Actividade 7 - Reenviar correos

Como temos explicado na clase, é fundamental ter coidado cos e-mails que recibimos para non abrir ningún sospeitoso que poida ser correo basura ou ter virus.

Tamén é importante ter coidado cos e-mails que enviamos. Como precaucións xerais:

  • non abriremos e eliminaremos e-mails de destinatarios que non coñecemos ou raros
  • non abriremos e eliminaremos e-mails con asuntos raros, mal escritos en moitas das ocasións
  • ao enviar mensaxes a varias persoas, poñerémolas en "con copia oculta (CCO)"
  • ao reenviar mensaxes a varias persoas, poñerémolas en "con copia oculta (CCO)" e tamén eliminaremos do texto da mensaxe todas as direccións escritas

A actividade 7, última do curso, consiste en que me reenviedes un e-mail destes que lles chamamos "reenviados"; dos que a xente se reenvía moito porque traen unha presentación moi chula, traen fotos bonitas, chistes, información de interés... A condición fundamental é que mo enviedes con copia oculta e que borredes calqueira dirección de correo-e que poida haber no texto da mensaxe.