Chegou o Nadal á Solaina
(ORGANIZACIÓN DESTA FESTIVIDADE)
Preparando a benvida de PAPÁ NOEL!!!!
e...
falando con el por videoconferencia!!!!
PANXOLIÑAS: BURRITO SABANERO LOS REYES MAGOS NADAL ES NAVIDAD AS CAMPÁS VOLVER Á CASA POR NADAL VUELA, VUELA A CAMPÁ
Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas
Novembro: mes da ciencia en
galego nas bibliotecas.
- FOLLETO INFORMATIVO SOBRE ESTA CELEBRACIÓN.
- MANIFESTO PARA O MES DA CIENCIA EN GALEGO.
- ÁNXELES ALVARIÑO, OCEANÓGRAFA GALEGA.
No Samaín 2015...
Este ano, no CEIP A Solaina temos ganas de Samaín. Quixemos conmemorar esta festa de orixe celta con diversas actividades.
Ambientamos o colexio durante esta última semana de outubro do 26 ao 29. Decorouse a entrada do centro con murais e lendas do Samaín.
Durante a semana os rapaces e rapazas trouxeron cabazas decoradas de moitas formas orixinais e divertidas, así coma inxeniosos obxectos decorativos.
O prato forte?... estes días 28 e 29, días nos que podemos visitar...
a "Casa do ARREPÍO"
Galería de imaxes.
APRENDO PEDALEANDO
9ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR .27-5-2016
O venres 27 de maio se celebrou a 9ª Marcha cilcista escolar organizada polo equipo de educación viaira do concello de Narón. Este ano participamos preto de 200 persoas entre alumn@s, mestres-as, nais, pais e familiares do colexio da Solaina.
Na galería de esta web podedes ve-las imaxes da actividade.
Esta actividade serve como remate do curso escolar 2015-16.
Aproveitamos para agradecervos a vosa colaboración ao longo de curso e dexesarvos unhas merecidas e felices vacacións.
1ª semana da mobilidade e seguridade viaria do Concello de Narón.
Dende o concello de Narón vense de organizar a 1ª semana da mobilidade e seguridade viaria do concello de Narón que terá lugar do luns 23 ate o domingo 29 de maio, cunha chea de actividades moi variadas para tódolas idades.
Na páxina principal de esta web podedes ve-lo programa completo das actividades ao longo de esa semana da mobilidade.
Visita ao Pazo da cultura: "2021 unha odisea na Terra"
Os días 20 e 22 de abril os alumn@s de 3º,4º,5º e 6º de primaria foron convidados a ve-la obra de teatro "2021 unha odisea na Terra" no Pazo da cultura de Narón. Esta actividade foi organizada polo equipo de educación viaria do concello e participaron tamén @s mestr@s e @s pais/nais dos alumn@s.
Os alumnos de 3º e 4º foron ata o Pazo en bici para conmemora-lo día mundial da bicicleta e os de 5º e 6º foron a pé, sempre acompañados pola policía local e emerxencias Narón ao longo de todo o percorrido.
Esta obra de teatro foi escrita,dirixida e interpretada polos profesores e alumn@s da escola de teatro do concello de Narón para o público infantil ao que vai dirixida.
Podemos ver algunhas imaxes de esta visita premendo na imaxe seguinte.
Visita á reciclaxe de pneumáticos na Gándara. 26-2-2016.
O venres 26 de febreiro pasado, os alumn@s e titores de 5º curso de primaria fixeron unha visita ao almacén de reciclaxe de pneumáticos que hai no polígono da Gándara. Foron acompañados polo equipo de educación viaria do concello de Narón que organizaron esta visita. Se dirixon ata alí en autobús, xa que o tempo non era o propicio para facelo en bici como estaba programado.E unha vez nas instalacións, os monitores do taller encargáronse de dar as explicacións oportunas sobre o uso e a reutilización dos pneumáticos xa usados. Despois de un pequeno refrigerio cortesía do taller visitaron as instalacións e visionaron uns audiovisuais sobre a reciclaxe de estos pneumáticos, para voltar de novo ao colexio no autobús.
Podedes ver algunhas imaxes de esta visita de seguido.
PISTA EDUCACIÓN VIARIA INFANTIL.XANEIRO 2016.
Os alumnos-as de educación infantil do colexio participaron nas actividades de educación viaria programadas polo equipo do concello de Narón.
Na pista preparada para tal fin, foron facendo as súas prácticas tanto como peóns como condutores baixo a supervisión dos axentes e do monitor do equipo para prepararse a dar os seus primeiros pasos nas rúas de xeito atónomo.
Tod@s seguiron as indicacións e consellos dos monitores e así conqueriron cadanseu carnet de policía infantil para "vixiar" tamén aos adultos.
Noraboa a tod@s e a seguir practicando.
Podedes ver algunhas imaxes de seguido.
Calendario 3º trimestre.
MES |
DÍA |
ACTIVIDADE |
CURSO |
Abril |
Mércores,20 |
Teatro no Pazo en bici. |
3º e 4º |
Abril |
Venres,22 |
Teatro no Pazo a pé. |
5º e 6º |
Maio |
Martes,24 | Parque de emerxencias | 2º |
Maio |
Mércores,25 |
Parque de emerxencias |
1º |
Maio |
Venres,27 |
9ª Marcha ciclista escolar |
3º,4º,5º e 6º |
Abril, 2016.
Actualizado 29 /10/2015
- Charla coloquio educación viaria da DGT da Coruña:1º e 2º EP
- NADAL 2015
- 2ª MARCHA POLA IGUALDADE DE XÉNERO. CONCELLO DE NARÓN. 25 -11-2015
4º EP
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »