CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS. "PEGADAS"

 

O Concello de Narón pon en marcha este curso no colexio da Solaina a iniciativa PEGADAS para que o alumnado de Educación Infantil e Primaria acuda ao centro educativo de maneira autónoma e en condicións de seguridade.O alumnado virá só ou en compañía dun adulto, camiñando, en bici ou en patinete...

Nas reunións de inicio de curso informarase especificamente sobre o desenvolvemento da campaña que comezará en outubro. Mentres pódense rexistrar na web http://pegadas.naron.es/ e poden igualmente informarse no correo electrónico seguridadevial@naron.es  e no teléfono  666 438 222.