CONFIRMACIÓN CASO POSITIVO COVID-19

O venres 30 de outubro recibimos notificación dun segundo caso de COVID, non relacionado co anteriormente comunicado. O sábado desde o SERGAS confirmáronnos que non debíamos adoptar medidas, xa que a persoa positiva levaba case dúas semanas sen asistir ao colexio. Polo tanto, a información enviada co primeiro caso é válida para este segundo.
Igualmente, ante a confusión xerada estes días, queremos aclarar que hai dous centros educativos co nome A Solaina, o noso (CEIP A Solaina) e mais a Escola Infantil Municipal A Solaina, sita na Rúa Alexandre Bóveda. No noso centro non hai ningunha aula pechada a día de hoxe.
A dirección do CEIP A Solaina