Anxo Fariña na Solaina

Tocaban outra vez no malvado timbre. As agullas do reloxo de Guillermo chegaran ás 12 do mediodía e o calendario da entrada sinalaba o xoves 1 de marzo. Sen folgos estabamos de tanto berrar e brincar no patio, pero acábarase a leria. Tiñamos que volver ás clases, era a hora do Plan Lector. Cando pasabamos a rotonda da entrada mandáronnos desviarnos cara á Biblioteca. Chegara o momento de vermos e escoitarmos a Anxo Fariña, o autor do libro que estivéramos lendo os días anteriores... A chave da Atlántida

Non o podiamos crer, Anxo Fariña estaba alí diante, saudando e contándonos como se lle ocurrira a historia de Eva, Fran e mais A-cero. Despois tocounos a nós facerlle unha morea de preguntas. 

Ao final de todo agasallounos co dibuxo de Cibermiguel e adicounos os exemplares dos libros que léramos na clase. Ata temos fotos e todo!

Marchamos tranquilos para ás aulas e un pouco impacientes por ver publicada algún día a segunda parte d'A Chave. Polo de agora quédannos os seus libros e o seu blog.