Educación Viaria

PISTA ED.VIARIA 2º. 22-5-2012

O luns 21 e o martes 22 de maio, os alumnos-as de 2º curso de primaria fixeron as súas prácticas como peóns e como cilcistas na pista de educación viaria do colexio.

Foi o equipo de educación viaria do concello de Narón co seu axente da policía local e o seu monitor, os que organizaron as actividades para os alumnos-as de 2º A,B e C do colexio. Cada alumno-a tivo a oportunidade de facer de peón co seu chaleco e tamén de ciclista coa bici e mailo seu casco correspondentes.Aproveitaron o circuito trazado no patio do colexio así como tamén o que está debuxado nos corredores do baixo.

Por último, tan ben o fixeron que foron recompensados cun brazalete refrectante e un "carnet" de policía infantil.

Noraboa! e ánimo para continuar así de ben polas estradas e nas rúas sempre.Vémonos o curso que ven ... e felices vacacións.

Se queredes, podedes velos en acción na nosa Galería de imaxes.

PISTA ED.VIARIA 2º. 22-5-2012

5ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN.

O Concello de Narón xa ten convocada a 5ª Marcha ciclista escolar para o vindeiro venres, 25 de maio do 2012.

Como en anos anteriores o equipo de educación viaria do Concello de Narón ven de convoca-la quinta edición da marcha ciclista escolar para tódolos colexios do concello.Ademais dos alumnos e alumnas dos colexios participantes, tamén están convidados os mestres-as, os pais e nais e os seus familiares. 

Para participar é preciso a bicicleta e mailo casco correspondente, así como apuntarse ao pé da circular informativa que levan os vosos fillos-as e así poder estaren cubertos polo seguro de accidentes que ten contratado a organización.

A información sobre o percorrido e actividades de esta xornada de fin de curso das actividades de educación  viaria, podedes vela na circular informativa xa citada.

Agradecendo, como sempre, a vosa colaboración; aproveitamos para despedirnos ate o vindeiro curso, non sin desexarvos a tod@s unhas felices vacacións e ... moita precaución!!!!! polas estradas.

Imaxes da marcha.

O gañador do sorteo de unha bicicleta para o colexio da Solaina foi o alumno de 4ºB Nordés Ventureira Fernández . Noraboa! 

5ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN.

PRÁCTICAS NA PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA -1º.

O xoves día 10 de maio os alumnos-as de 1º curso fixeron unha sesión práctica na pista de educación viaria que temos no patio do colexio. Todos-as participaron como peóns e como ciclistas nos percorridos no circuito coa axuda do axente da policía local e mailo monitor do equipo de educación viaria do concello de Narón.

Uns como péóns primeiro e outros como ciclistas, camiñaron e circularon pola pista preparada con sinais, semáforos, pasos de peóns,conos, etc., seguindo atentamente as indicacións dos seus monitores.

Como recoñecemento á súa atención e aproveitamento, foron recompensados con un Diploma e con un conto-guía para seguir sendo sempre uns bos peóns e ciclistas nas rúas.

FELICITACIÓNS! e... podedes velos circulando na GALERÍA de imaxes.

 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN VIARIA 3º trimestre.

     CALENDARIO DAS ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN VIARIA 

                                  TERCEIRO TRIMESTRE

DÍA MES ACTIVIDADE CURSO
Xoves,10 Maio  PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA  1º A e B Imaxes
 Luns,21 Maio PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA   2º C
 Martes,22 Maio   PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA  2º A e B
Venres,25 Maio 5ªMARCHA CICLISTA ESCOLAR 3º,4º,5º e 6º

Visita en bici a Protección civil de Narón

 

O xoves día 8 de marzo  os nenos de 5º fixemos unha marcha ciclista ata as instalacións de protección civil e emerxencias de Narón.

Saímos sobre as 11:00 da mañá e chegamos sobre as 11:45. Primeiro merendamos, cando acabamos repartímonos en dous grupos, nun grupo os de 5º A e no outro os de 5º B. Os de 5º A fomos a ver as instalacións, puidemos ver o almacén, a sala de control, oficinas, onde durmían nos turnos de noite, onde se cambiaban e por último unha pequena clase. Despois saímos a practicar coas mangueiras e a ver como se protexían os coches dos incendios. Pasámolo de marabilla. Despois de todo iso collimos as bicis e voltamos ao colexio. Cando chegamos repartíronnos o regalo que nos deron, un libro do concello de Narón.

SALIDA EN BICI A PROTECCIÓN CIVIL


 

El jueves día 8 de marzo los alumnos de los dos grupos de 5º de primaria hicimos una salida en bici a Protección civil, en Río do Pozo. Del colegio salimos a las 11 aproximadamente. Hacía un día precioso para ir de excursión en bicicleta. Fuimos por unos sitios bastante bonitos aunque de vez en cuando había que parar para dejar pasar a los coches. En total hicimos 12 kilómetros.

Nos lo pasamos muy bien, aunque hubo algunas caídas, el  recorrido fue limpio.

¡Fue muy divertido!  ¡Lo pasamos genial!

Queremos darles las gracias a Protección Civil por su amabilidad y ayuda en el recorrido de ida y de vuelta.

 

Zaira e Javi P.

5ºB 

 

Podedes ver as fotos na Galería de imaxes de esta web.

Teatro: "PAYASOS EN PELIGRO"

O equipo de Educación Viaria do Concello de Narón programou, xunto coa fundación Mapfre, a representación da obra de teatro infantil "PAYASOS EN PELIGRO" que terá lugar no Pazo da Cultura o vindeiro venres, 23 de marzo en horario escolar para os alumnos-as de 3º, 4º e 5º de primaria. 

Esta obra de teatro dirixida aos alumnos-as de primaria e baixo o título "Payasos en peligro" conta a historia de 4 paiasos que teñen que ir a unha escola para aprender o oficio de paiaso. Ao comezar a viaxe, confesan que nunca sairon á rúa, que nunca subiron a un coche, que non saben como andar en bicicleta ou como xogar na rúa. Por este motivo, son "paiasos en perigo". Coa axuda do seu mestre poderán converterse en "paiasos seguros". 

Podedes ve-las fotos na Galería de imaxes de educación viaria.

 

Teatro: "PAYASOS EN PELIGRO"

Educación Infantil na pista vial

Tamén os alumnos-as de infantil fixeron as súas prácticas na pista de educación vial do colexio o martes 24 e o mércores 25 de xaneiro.

Acompañados polo equipo de educación viaria do Concello de Narón coñeceron os sinais de tráfico e tamén se moveron en ciclos polo circuito da pista viaria do patio do colexio.

Todos-as fixéronno moi ben e con moita atención para ser os mellores peóns e conductores do colexio. Ánimo e a continuar así, sempre.

Podedes velos en plena actividade na Galería de imaxes de esta web.

APRENDO PEDALEANDO: Visita ao Pazo da Cultura.

Hoxe xoves, día 26 de xaneiro, os alumnos-as de terceiro curso estreamos o programa de actividades de educación viaria "Aprendo pedaleando", visitando o Pazo da cultura de Narón.

Saímos do colexio en bicicleta sobre as 10 horas, fumos pedaleando todos xuntos co equipo de educación viaria do Concello, os nosos profesores-as e algúns pais e nais. Chegamos ao Pazo sen que a choiva nos mollase e tomamos o almorzo que levamos dende o colexio. Despois nos guiaron polas instalacións do Pazo: patio de butacas, escenario, camerinos, salas, etc. tamén vimos como se ilumina o escenario e como se proba o son para as diferentes actividades que se desenrolan no auditorio naronés.

Voltamos ao cole e chegamos sen novidade en torno ás 12 horas para xugar un pouco no recreo e despois voltar as nosas tarefas nas aulas. Foi unha visita moi entretida e tamén moi divertida.

Se nos queredes ver, podedes consultar na Galería de imaxes desta mesma web.

Agradecendo a vosa colaboración, un saúdo e... ate a próxima.

 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE

Co novo ano retomamos as actividades de educación viaria que organiza o equipo de educación viaria do Concello de Narón.Este é o calendario de actividades propostas polo Concello para os alumnos-as do colexio para este 2º trimestre do curso.

DÍA MES ACTIVIDADE CURSO
Martes,24 XANEIRO PISTA ED. VIARIA

3anos A/B

4 anos A

Mércores,25 XANEIRO PISTA ED. VIARIA

4 anos B

5 anos A/B

Xoves, 26 XANEIRO Visita ao Pazo da Cultura 3º A e B
 Xoves,  8 MARZO   Visita a Protección civil 5º A e B 
 Xoves, 22 MARZO   Visita a Protección civil  6ºA e B 
 VENRES,23  MARZO

 Teatro no Pazo :

 "Payasos en peligro"

3º,4º e 5º

 

Aprendo Pedaleando: Visita ao Tercio Norte.

Dentro do programa "Aprendo pedaleando", o xoves 24 de novembro, os alumnos-as de 6º curso fumos en bicicleta a visitar o cuartel de infantería do Tercio Norte en Ferrol.

Xa vos contarán os nosos reporteiros algo máis polo miúdo de esta visita, tamén vos sorprenderá a nosa reportaxe fotográfica... 

Podedes ver as imáxenes na galería da web. 

Distribuir contido