Secretaría, Información, Documentación

Axudas para a adquisición de libros de texto

Infórmase ás familias beneficiadas polas Axudas para a adquisición de libros de texto, que a partir do día 30 de xuño están disponibles no centro os vales co importe da axuda.

Comisión de escolarización

Resultado da adxudicación de prazas trala reunión da Comisión de Escolarizacion de Narón.

 

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2012-2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013.

  • Prazo de presentación: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012.

 

  • As datas de entrega dos vales serán os días 3 e 4 de xullo en horario de 10.00 a 12.00h.

 

   Información do DOG 1 de xuño de 2012.

      AnexoII

     Explicación sintetizada no referente á solictude.

     

Formalización de matrícula. Curso 2012-2013

O alumnado admitido no centro  formalizará a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria:

  • Impreso de formalización de matrícula.
  • Fotocopia da cartilla das vacinas.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • 3 fotografías tamaño carné (alumnos de 3 anos).
  • Certificado médico de que non padece enfermidade infecto-contaxiosa (non se precisa en impreso oficial).

 

 Nota informativa: se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.

Escolarización 2012: Resolución de sorteo

Preme aquí para visualizar o resultado do sorteo público anual das letras para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2012-2013

Documentos de solicitude de admisión

Anexo II de solicitude de admisión para o curso 2012-2013 e outros documentos referidos ao proceso.

 

Distribuir contido