Charla- obradoiro sobre reparación de bicis-4º EP

O mércores 21 de outubro os-as alumn@s de 4º curso de primaria participaron nuhna charla-obradoiro sobre o arranxo das principais avarías das bicicletas, impartida por monitores nas instalacións do colexio.Aprenderon as partes da bicicleta e para que serven cada unha así como a arranxa-las avarías máis sinxelas nas bicis que nos trouxeron para reliza-los obradoiros correspondentes.

Esta actividade foi organizada polo equipo de educación viaria do concello de Narón e serve para preparar as vindeiras visitas en bicicleta que faremos dentro do programa "Aprendo pedaleando".