Escolares, Ed. física, Idioma extranxeiro, Infantil, Música, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Relixión

Cancións otoñais

Durante o mes de outubro as nenas e os nenos do CEIP A Solaina estiveron traballando cancións do magosto e do samáin na aula de música.

A maioría deles achegáronse á frauta por primeira vez, polo que os resultados teñen moito mérito.

O vídeo é unha pequena mostra do traballo realizado en primaria. Esperamos que vos guste.

Saída á Coruña de 5º EP

Este martes, día 28 de outubro, os 72  alumnos e alumnas  de 5º de Educación Primaria desplazáronse  á Coruña na súa primeira saída educativa do curso 2014-2015.

O completo programa de actividades desenvolvido ao longo do día resultou altamente satisfactorio para todos. 

 

Betanzos - Chelo-1º ciclo

Visita a Betanzos, Chelo, Pasatempos do alumnado do 1º ciclo o martes, 17 de xuño.

Estaca de Bares. Día 18 de xuño

O mércores, día 18 de xuño, o alumnado de 5º viaxou a Estaca de Bares como saída de fin de curso.

Imaxes da xornada.

 

Proyecto ENCIENDE

Secuencias en imaxes das diferentes actividades do alumnado de 4º  no " Arcano da Solaina".

Premios ENCIENDE 2013

4º de Primaria está de parabén: "O Arcano da Solaina" foi galardoado con un segundo premio ENCIENDE.

Este certame, promovido a nivel nacional pola Confederación de Sociedades Científicas de España, recoñece aqueles proxectos, desenvolvidos entre investigadores e profesores na aula, que fomentan o ensino das ciencias nas idades máis temperás.

Así, este galardón destaca "O Arcano da Solaina" como unha das mellores iniciativas realizadas no curso escolar 2013-2014.

Desde o centro, aproveitamos a ocasión para agradecer ás familias a súa implicación neste proxecto, de longo percorrido e, que permitiu durante tres trimestres que o alumnado se achegase ás Matemáticas dun modo lúdico e divulgativo.

 

Marcelle.5 anos

O alumnado de 5 anos viaxou ao Parque Zoolóxico de Marcelle en Outeiro de Rey.

 

Convivencia de 4º Ep en Fornelos de Montes

   Para celebrar a tradicional convivencia de fin de curso, o alumnado de 4º estivo os días 4 e 5 de xuño na Granxa Escola " EL  kiriko" en Fornelos de Montes.

  Imaxes e textos da experiencia.

 

Distribuir contido