CAMPAÑA SOLIDARIA DE DOAZÓN DE BICIS 2017.

A campaña "A túa vella bici vale un sorriso" comeza de novo en Narón, co obxecto de que os nenos das familias con menos recursos poidan ter unha bicicleta. Un ano máis será o equipo de Educación Viaria do Concello o encargado de desenrolar esta iniciativa, consistente na recollida de bicicletas usadas, incluindo as estáticas, que se doarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

As bicicletas poden entregarse nos centros escolares do municipio, en horario de actividade lectiva, e tamén no consistorio, neste caso de 8.30 a 14.00 horas.As persoas que queiran colaborar poderán facelo ata o día 22 de decembro, data na que se pechará o prazo de recollida.

 

                                                                             O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA RETOMA A CAMPAÑA DE DOAZÓN E REPARACIÓN DE BICICLETAS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN

 

                                                                                             MOITAS GRAZAS e FELICES FESTAS  a tod@s.