PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA 1º- 2º

Os pasados días 4 e 6 de febreiro, os alumnos-as de 1º e 2º de primaria tiveron oportunidade de facer unhas prácticas na pista itinerante que o equipo de educación viaria do Concello de Narón pon a disposición dos colexios para tal fin.

Os alumnos fixeron prácticas, tanto como peóns como condutores, nos vehículos de pedais sobre a pista  con rúas, sinais,etc,. preparada no pavillón polideportivo do colexio.

Ao remate destas actividades e como recoñecemento da súa participación os alumnos-as recibbiron cadanseu carnet de policía infantil os de 1º curso, e o seu diploma os de 2º curso.

Agardamos que estas actividades sirvan para completa-la formación dos alumnos como futuros peóns e condutores.Podemos ver as imaxes desta actividade na Galería de imaxes  desta web.

PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA 1º- 2º