo, Pasatempos do alumnado do 1º ciclo o martes, 17 de xuño.

NOTA INFORMATIVA PRIMEIRO CICLO

Poñemos en coñecemento dos pais/ nais /titores  do 1º cilo de educación primaria que a saía a Betanzos,  realizarase o martes. día 17 de xuño.

 

 

Distribuir contido