Campaña de colaboración co Pobo saharauí
Dende a Comisión de convivencia do colexio, estamos a promover neste mes de novembro unha recollida de roupa. Esta actividade comezarémola mañá e rematará o próximo día 30 de novembro. O fin da mesma é axudar ao pobo saharauí.
A campaña iniciouse cunha primeira parte na que se ofreciu unha charla ao alumnado de 4º, 5 e 6º de E primaria e a visualización dunha película sobre as condicións de vida destas persoas.
A segunda parte consistirá na recollida de roupa (pregamos que se faga a través dos nenos/as e sexa entregadas en bolsas plásticas ben pechadas no colexio).
Todo isto, facémolo coa Asociación de axuda ao Pobo Saharauí de Narón, que tamén levan a acollida dos nenos no verán.