2ª MARCHA POLA IGUALDADE DE XÉNERO CONCELLO DE NARÓN. 25 DE NOVEMBRO 2015

O mércores 25 de novembro os alumnos-as de 5º e 6º cursos de primaria, os seus mestres-as e algúns pais e nais, participamos na 2ª  Marcha pola Igualdade que convocou o concello de Narón. Esta é unha actividade organizada para reivindicar a igualdade  e contra a violencia de xénero.

Saímos do colexio ás 10:30 horas máis de 140 persoas en bicicleta para unirnos á marcha coa demáis colexios participantes.Despois de percorrer algunas rúas de Narón, chegamos á Praza da Gándara. Alí nos ofreceron auga e froita para repoñer forzas e ás 11:30 comezaron os actos organizados polo concello: unhas palabras da concelleira de Igualdade e do alcalde lembrando a conmemoración do día e agradecendo a nosa presenza, e finalmente, a ofrenda floral diante do monumento á muller que hai na mesma praza.Dende alí voltamos en bicicleta ata o noso colexio.

Ata o venres día 4 de decembro no Pazo da cultura do concello de Narón, están expostos os traballos que fixeron  os alumnos-as no colexio  sobre o tema da igualdade de xénero.