Concurso Pilabot

Estes días procedeuse ao reparto entre o alumnado do centro dunha caixa de recollida de pilas, con motivo da participación da Solaina no Concurso Pilabot para centros educativos de Galicia. O motivo da nosa participación é o fomento da recollida selectiva de pilas entre o alumnado e as súas familias. Desde o xoves 20 de xaneiro ata o 31 de marzo poderanse depositar as pilas e os acumuladores portátiles (sen a caixa de Pilabot) no colector habilitado para tal motivo na entrada do centro.

Considérase pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, poida portarse coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. Teñen esta tipoloxía as pilas botón e estándar e os acumuladores utilizados en calquera aparello presente nos fogares, como mandos a distancia, teléfonos móbiles, computadores portátiles, xoguetes eléctricos e electrónicos, ferramentas portátiles, etc. Para máis información pódese visitar a páxina de Pilabot.

Animámosvos a participar!