Complementarias, Viaxe de fin de curso. 6º

Campaña de Alimentación Saudable

Hoxe, 3 de outubro, deu comezo a Campaña dun Almorzo Saudable.

O alumnado, mediante este Proxecto, colabora, aprende, desenvolve a súa autonomía... ao tempo que descobre en grupo a importancia de tomar alimentos sáns para o seu crecemento.

 

No libro "Medrando sans, de bocado en bocado...de xogo en xogo", poden visualizar, entre outra experiencias de aula, o Proxecto desenvolvido no noso centro.

Un chisco á Galicia tradicional

Con motivo da celebración do Día Das Letras Galegas e co fin de introducir aos nenos e nenas na nosa cultura, estase a realizar no centro unha exposición de traxes galegos e instrumentos musicais tradicionais.

Contamos coa colaboración da artesá vilalbesa Carmen López e do grupo Alxibeira do Padroado de Cultura do Concello de Narón, segundo o programa Traballando pola recuperación das nosas tradicións. A artesá Carmen López elabora tanto traxes tradicionais como complementos para todas as idades. Tamén se expón un repertorio de fotografías da colección de traxes de Alberto Golpe Beceiro. Estas fotografías espellan os diferentes xeitos de vestir das diversas zonas de Galicia.

Dita exposición poderá ser visitada ata o mércores 1 de xuño en horario de mañá e tarde.

O venres, como culminación desta semana na que se lembra a figura de Lois Pereiro, celebrarase no centro o tradicional festival das Letras Galegas onde, ademais de diversas actuacións por parte do alumnado, contaremos coa especial intervención do citado grupo.

A comunidade educativa da Solaina agradece a colaboración nesta iniciativa aos membros do Padroado da Cultura, a Alberto Golpe, e, de xeito moi especial e agarimoso, a Carmen López.

No festival do Día das letras galegas ademais de actuar case todos os cursos contamos coa colaboración de Alxibeira, o grupo do Padroado da cultura de Narón. A continuación podedes ver un vídeo cuns segundos de cada actuación.

 

MAIOS 2011

Con motivo da celebración dos Maios, durante a primeira semana do mes de maio realizouse no colexio un taller de elaboración de cadros florais no que participaron todos os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria (murais expostos no Pavillón de Piñeiros durante a fin de semana). Para esta actividade, promovida polo Concello, o alumnado aportou as flores e plantas necesarias.

 

Para ver as fotos desta actividade preme aquí.

 

BOB ESPONXA INVITANOS A RECICLAR

Na entrada do centro, Bob Esponxa fainos reflexionar sobre a importancia e necesidade da nosa colaboración co medio ambiente respectando o que nos rodea e reciclando todo aquelo que o medio por si mesmo non é capaz de asimilar. Así, a man do home, pode construir.

Neste período vacacional aproveitemos a estancia na casa e aportemos o noso grao de area.

Ata o 26 de abril!

 

SOMOS SOLIDARIOS CON XAPÓN

Estes días estamos expoñendo noticias no corcho da entrada sobre o sucedido tras o terremoto de Xapón. Para elo os nenos están traendo tanto recortes de xornais como traballos de elaboración propios sobre o acaedido tras o terremoto e posterior tsunami. O interese do alumnado polo tráxico suceso está sendo  moi elevado como se pode ver polo gran número de aportacións recollidas.

 

Celebracións do Entroido

Nestas festas do Entroido, a estas alturas xa levamos varias celebracións realizadas no colexio: domingo fareleiro, domingo oleiro, xoves de comadres e compadres... hoxe venres 4 de marzo damos remate ás festas con varios actos.

Por unha banda teremos o festival do colexio, onde nenas e nenos amosarán as súas dotes expresivas e artísticas, así como o seu manexo ante o público.

Por outra banda, trala lectura do testamento, remataremos a xornada lectiva coa queima do meco, que nos estivo disfrazando pouco a pouco durante toda a semana, para facer algo parecido a un pallaso.

Non esquezades que pola tarde terá lugar a gran festa de disfraces organizada pola ANPA, na que esperamos que todo o mundo se divirta un montón.

Cando dispoñamos delas, colgaremos algunhas fotografías que amosen o ben que o pasamos!

A continuación podedes ver os videos das diferentes actividades coas que festexamos o Entroido.

A preparación do Entroido. O ciclo festivo.

                                                    O Entroido. A festa.

O Entroido. Lectura do testamento e queima.

Os mandados do Meco

Aquí podes seguir a diario os mandados do Meco, e descubrirás de que nos imos disfrazar.

Día da Paz

O venres, 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz.

O alumnado de Educación Infantil elaborou bandeiras dos  países dos nenos/as que se foron incorporando ao longo destes últimos anos ao noso centro.

Na Educación Primaria, traballouse a  súa xeografía, cultura, gastronomía, etc... destas sociedades.

Como broche final, unha posta en común de toda a comunidade escolar.

Preme aquí para visualízar esta celebración.

Distribuir contido