DÍA DO NÚMERO PI_2022

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.

Despois de dous anos sen celebración, había moitas ganas de recuperar a xincana. A experiencia foi tan positiva como en anos pasados e todo o alumnado está a desexar que chegue o 3/14 do 2023 para xogar outra volta co número pi.

Entroido 2022

Co gallo do Entroido, durante a semana 21 ao 25 de febreiro, o alumnado irá cumprindo “os mandatos do meco”. Cada día irán traendo o que o meco indique. Lembrade que É ACUMULATIVO, por exemplo, o martes traerán o do luns e mais o do martes, e así sucesivamente ata que o VENRES 25 veremos rematado o noso disfrace. 

Aquí podes seguir a diario os mandados do Meco, e descubrirás o disfrace deste ano:


 MANDATO PARA O LUNS:

MANDATO PARA O MARTES:

MANDATO PARA O MÉRCORES:

MANDATO PARA O XOVES:

MANDATO PARA O VENRES:

Día Internacional da Lingua Materna 2022

O 21 de febreiro celebramos o Día Internacional da Lingua Materna para promover a consciencia sobre a pluralidade lingüística. Na Solaina presentamos durante todo o día de hoxe unha serie de vídeos de música infantil en diversas linguas do mundo: portugués, asturiano, éuscaro, catalán, italiano, neerlándés, galés, sueco, árabe, xaponés, nahuatl ou... galego.

 

 

Na imaxe podes acceder á proposta do Portal da Lingua Galega.

Final III Olimpíadas Escolares Narón 12-1-2022

FINAL DAS III OLIMPÍADAS DE SEGURIDADE VIARIA CONCELLO DE NARÓN 2021.


Esta mañá tivo lugar no Pazo da cultura de Narón a fase final das Olimpíadas de Seguridade Viaria para @s alumn@s de 5º de primaria dos colexios de Narón.

Participamos nas olimpíadas cun equipo de alumn@s de 5º curso que representou ao colexio da Solaina na fase final xunto a outros oito equipos dos demais coles.

Nesta fase o equipo tivo que responder a un cuestionario de 30 preguntas sobre os temas de educación viaria, medio ambiente, matemáticas, inglés e igualdade, que previamente tiveron que estudar nas aulas. Con anterioridade, outro alumno e unha alumna de 5º tiveron que realizar unha xincana ciclista de 9 probas no patio do colexio.

O equipo que representou ao colexio nas Olimpíadas este ano estivo formado por : Lara Bey, Izan Galdo, Andrea Casal, Lucas López, Álvaro Casal e Julia Galdo para a fase do Cuestionario e por Irene López e Rubén E. López para a fase da Xincana.

NORABOA A TOD@S POLA SÚA PARTICIPACIÓN.

Concurso Pilabot

Estes días procedeuse ao reparto entre o alumnado do centro dunha caixa de recollida de pilas, con motivo da participación da Solaina no Concurso Pilabot para centros educativos de Galicia. O motivo da nosa participación é o fomento da recollida selectiva de pilas entre o alumnado e as súas familias. Desde o xoves 20 de xaneiro ata o 31 de marzo poderanse depositar as pilas e os acumuladores portátiles (sen a caixa de Pilabot) no colector habilitado para tal motivo na entrada do centro.

Considérase pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, poida portarse coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. Teñen esta tipoloxía as pilas botón e estándar e os acumuladores utilizados en calquera aparello presente nos fogares, como mandos a distancia, teléfonos móbiles, computadores portátiles, xoguetes eléctricos e electrónicos, ferramentas portátiles, etc. Para máis información pódese visitar a páxina de Pilabot.

Animámosvos a participar!

 

Campaña de merca e entrega de xoguetes 2021

 

Comeza a Campaña de merca e entrega de xoguetes  2021 para as familias máis desfavorecidas, impulsada polo centro de recursos solidarios Narón, coa colaboración do Concello de Narón.

A campaña vaise desenvolver desde o 1 ao 19 de decembro, posteriormente persoal do centro de recursos solidarios achegarase ao noso centro para recoller os xoguetes doados polas familias.

Campaña de neve 2022

En relación “Campaña de Esquí 2022”, da Deputación da Coruña, o Concello de Narón ten concedidas 14 prazas para a participación na dita Campaña, na 6ª quenda (Do 18 de febreiro ao 21 de febreiro de 2022). As persoas interesados poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Narón, no Rexistro auxiliar do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara ou a través da Sede Electrónica municipal con data límite o 14 de decembro de 2021.

A túa vella bici vale un sorriso. 2021

 

Como en anos anteriores, comeza o proxecto do Concello de Narón de recollida de bicis, patinetes e bicis estáticas "A túa vella bici vale un sorriso". As familias interesadas en realizar unha doazón ou en recibir unha bici ou patinete por falta de recursos, poderán facelo nas dependencias do Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón ou entregalos no colexio ata o último día de clase deste trimestre.

Decora o teu patinete ou bici de Nadal. 2021

Do 1 ata o 21 de decembro o Concello de Narón desenvolve a campaña "Decora o teu patinete ou bici de Nadal". Pode participar libremente o alumnado que estea interesado.

Bases.

 

Distribuir contido