XIV MARCHA CICLISTA ESCOLAR.17-6-2022

 

 O Concello de Narón convoca ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º cursos de primaria, así como ÁS SÚAS FAMILIAS, a participar na XIV Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón o vindeiro venres, 17 de xuño de 2022.

O noso grupo partirá ao redor das 10:30 horas, desde o recinto do CEIP A SOLAINA, recollendo en cada colexio ao resto de ciclistas do seu grupo. Será imprescindible, para a participación neste evento, que os nenos e as nenas traian a súa bicicleta e casco homologado para a realización da marcha. A policía local xunto con protección civil, o moto club e un grupo ciclista de Narón acompañarannos durante todo o percorrido ata chegar ao paseo de Xuvia onde se repartirán bocatas e bebidas.

Por último, temos que recordar que o regreso farase de maneira inversa á ida, deixando ao alumnado en cada colexio antes das 14:00 horas. Todos os familiares están convidados a participar nesta actividade coas súas bicicletas e cascos.

Moitas grazas pola vosa colaboración.