ENTROIDO NA SOLAINA

O día 1 de marzo, venres, celebraremos o Entroido na Solaina. Realizaremos un pasacalles polo barrio con saída prevista para as 10:00 horas. O percorrido será o que aparece no plano. En caso de chuvia, cancelarase o pasacalles, e a celebración será só para o alumnado no propio centro educativo.

 

Pregamos as familias que non se metan no medio do desfile para non interferir na marcha nin provocar retrasos.

 

 

O Meco "Loco"  farase na semana do 25 de febrero ata o propio 1 de marzo e os seus mandatos son os seguintes:

1º día (luns): “ Para o Entroido comezar un calcetín de cada cor deberás levar.”

2º día (martes): “Para adornar o teu pescozo trae algo asombroso.”

3º día (mércores): “ Na cabeza, na cabeza gorro perruca ou pañoleta.”

4º día (xoves): “ E para continuar a túa cara has de adornar.”

5º día (venres): “Saias, vestidos, camisa, tul, capa,…o que ti queiras traerás e o Meco Loco rematarás.”

O equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares