MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE NARÓN. 25-10-2016

 Os alumn@s de primeiro,segundo,terceiro e cuarto cursos de primaria asistiron no Auditorio de Narón á representación da obra de teatro infantil " Rubicundo" a cargo da compañía Ghazafelhos ,dentro da programación da Mostra de Teatro Infantil Narón 2016 .

 Fixeron todo o camiño a pé,acompañados polos mestres-as e pola Policía local de Narón.Chegados ao Auditorio @s alumn@s recolleron as súas entradas numeradas e dispuxéronse a acomodarse nas súas localidades para  ve-la obra. Unha vez rematada a obra, poideron saudar aos actores da compañía e voltaron de novo a pé cara ao colexio.

Podedes ver algunhas imaxes de esta visita na Galería da nosa web.