Saída a Ferrol

No enlace pódense ver as fotos das saídas a Ferrol do alumnado de 1º e 2º efectuadas os día 7 e 9 de febreiro.

ACNUR NA SOLAINA

O alumnado de 4º, 5º e 6º puido escoitar hoxe, 9 de febreiro, a membros de ACNUR, a Axencia da ONU para os Refuxiados, que nos estiveron a contar a súa experiencia con diversos tipos de urxencias no mundo e sobre a situación xeral dos refuxiados.

 

 

DÍA DA PAZ

Pincha no enlace para ver as fotos do Día da Paz na Solaina.

Saída de 3º á Coruña

No enlace podes ver as fotos do día 30 de xaneiro, na saída á Coruña do alumnado de 3º.

PROGRAMA "BICA E ARRINCA".

O equipo de educación viaria do concello de Narón ven de poñer en marcha, dentro do plano de mobilidade, o programa BICA E ARRINCA para a contorna do colexio.

Os obxectivos principais son: desconxestionar e dar maior seguridade nas horas da entrada e saída dos alumn@s no colexio.

No arquivo adxunto pódese ler unha breve explicación do programa.

                                                 

 

 

Boas Festas!

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP A SOLAINA DESÉXAVOS

BO NADAL!

VOLVEMOS O 9 DE XANEIRO 

 

FRAN REI NA SOLAINA

Hoxe, 19 de  decembro, contamos coa presenza do recoñecido cómico Fran Rei, que desenvolveu o espectáculo O Conto da Barriga Verde, mestura de tres obras de Manuel María na que aboian narración oral, humor e maxia. Grazas á colaboración do Padroado de Cultura e á Deputación da Coruña, o alumnado de 6º pasouno de cine na Biblioteca. Esperamos por outra actuación tan sinalada do gran actor.

CAMPAÑA SOLIDARIA DE DOAZÓN DE BICIS 2016.

O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA RETOMA A CAMPAÑA DE DOAZÓN E REPARACIÓN DE BICICLETAS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA RETOMA A CAMPAÑA DE DOAZÓN E REPARACIÓN DE BICICLETAS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN

 O equipo de Educación Viaria Escolar do Concello de Narón, dependente da Concellería de Seguridade Cidadá, pon novamente en marcha a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”. O concelleiro responsable da área, Guillermo Sánchez Fojo, destacou esta iniciativa, que permitirá un ano máis “reparar as bicicletas doadas por particulares para colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón, onde se entregarán as bicis para que se poidan repartir entre os nenos e nenas con menos recursos e usuarios deste servizo”.
As persoas interesadas en colaborar nesta proposta solidaria poden entregar as súas bicicletas usadas no seu propio centro escolar –en horario lectivo- ou no Concello, en horario de mañá, ata o vindeiro 22 de decembro.
 
                   MOITAS GRAZAS e FELICES FESTAS  a tod@s.

CAMIÑOS SEGUROS: COLABORACIÓN CO PROXECTO GEOMOVE

Estimado miembro de la comunidad educativa,

 
Desde el cartoLAB , laboratorio del Grupo de Investigación sobre Visualización Avanzada y Cartografía de la ETS de Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos de la Universidade da Coruña, y el resto de miembros del equipo GEOMOVE, queremos agradecerle su interés por colaborar con este proyecto sobre análisis de la movilidad escolar [2].
 
Tal y como se ha explicado en anteriores mensajes, le hacemos llegar la clave de acceso que permitirá a todos los miembros de su centro educativo responder a la encuesta planteada. Le agradeceríamos enormemente que facilitase esta clave a todos los profesores de su centro para que puedan participar también en esta iniciativa, y el análisis de movilidad que se realice en su centro, sea lo más real y adecuado posible.
 
Su clave de acceso es: cabina
 
Adjuntamos también el manual de usuario para los centros educativos colaboradores en el proyecto GEOMOVE, que le servirá de guía para completar correctamente el cuestionario (próximamente estará disponible también en la página web del proyecto [2]). Pero también desde el equipo de GEOMOVE, y durante los próximos meses de este año 2016, nos ofrecemos a colaborar en el desarrollo de la sesión en la que se plantee realizar la encuesta. 
 
Quedamos a su disposición para aclarar cualquier duda o recibir toda sugerencia que nos quiera realizar. Si lo considera conveniente, también le pedimos que difunda esta iniciativa entre otros compañeros que pudiesen estar interesados en participar.
 
Agradeciéndole su atención, reciba un cordial saludo,
 
 
 -----------------
David Fernández Arango
Investigador Proyecto GEOMOVE
 
CartoLAB - Laboratorio de Ingeniería Cartográfica  http://cartolab.udc.es - http://geomove.es
ETS Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos | Universidade da Coruña | Campus de Elviña s/n - 15071 (A Coruña)
(34) 881 011 488

OBRADOIROS DE BICIS. NOVEMBRO 2016.

Este mes de novembro os alumn@s  de 3º e 4º de primaria,participaron en dous obradoiros no colexio sobre as partes e o uso da bicicleta.

Os monitores do equipo de educación viaria amosaron as partes da bicicleta e tamén explicáronlles o seu uso.Despois os alumn@s fixeron as prácticas nun circuito preparado no patio escolar.

Agardamos que estos coñecementos sexan de utilidade para despois realizar algunha visita didáctica en bicicleta  cos seus compañeir@s e mestr@s ao longo do curso.

Podedes ver algunhas imaxes na nosa Galería.

Distribuir contido