Impresións da viaxe de estudos

De volta á normalidade, cómpre facermos unha reflexión sobre a viaxe de estudos a Portugal. Os días desenvolvéronse sen maior novidade, agás pequenas incidencias, como a fractura sufrida por Dani, que lle impediu continuar connosco o resto da viaxe. Iso si, puidemos comprobar o funcionamento exemplar do Hospital de Vila Real: atención rápida, eficiente e cunha amabilidade desbordante. Os que tivemos a sorte de continuar coas actividades, pasámolo de cine. Por algo se chama Pena Aventura, non parábamos de segregar adrenalina e de poñer caras de impacto. A comida estaba á altura do esperado, o entorno natural non podía ser mellor e o tempo… case perfecto, menos un dos días que nos choveu todo o tempo. Polas noites soubemos comportarnos, sobre todo despois da asemblea onde se deixaron ben claros algúns conceptos: agora todos sabemos a diferenza entre os “borregos” e as “abellas”, traballamos con, para e polo ben do grupo.

A tarde do xoves e a mañá do venres pasámolas no Porto. Descubrimos unha cidade moi grande, con zonas moi bonitas e un dinamismo propio da capital económica do noroeste peninsular. Foi boa pena non podermos ver o moderno Estádio do Dragão, pero non había maneira de aparcar o autobús.

 

En resume, unha viaxe inesquecible.

 

 

 

Pena Aventura on PhotoPeach
Porto on PhotoPeach

O seguinte vídeo é a visión dun alumno, Iago Becerra, da visita a Porto.