XI MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN 2018
C.E.I.P. A SOLAINA-NARÓN. EDUCACIÓN VIARIA
XI MARCHA CICLISTA ESCOLAR.
O Concello de Narón convoca a tódolos alumnos-as de 3º,4º,5º e 6º cursos de primaria, así como ás súas familias, a participar na XI Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón o vindeiro venres, 11 de maio 2018.
O noso grupo partirá ao redor das 10:20 horas, dende o C.E.I.P. da SOLAINA, recollendo en cada colexio ao resto dos ciclistas do seu grupo.
Será imprescindible, para a participación neste evento, que os nenos e nenas traian a súa bicicleta e casco homologado para a realización da marcha.
A policía local xunto con protección civil, o moto club e un grupo ciclista de Narón acompañarannos durante todo o percorrido ata chegar o paseo de Xubia onde se repartirán bocatas e bebidas.De seguido,haberá unha exhibición da Unidade canina do Tercio Norte de Infantería Marina. (12:00 - 13:00 Horas).
Por último, recordar que o regreso farase de maneira inversa á ida, e iranse deixando aos alumnos en cada colexio antes das 14 horas.
Todos os familiares están convidados a participar nesta actividade coas súas bicicletas e cascos, precisando completar os seus datos (Nome, apelidos e DNI),por mor de cumprimentar o seguro de responsabilidade civil co que imos contar. Moitas grazas pola vosa colaboración.
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
(Recortar para devolver asinado ao colexio ata o mércores 9 de maio).
CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA Á XI MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN.
D/ Dna. ……………………………………………………………………… pai/ nai/ titor
do alumno- a ………………………………………………………………………………..
do curso ……....... do CEIP “A SOLAINA”, AUTORIZO a asistencia á XI Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón.
Tamén participarán na Marcha Ciclista as seguintes persoas ADULTAS:
Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….
Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….
Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….
Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….
Asinado: