Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, Normalización de convivencia, Actividades extraescolares, O Entroido, Día da Paz, Enlaces

O DÍA DA PAZ

O 30 DE XANEIRO CELEBRAREMOS O DÍA DA PAZ INTERPRETANDO ESTA PRECIOSA CANCIÓN COA MÚSICA DE L. ANDERSON "O RELOXO SINCOPADO" E A LETRA DE GLORIA M. ROEL CANTANTE DO GRUPO MAMÁ CABRA:

O MUNDO É GRANDE

Fuente:claudiocarvalhaes.com

FESTIVAL DE NADAL 2012

O 21 de decembro tivo lugar no noso centro o festival de Nadal con diversas actuacións por parte do alumando. Entre éstas destacaron varias panxoliñas, unha obra de teatro e os tradicionais bailes que tanto tiñan ensaiado o alumnado de 6º, para acabar coa interpretación por parte do profesorado do centro dunha panxoliña tradicional.

Aproveitouse este acto para facer entrega dos premios do CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL, así como do III CONCURSO DE CONTOS DE MEDO nas súas diversas categorías.

Unha vez rematadas as actuacións, todos nos diriximos ó exterior do centro para recibir a PAPÁ NOEL que este ano chegou nun vehículo de época. Posteriormente, Papá Noel foi polas aulas visitando a todos os alumnos, recollendo as súas cartas e entregándolles un pequeno agarimo para merendar.

Dende o equipo de Actividades Complementarias  aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade escolar un PRÓSPERO ANO 2013.

Imaxes do referido acontecemento.

Mercadillo Solidario

Solidariedade, xenerosidade e colaboración son as palabras que simbolizan a iniciativa "Mercadillo Solidario", promovida dende o equipo de Normalización lingüística e o de Convivencia do CEIP A Solaina coa colaboración do alumnado e das súas familias. 

No colexio traballamos os 12 meses do ano na liña de axudar a quen o necesita, pero coa chegada do Nadal os nosos esforzos fanse aínda máis intensos e por iso adicamos o último mes do ano a concienciar aos máis pequenos da necesidade de que doasen os seus xoguetes e libros para un Mercadillo Solidario que estes días chega ao seu máximo apoxeo.

Así, a entrada do colexio converteuse nun mercadillo no que os nosos alumnos están adquirindo por un prezo económico os xoguetes doados polas familias. En total, con tódolos obxectos aportados, recadáronse 576,76 € .Esta cantidade entregarase mañá, venres 21 de decembro, ao delegado da ONG do Barrio  Cáritas Santa Icía, Carlos Sueiras,  dende onde será xestionado para que chegue a quen máis o necesite. 

Dende A Solaina estamos moi contentos e satisfeitos de,  con este graíño de area, contribuír a que todos os que convivimos no día a día do barrio da Solaina teñamos un bo Nadal. 

Equipo de Normalización L. e Dinamización de convivencia


Páxinas webs interesantes de información literaria e cultural galega

Recóllese unha escolma de lugares para coñecer a nosa literatura galega, entre elas:

 

http://bvg.udc.es

(Referente básico para achegarnos a  escritores/as  de todos os tempos).

 

http://www.realacademiagalega.org

(Pódese atopar dende  información  cultural, documentos do arquivo,...).

 

http://www.culturagalega.org

(Un dos máis  ambiciosos proxectos de información cultural).

 

http://www.galiciaencantada.com

(Preséntase como unha enciclopedia da fantasía popular galega).

 

http://www.orellapendella.org

(Ritos, recitados e cancións infantís).

 

http://brabadegos.blogspot.com.es

(Blog de reseñas  de novidades en literatura infantil e xuvenil galega).

 

 

 

 

Enviado por Chus.

Rap de Ghandi

Na clase de Valores en 5º A seguimos a facer rap.


1:19 minutes (1.21 MB)

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Hai case un ano o Concello de Narón comezou a construción do novo pavillón dentro do noso recinto escolar. Naquel momento, aínda que con moita dor por parte de toda a comunidade educativa, foi necesario talar varias árbores. O martes 17, en compensación a aquela perda, estivemos plantando baixo a auga de abril. Grazas á nosa participación en Voz Natura puidemos facernos con doce exemplares de diversas árbores e arbustos: pícea, oliveira, salgueiro, carballo, loureiro, buxo, teixo, magnolia grandiflora, magnolia loebneri, araucaria, arce e acivro. Mollámonos, pero estaba todo pensado, dixéronnos que había que regalas moito estes meses. Cada clase tiña asignada unha árbore e agora temos que cuidala, regala e aloumiñala. Uns marcharán nuns meses para o instituto, pero a outros vailles tocar protexelas durante case nove anos. Contamos con que estas árbores e arbustos teñan unha longa vida e nos acompañen a nós e aos que teñan que vir despois. Oxalá os netos dos que hoxe plantaron teñan o pracer de desfrutar algún día da súa sombra.

Podes consultar aquí a noticia na edición ferrolana de La Voz de Galicia do 18 de abril. Tamén tes a opción de ver a galería de imaxes.

 

O blog da natureza da Solaina

Este curso estamos a participar no Programa de Voz Natura a partires das propostas levadas a cabo polo mestre X. Nel Comba, coordinador do programa no centro.

Neste enlace tendes o blog: Biodiversidade vexetal nun contorno urbán, sobre a natureza do noso centro no que o alumnado participa cos seu traballos e comentarios.

 

 

O entroido na Solaina

Este venres, 17 de febreiro, o alumnado acompañado polos seus mestres/as desfilaron polo barrio para deleite de pais, avós, veciños... os cales estiveron moi atentos á comparsa de pitufos.

Como remate da mañá, a tradicional queima do Meco.

As fotos dos preparativos, desfile...  poden visualizarse aquí.

Hoxe deixa de mandar...

xa que o Meco de pitufo quere verte desfilar.

"O domingo oleiro"

Seguindo a  tradición, o alumnado celebrou hoxe no recreo o "Domingo oleiro".

Un ano máis desatou moita espectación por ver quen era o máis áxil  ou o máis torpe.

Ao final, todos querían ser os protagonistas! 

As imaxes reflexan ben este sentir.

Distribuir contido