CLUB DE LECTURA_XUÑO

Este martes 4 de xuño na biblioteca de A Solaina houbo unha despedida:

 

Os descubridores deletras tivemos a nosa última reunión, a nosa última comida xuntos. Que corto se nos fixo esto do Club de lectura!! Hai dous días empezabamos  con certa incerteza de como ía ser todo e agora, tras 6 meses,  poñemos fin a esta marabillosa aventurachea de páxinas, emocións, risas, charlas, xogos…

  

Nesta sesión falamos sobre  a novela gráfica “Cuando brillan las estrellas” de Victoria Jamieson e Omar Mohamed que para a gran maioría foi a nosa favorita (e tiña o listón moi alto con “Nata e chocolate”). Analizamos un pouco os seus personaxes e certas escenas e falamos acerca do que lles aconteceu unha vez rematada a novela. Sen dúbida unha lectura moi recomendable a todo o mundo, nenos/as e tamén adultos. Non vola perdades!!

 

Nesta sesión tocounos tamén reflexionar sobre todos estes meses de club e facer unha pequena valoración que, gratamente, foi moi positiva.

  

E para rematar tivemos un pequeno agasallo para que non paremos de ler.

 

Grazas a tod@spor compartir estes meses e desfrutar como o fixemos, das lecturas e das reunións. Grazas familiaspor permitir que isto fora posible. Un saúdo!!

 

Amigos lectores

Este ano 23/24 volvemos retomar ao longo de todo o curso os encontros dos Amigos lectoresonde o alumnado de cursos altos lles lía aos seus amigos de cursos máis baixos. Unhas lecturas compartidas que sempre son moi ben recibidas. Deixámosvos un pequeno vídeo de como se levou a cabo.

 

AMIGOS LECTORES A SOLAINA 23-24.mp4 

Visita Miguel Anxo Romero: Día da Poesía

O pasado marzo para celebrar o día da poesía os nenos e nenas de 3º e 4º recibimos a visita do autor Miguel Anxo Romero.

 

Ensinounos os seus contos de poemas e as súas ilustracións e animounos a seguir sempre os nosos soños e a facer as cousas que nos gustan.

Ademais, fixemos con el uns libriños moi chulos e ata nos fixo un poema personalizado para A Solaina. 

 

Tamén practicamos ler poemas de formas dierentes: cun boli na boca, rindo, como se tivésemos frío...Foi moi divertido. 

Como agradecemento regalámoslle un libro ilustrado por nós mesmos cos poemas que máis nos gustaron dos seus contros e... encantoulle!

 

 

Ata a próxima Miguel Anxo, moitas grazas! 

CLUB DE LECTURA

O Club de lectura Os descubridores de letras reuniuse
novamente no mes de maio. Nesta ocasión o fixemos para falar acerca do libro
“Nata y chocolate” de Alicia Borrás, que nos acerca ao problema do
acoso nas aulas cunha historia moi cercana e que engancha. Este libro
gustounos moito, para a maioría foi o mellor de todos. É unha lectura moi
recomendable e que ten unha segunda parte, “¡Nata y Chocolate invencibles!” que
varios limos e non nos defraudou. Non volos perdades!!

Este libro deunos moito que opinar e falar acerca do papel dos diferentes personaxes,
alumnado e profesorado. Comentamos se nalgunha ocasión se sentiran coma algún
dos protagonistas ou se coñecían a alguén que se sentira ou actuase coma eles.
Fomos moi críticos, tanto cos que fan dano, coma cos que o ven e non din nada.

É moi importante dar voz a aqueles e aquelas que por

medo quedan sen ela!!

 

 

A primeiros de xuño temos a nosa última reunión e para esta ocasión levamos para
ler a novela gráfica “Cuando brillan las estrellas” que nos prestaron dende
a biblioteca do CEIP de Esteiro, GRAZAS!! Esta novela escrita por Victoria Jamieson e

Omar Mohamed está baseada nunha historia real. Promete estar moi interesante. Xa vos contaremos!!

 

 

 

Día da Enfermidade Celíaca

Este xoves 16 de maio celébrase o Día da Enfermidade Celíaca e desde Jardanay queren axudar a dar visibilidade a esta patoloxía cambiando o menú xeral a un sen glute e realizando actividades sobre a celiaquía coa cativada no comedor.

 Cambio de menú

 Para ofrecer un menú sen glute, modifícase a guarnición do segundo prato previsto no menú do xoves (codillo ao forno con macarróns), substituíndo a pasta por arroz. O primeiro prato (crema de verduras) e a sobremesa (froita de tempada) mantéñense sen cambios. 

Así, o menú queda da seguinte forma:

  • Primeiro prato: crema de verduras.
  • Segundo prato: codillo ao forno con arroz.
  • Sobremesa: froita de tempada (pera).

Día do libro: Bookface

Este ano polo día do libro decidimos animarvos a participar coa vosa propia bookface. Pois aquí están os resultados! Quedaron chulísimas, moitísimas grazas pola implicación e participación.

Club de lectura

En abril Os descubridores de letras tivemos xa a nosa reunión do club de lectura. Nesta sesión estivemos falando e opinando sobre o libro Bruxa e familia de Paula Carballeira.

Recordades que tiñamos o reto de facer un knolling literario? Pois este foi o resultado do noso:

 

Para a próxima sesión do mes de maio, decidimos levar o libro "Nata y chocolate" de Alicia Borrás. Toca desfrutar de novo coa lectura dun libro. A por el!!!!

 

Visita de Andrea Maceiras

Este mércores 10 de abril tivemos a sorte de contar no centro coa visita da escritora Andrea Maceiras.

                                                          

Estivo falando co alumnado de 6º de primaria sobre un libro seu: Alma de elefante.

Explicou como nunha viaxe por Asia e a partir dun debuxo que atopou, xurdiu a idea de escribir este marabilloso libro. Axudounos tamén cunha meditación guiada a atopar a alma do animal que cada un leva dentro.

                                

Coma sempre que nos acompaña, foi un verdadeiro pracer poder escoitala e desfrutar con ela novamente do libro dende un punto de vista diferente.

Grazas Andrea e ata pronto!!

Distribuir contido