Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, O Entroido, Enlaces

II CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”

 

      II CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”

BASES:

1. PARTICIPACIÓN 

Poderá participar todo o alumnado matriculado no CEIP A Solaina.

2. OBRAS

Deberán estar escritas en lingua galega, ser orixinais e inéditas.

Deberán ser contos de medo.

Só se poderá presentar unha obra por autor/a.

No caso de Educación Infantil poderá ser un conto ilustrado.

2. CATEGORÍAS

  • Educación Infantil.
  • 1º Ciclo de Educación Primaria
  • 2º Ciclo de Educación Primaria
  • 3º Ciclo de Educación Primaria

3. PRESENTACIÓN

A presentación farase en tamaño A-4 e a extensión máxima será de 3 folios e deberá ir asinado con seudónimo.

Presentarase nun sobre pechado. No interior deste, en outro sobre, figurarán o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.

4. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

Os traballos entregaránselle ao titor/a do curso antes do 15 de novembro de 2011.

5. PREMIOS

Haberá un premio para cada categoría. 

Se a calidade dos traballos o merece poderá concederse ata un máximo dun accésit por categoría.

6. XURADO

Estará integrado por 3 membros dos equipos de Biblioteca e ENDL.

7. DITAME

Farase público a través do espazo de ENDL na páxina web do colexio http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasolaina/ e no taboleiro de anuncios do vestíbulo do centro e de cada aula, expoñendo a acta do fallo do concurso.

8. FINAL

A resolución do xurado será inapelable e este pode declarar deserto algún premio.

A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases, así como a decisión do xurado.

Narón, 25 de outubro de 2011

 

  O Coordinador                                                                                    A Coordinadora 

    de E.N.D.L.                                                                               do Equipo de Biblioteca

Dossier de xogos populares. 2ª parte

Este fin de curso publicamos a 2ª parte do "Dossier de xogos populares" cos xogos novos que se foron traballando durante este curso e máis o pasado.

Un chisco á Galicia tradicional

Con motivo da celebración do Día Das Letras Galegas e co fin de introducir aos nenos e nenas na nosa cultura, estase a realizar no centro unha exposición de traxes galegos e instrumentos musicais tradicionais.

Contamos coa colaboración da artesá vilalbesa Carmen López e do grupo Alxibeira do Padroado de Cultura do Concello de Narón, segundo o programa Traballando pola recuperación das nosas tradicións. A artesá Carmen López elabora tanto traxes tradicionais como complementos para todas as idades. Tamén se expón un repertorio de fotografías da colección de traxes de Alberto Golpe Beceiro. Estas fotografías espellan os diferentes xeitos de vestir das diversas zonas de Galicia.

Dita exposición poderá ser visitada ata o mércores 1 de xuño en horario de mañá e tarde.

O venres, como culminación desta semana na que se lembra a figura de Lois Pereiro, celebrarase no centro o tradicional festival das Letras Galegas onde, ademais de diversas actuacións por parte do alumnado, contaremos coa especial intervención do citado grupo.

A comunidade educativa da Solaina agradece a colaboración nesta iniciativa aos membros do Padroado da Cultura, a Alberto Golpe, e, de xeito moi especial e agarimoso, a Carmen López.

No festival do Día das letras galegas ademais de actuar case todos os cursos contamos coa colaboración de Alxibeira, o grupo do Padroado da cultura de Narón. A continuación podedes ver un vídeo cuns segundos de cada actuación.

 

Celebracións do Entroido

Nestas festas do Entroido, a estas alturas xa levamos varias celebracións realizadas no colexio: domingo fareleiro, domingo oleiro, xoves de comadres e compadres... hoxe venres 4 de marzo damos remate ás festas con varios actos.

Por unha banda teremos o festival do colexio, onde nenas e nenos amosarán as súas dotes expresivas e artísticas, así como o seu manexo ante o público.

Por outra banda, trala lectura do testamento, remataremos a xornada lectiva coa queima do meco, que nos estivo disfrazando pouco a pouco durante toda a semana, para facer algo parecido a un pallaso.

Non esquezades que pola tarde terá lugar a gran festa de disfraces organizada pola ANPA, na que esperamos que todo o mundo se divirta un montón.

Cando dispoñamos delas, colgaremos algunhas fotografías que amosen o ben que o pasamos!

A continuación podedes ver os videos das diferentes actividades coas que festexamos o Entroido.

A preparación do Entroido. O ciclo festivo.

                                                    O Entroido. A festa.

O Entroido. Lectura do testamento e queima.

Os mandados do Meco

Aquí podes seguir a diario os mandados do Meco, e descubrirás de que nos imos disfrazar.

Distribuir contido